Saltar ao contido

Pío Baroja

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaPío Baroja

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Pío Baroja y Nessi Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1872 Editar o valor en Wikidata
Donostia, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de outubro de 1956 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza cardiovascular Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Civil de Madrid 40°25′19″N 3°38′09″O / 40.422081, -3.635772
Cemiterio Civil de Madrid Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMadrid Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Central - medicina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, médico, poeta, dramaturgo, médico escritor, novelista, panadeiro Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoXeración do 98 Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
PaiSerafín Baroja Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarmen Baroja
Ricardo Baroja y Nessi Editar o valor en Wikidata
ParentesJulio Caro Baroja, sobriño
Pío Caro Baroja, sobriño Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Baroja (Pío), p.39)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0056179 BNE: XX842743 Dialnet: 338316 Musicbrainz: e2e7d9a1-ad29-4477-a2d4-4b1e20fcd26b Discogs: 5015477 Find a Grave: 7536711 Editar o valor en Wikidata

Pío Baroja y Nessi, nado en Donostia o 28 de decembro de 1872 e finado en Madrid o 30 de outubro de 1956, foi un escritor vasco da chamada Xeración do 98 española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Tanto por parte de pai (Serafín Baroja Zornoza), como por parte de nai (Carmen Nessi y Goñi), Pío Baroja pertenceu a familias moi distinguidas e coñecidas en Donosti relacionadas co xornalismo e os negocios de imprenta. O seu bisavó paterno, Rafael, foi en Oiartzun impresor do periódico La Papeleta de Oyarzun e doutros textos durante a guerra contra Napoleón. O seu avó, do mesmo nome, Pío Baroja, editou en Donosti o periódico El Liberal Guipuzcoano (1820-1823) durante o Trienio liberal e imprimiu a Historia da Revolución Francesa de Thiers en doce tomos, con tradución de Sebastián de Miñano y Bedoya. Os fillos de Rafael Baroja, Ignacio Ramón e Pío, continuaron co negocio de imprenta e un fillo deste último, Ricardo, tío do novelista, será, andando o tempo, editor e factótum do periódico donostiarra El Urumea. Entre os ascendentes da nai había unha rama italiana lombarda, os Nessi, á que o escritor debe o seu segundo apelido.

Pío foi o terceiro de tres irmáns: Darío, que morreu novo aínda en 1894; Ricardo, que sería no futuro tamén escritor e un importante pintor, famoso sobre todo polos seus augafortes, e Pío, o irmán menor, que deixaría a profesión de médico pola de novelista. Xa moi separada deles, naceu Carmen, que habería de ser a inseparable compañeira do novelista e a muller do futuro editor do seu irmán, Rafael Caro Raggio, e así mesmo unha ocasional escritora. O pai dos Baroja, Serafín, era, á par que home inquedo e movedizo e xornalista de ideas liberais, enxeñeiro de minas, o que levou á familia a constantes cambios de residencia por toda a xeografía nacional. Iso fixo do futuro novelista un desarraigado que coñeceu os máis diversos recunchos de España. Por outra parte, este continuo ir e vir inculcoulle unha característica afección ás viaxes. Con sete anos marchou coa familia a Madrid, onde o pai obtivo unha praza no Instituto Xeográfico e Estadístico; pero volveron a Pamplona e de novo a Madrid. Baroja lera xa a clásicos xuvenís (Jules Verne, Mayne Reid ou Daniel Defoe). Liberouse do servizo militar, que lle repugnaba. En 1891 terminou a carreira de medicina en Valencia e doutorouse en 1894 en Madrid cunha tese sobre El dolor, estudio psicofísico.

Como estudante foi pésimo, máis por falta de interese que de talento, e xa por entón aprecióuselle un carácter rosmón, arisco e descontentadizo; non simpatizou con profesor algún e mostrábase hipercrítico con todo; ningunha profesión lle atraía, só escribir non lle amolaba. Tímido e retraído ó mesmo tempo, nunca casou. Tras defender a súa tese, marchou ese mesmo ano a Cestona, en Guipúscoa, con praza de médico. Pero o oficio dáballe noxo e berrou co médico vello, co alcalde, co párroco e co sector católico da vila, que o acusaban de traballar os domingos no seu xardín e de non ir a misa, pois, en efecto, era ateo; tras pasar un ano alí volveu, pois, a Donosti, disposto a ser calquera cousa menos médico, e encontrou a súa oportunidade en Madrid, onde o seu irmán Ricardo dirixía unha panadería (Viena Capellanes) porque unha tía lle legara o negocio; Ricardo escribíralle que estaba farto e quería deixalo e Pío decidiu encargarse el mesmo de rexentar a tafona. Sobre iso gastáronlle bastantes bromas: «É un escritor de moita miga, Baroja» — dixo del Rubén Darío a un xornalista. Ó cal respondeu o escritor: «Tamén Darío é escritor de moita pluma: nótase que é indio». Instalado en Madrid, empezou a colaborar en periódicos e revistas, simpatizando cas doutrinas sociais anarquistas, pero sen militar abertamente en ningunha. Igual que o seu coterráneo Miguel de Unamuno, abominou do nacionalismo vasco, contra o que escribiu a súa sátira Momentum catastrophicum.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

