Partido Liberal de Australia
Partido Liberal de Australia | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | conservadorismo, liberalismo económico e protecionismo |
Área de operación | Australia |
Data de fundación | 31 de agosto de 1945 |
Fundador(es) | Robert Menzies |
Presidente/a | Scott Morrison (2018-) |
Nº de membros | 80.000 (2014) |
Organización subsidiaria | Liberal Party of Australia (South Australian Division), Liberal Party of Australia (Victorian Division), Liberal Party of Australia (Western Australian Division), Liberal Party of Australia (Tasmanian Division) e Liberal Party of Australia (A.C.T. Division) |
Sede | Camberra |
País | Australia |
Na rede | |
http://www.liberal.org.au | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Partido Liberal de Australia (en inglés: Liberal Party of Australia) é un dos grandes partidos político da Australia. Fundado en 1945 para substituír o Partido Unido da Australia, o partido de centro dereita.[1] Partido Liberal é un dos dous principais partidos na política australiana, xunto co Partido Laborista Australiano.
O Partido Liberal é o partido dominante na Coalición co Partido Nacional da Australia, o Partido Rural Liberal do Territorio do Norte e o Partido Nacional Liberal de Queensland. Agás por algúns períodos curtos, o Partido Liberal e os seus antecesores operaron en coalicións semellantes dende a década de 1920. Internacionalmente, o Partido Liberal é afiliado á Unión Demócrata Internacional.
O líder do partido é Malcolm Turnbull e Julie Bishop é a vice-líder. O par foi elixido para os cargos na votación liberal para o liderado do partido en setembro de 2015, no que Turnbul venceu e derrotou a Tony Abbott, e, consecuentemente, converteuse en primeiro ministro de Australia.[2]
A ideoloxía do partido é conservadora e conservadora liberal. O Partido Liberal tende a promover o liberalismo económico (que no sentido australiano se refire a mercado libre e á intervención mínima do Estado na economía) e ó conservadorismo cultural.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Interview with Barrie Cassidy, Insiders, ABC". Liberal Party of Australia (en inglés). 28 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2018. Consultado o 24 de xullo de 2018.
- ↑ Innis, Michelle (14 de setembro de 2015). "Malcolm Turnbull Defeats Tony Abbott to Become Prime Minister of Australia". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)