Saltar ao contido

Paleópteros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paleópteros
Rango fósil: Carbonífero - Holoceno

Ephemera danica, (Ephemeroptera: Ephemeridae)
Clasificación científica
Reino: Animalia
(sen clasif.) Euarthropoda (clado)
Clase: Insecta
Subclase: Pterygota
(sen clasif.): Paleoptera (división)
Superordes

Os paleópteros (Palaeoptera) son un grupo de insectos que comprende tres superordes, e inclúe as efémeras e libélulas. O nome Palaeoptera foi tradicionalmente aplicado aos grupos ancestrais de insectos alados (a maioría deles extinguidos) que carecían da capacidade de pregar as ás sobre o abdome, o que é característico de Neoptera. Nos Diaphanopterodea, que son insectos paleópteros, evolucionou de forma independente e singular un mecanismo diferente de pregamento das ás. Tanto as efémeras coma as libélulas carecen dos centros do olfacto no cerebro que se encontran en Neoptera.[2]

Status disputado

[editar | editar a fonte]

As complexidades do mecanismo de pregado das ás e o funcionamento mecánico das ás en voo (movidas por músculos do voo directos), son tan grandes que isto indica claramente que os Neoptera son unha liñaxe monofilética. O problema é que a ausencia plesiomórfica do pregamento das ás non significa necesariamente que os Palaeoptera forman un grupo natural, xa que poderían ser tamén simplemente unha ensamblaxe que contén todos estes insectos, estreitamente relacionados ou non, que "non son Neoptera", un exemplo dun taxón caixón de xastre. Se as liñaxes extintas se teñen en conta, parece probable que o concepto de Palaeoptera acabará por ser finalmente descartado ou cambiado o seu contido para reflectir de forma máis exacta a evolución dos insectos. En calquera caso, recoñécense tres grandes liñaxes de paleópteros, tratados tradicionalmente como superordes. Destes, o Palaeodictyopteroidea podería ser tamén unha ensamblaxe parafilética de varios pterigotos basais. Como isto indica, as relacións dos dous grupos de paleópteros (Ephemeroptera e Odonata) cos Neoptera non foron resoltas aínda; hai tres hipóteses principais en competencia con moitas variacións. En dúas destas (as que tratan os efemerópteros e os odonatos tan próximos aos Neoptera coma a outros "paleópteros") Paleoptera parece ser parafilético.[3]

  1. Chamado Odonatoidea nalgunhas clasificacións, por exemplo Trueman & Rowe (2008)
  2. Dragonflies Lack 'Smell Center,' but Can Still Smell
  3. Maddison (2002), Trueman [2008]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]