Paris Saint-Germain Handball
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
PSG Handball | |||
---|---|---|---|
Nome completo | Paris Saint-Germain Handball | ||
Cidade | París, Francia | ||
Historia | 1941 | ||
Fundado | 1941 | ||
Pavillón | Stade Pierre de Coubertin (4.016) Halle Georges Carpentier (4.272) | ||
Presidente | Nasser Al-Khelaifi | ||
Adestrador | Zvonimir Serdarušić | ||
Competición | LNH Division 1 EHF Champions League | ||
Títulos | |||
LNH Division 1 | 2 (2013, 2015) | ||
LNH Division 2 | 2 (1990, 2010) | ||
Coupe de France | 2 (2007, 2014) | ||
Trophée des champions | 2 (2014, 2015) | ||
Cores | Azul e branco | ||
Na rede | |||
https://www.psg.fr/equipes/handball/actualite | |||
Sitio web Sitio web oficial |
O Paris Saint-Germain Handball tamén denominado PSG é un equipo de balonmán da cidade de París, capital de Francia. Actualmente o PSG Handball compite na LNH Division 1, máxima categoría do balonmán en Francia e que gañou en 2 ocasións. O equipo xoga os seus partidos como local no Stade Pierre de Coubertin que conta cunha capacidade para 4.016 persoas. Nos partidos de Liga de Campións a sección de balonmán do Paris Saint-Germain disputa os seus encontros no Halle Georges Carpentier que ten unha capacidade para 4.272 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]No 4 de xuño do 2012, o Qatar Investment Authority converteuse no novo propietario do club ao lograr a posesión do 100% das accións facendo o Paris Saint-Germain unha franquía deportiva. Unha semana máis tarde, o internacional francés Philippe Gardent deixou o Chambéry Savoie Handball para asinar un contrato de 2 anos co PSG. O Qatar Investment Authority baixo o liderado do seu presidente Nasser Al-Khelaifi investiu un total de 9,2 millóns de euros no equipo de balonmán (un 276% máis de orzamento que o PSG da tempada 2011-12), incluíndo 3,8 millóns en salarios. Os medallitas olímpicos franceses Luc Abalo, Samuel Honrubia e Didier Dinart arribaron no club, ademais do internacional danés Mikkel Hansen. Na primeira tempada desta era, o Paris Saint-Germain gañou a liga rematando cunha soa derrota ao final do campionato. Á parte, o PSG HB tamén se clasificou directamente para a Chapionas League da tempada seguinte.
Antigos nomes
[editar | editar a fonte]- Asnières Sports (1941-1985)
- Paris-Racing-Asnières (1985-1989)
- Paris-Asnières (1989-1992)
- PSG-Asnières (1992-2002)
- Paris Handball (2002-2012)
Palmarés
[editar | editar a fonte]- LNH Division 1: 2
- LNH Division 2: 2
- Coupe de France: 2
- Trophée des champions: 2
Cadro da tempada 2015-2016
[editar | editar a fonte]Nº | Nome | Estatura | Peso | Nacionalidade | Posición |
---|---|---|---|---|---|
1 | Patrice Annonay | 1,90 | 96 kg | Francia | Porteiro |
4 | Fahrudin Melić | 1,83 | 85 kg | Montenegro | Extremo dereito |
5 | Henrik Møllgaard | 2,00 | 100 kg | Dinamarca | Lateral esquerdo |
6 | William Accambray | 1,94 | 104 kg | Francia | Lateral esquerdo |
9 | Igor Vori | 2,03 | 114 kg | Croacia | Pivote |
11 | Benoît Kounkoud | 1,86 | 78 kg | Francia | Extremo dereito |
14 | Xavier Barachet | 1,95 | 97 kg | Francia | Lateral dereito |
16 | Thierry Omeyer | 1,92 | 95 kg | Francia | Porteiro |
18 | Róbert Gunnarsson | 1,91 | 100 kg | Islandia | Pivote |
19 | Luc Abalo | 1,82 | 80 kg | Francia | Extremo dereito |
22 | Luka Karabatić | 2,02 | 92 kg | Francia | Pivote |
24 | Mikkel Hansen | 1,96 | 100 kg | Dinamarca | Lateral esquerdo |
25 | Daniel Narcisse | 1,89 | 90 kg | Suecia | Central |
33 | Sergiy Onufrienko | 1,90 | 95 kg | Ucraína | Lateral dereito |
34 | Samuel Honrubia | 1,80 | 75 kg | Francia | Extremo esquerdo |
44 | Nikola Karabatić | 1,96 | 106 kg | Francia | Central |
90 | Jeffrey M'Tima | 1,78 | 75 kg | Alemaña | Extremo esquerdo |