Papantla
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | México | |||
Estado federado | Estado de Veracruz | |||
Concello | Papantla (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 53546 (134,33 hab./km²) | |||
Xentilicio | Papanteco(a) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 1.199,26 km² | |||
Altitude | 180 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 93400 | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | kinkachikin.com |
Papantla de Olarte, tamén coñecida como a cidade que perfuma o mundo e a cidade dos tres corazóns, é un concello pertencente ao Estado de Veracruz, México, situado a uns 240 km ao norte da capital do estado e a só 12 km por estrada do zona urbana de Poza Rica.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundada pola antiga civilización Totonaca no século XIII e domina desde entón a rexión do estado de Totonacapan. Papantla aínda ten comunidades indíxenas de Totonacas moi fortes, que manteñen a cultura e a lingua. Cóntase que os totonacos chegaron do norte, do lugar coñecido como Chicomoztoc, que significa sete covas, onde vivían cos mexicas ou aztecas, acolhuas, chalcas, tepanecas, tlajuicas, xochimilcas e tlaxcaltecas. Posteriormente, saíron a buscar novas terras para asentarse e chegaron así á lagoa de Tamiahua e á comarca de Paxil, esta última situada no Estado de Morelos. Preto de Misantla, atoparon o millo que levaron consigo, pasando por localidades como Tula, Teotihuacán e Iucatán até chegaren a Mixquilhuacan, onde fundaron a capital do seu imperio.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Papantla deriva do náhuatl e é interpretado frecuentemente como "lugar de papanes" (un corvido), que era a mascota do xeneral Yamir, polo que en homenaxe a el, decidiu bautizar con este nome as súas terras conquistadas. Este significado queda reflectido no escudo do concello.
Para os veciños máis antigos da cidade e das súas comunidades, o nome provén dos termos da lingua totonaca pap (lua), pan (lugar) e tlan (bo), sendo a tradución algo como "Bo lugar da lúa". Papantla tamén é coñecida polos veciños como Kachikin, unha palabra en lingua totonaca que significa Cidade ou Aldea.
A vainilla é orixinaria desta rexión e, en parte por iso, a vila tamén é coñecida como "Ciudad de los perfumes".[1]
Cultura
[editar | editar a fonte]A cidade contén unha serie de murais e esculturas a grande escala, realizadas polo artista nativo Teodoro Cano, que honran a cultura Totonaca.[2]
O municipio é famoso polos voadores de Papantla. A práctica dos "voladores" un ritual que simboliza a fertilidade e a renovación, foi recoñecida como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO.
O xacemento arqueolóxico de El Tajín foi declarado Patrimonio da Humanidade.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Papantla, un lugar con aroma a vainilla y experiencias inolvidables". SinEmbargo MX (en castelán). 2021-10-24. Consultado o 2024-07-25.
- ↑ Martínez, ✞ Julio César (2019-10-15). "Teodoro Cano, sus orígenes y sus anhelos". Revista Praxis (en castelán). Consultado o 2024-07-25.
- ↑ Wilkerson, S. Jeffrey K. Verfasser (1987). El Tajín : a guide for visitors. Veracruz Universidad Veracruzana. ISBN 978-968-499-293-1.