Parque Nacional dos Sundarbans
Coordenadas: 21°50′17″N 88°53′07″L / 21.83806, -88.88528
Parque Nacional dos Sundarbans | |
---|---|
Tigre nos Sundarbans. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | India |
Localización | 21°50′17″N 88°53′07″L / 21.83806, -88.88528 |
Tipo | Natural |
Criterios | IX, X |
Inscrición | 1987 (11ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Asia |
Identificador | 452 |
O Parque Nacional dos Sundarbans é un parque nacional, reserva de tigres e reserva da biosfera que se atopa en Bengala Occidental, na India. Forma parte dos Sundarbans no delta do Ganxes e é adxacente á Reserva Forestal dos Sundarbans en Bangladesh. Atópase ao suroeste de Bangladesh. O delta está densamente cuberto por bosque de mangleiral, e é unha das meirandes reservas de tigre de Bengala. Tamén alberga unha variedade de especies de aves, réptiles e invertebrados, incluíndo o Crocodylus porosus. O actual Parque Nacional dos Sundarbans foi declarado como a área central da Reserva de Tigres de Sundarban en 1973 e un santuario de vida salvaxe en 1977. O 4 de maio de 1984 foi declarado parque nacional. É Patrimonio da Humanidade pola UNESCO dende 1987,[1][2] e foi designado sitio Ramsar dende 2019.[3] Está considerada como unha Rede Mundial de Reservas da Biosfera (Reserva do Home e da Biosfera) dende 1989.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sundarbans National Park". World Heritage: Unesco.org. Consultado o 2010-11-06.
- ↑ "Sundarbans National Park" (PDF). Unesco. Consultado o 2010-11-06.
- ↑ "Sundarban Wetland". Ramsar Sites Information Service. Consultado o 14 de febreiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: India |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional dos Sundarbans |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- How to reach Sundarban West Bengal, India
- Sundarbans National Park Bangladesh
- Official UNESCO website entry