En 1900 publicou o seu primeiro libro, unha recompilación de contos titulada Vidas sombrías, a maioría compostos en Cestona sobre xentes desa rexión e as súas propias experiencias como médico. Nesta obra encóntranse en xermolo tódalas obsesións que reflectiu na súa novelística posterior. O libro foi moi lido e comentado por prestixiosos escritores como Miguel de Unamuno, que se entusiasmou con el e quixo coñecer ó autor, por Azorín e por Benito Pérez Galdós. Baroja foi así acercándose cada vez máis ó mundiño literario e abandonando o negocio de panadería ata deixalo por completo. Tivo especial amizade co anarquista José Martínez Ruiz, máis coñecido como Azorín, e fixo, impulsado por el, algún intento de entrar en política, presentándose de concelleiro en Madrid e de deputado por Fraga, pero fracasou. Ó acercarse Azorín ó partido de Antonio Maura, rompeu a súa antiga amizade.

Viaxou despois por toda Europa (residiu varias veces en París, estivo algún tempo en Londres, e pasou por Italia, Bélxica, Suíza, Alemaña, Noruega, Holanda e Dinamarca) e acumulou unha impresionante biblioteca especializada en ocultismo, bruxería e historia do Século XIX, que instalou nun vello casarío que comprou en Vera de Bidasoa e restaurou con gran gusto, converténdoo no famoso casarío de Itzea, onde pasaba os veráns coa súa familia. As súas viaxes por España fíxoas case sempre acompañado polos seus irmáns Carmen e Ricardo, pero tamén por Ramiro de Maeztu, Azorín e incluso José Ortega y Gasset nunha ocasión, na que fixeron en automóbil gran parte do percorrido realizado polo xeneral Gómez coa súa famosa expedición durante a Primeira Guerra Carlista.

Nas súas novelas reflectiu unha filosofía impregnada co profundo pesimismo de Arthur Schopenhauer, pero que predicaba dalgún modo unha especie de redención pola acción, na liña de Friedrich Nietzsche: de aí as personaxes aventureiros e vitalistas que inundan a maior parte das súas novelas, pero tamén os máis escasos abúlicos e desenganados, como o Andrés Hurtado de El árbol de la ciencia ou o Fernando Ossorio de Camino de perfección, dúas das súas novelas máis acabadas. Terminou por identificarse cas doutrinas liberais e por abominar o comunismo, sen abandonar en ningún momento as súas ideas anticlericais, a súa misoxinia e as súas un tanto arcaicas concepcións antropolóxicas lombrosianas. En 1935 foi admitido na Real Academia Española; foi acaso o único honor oficial que se lle dispensou.

Cando estalou a guerra civil veraneaba na súa residencia de verán, ó pé da fronteira con Francia. Detívoo a columna carlista que desde Pamplona dirixíase a Guipúscoa. Tras pasar un día en prisión, foi posto en liberdade. Nese momento decidiu trasladarse a Francia. Nun auto chegou a Ascain, provincia do País Vasco francés. Antes de trasladarse a París en setembro de 1939, o escritor residiu en Saint-Jean-de-Luz e en Hendaia. Volveu en 1940, trala fin da contenda e sufriu algúns problemas coa censura, que non lle permitiu publicar a súa novela sobre a guerra civil, Miserias de la guerra, nin a súa continuación, A la desbandada; a primeira foi recuperada hai pouco, a segunda imprimirase en 2007. Sostivo un faladoiro de orientación escéptica no que tivo a honra de participar Juan Benet.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

A súa irmá Carmen morreu en 1949 e o seu irmán Ricardo en 1953. Afectado pouco a pouco pola arterioesclerosis, morreu en 1956 e foi enterrado no camposanto civil como ateo, con grande escándalo da España oficial, a pesar das presións que recibiu o seu sobriño, o antropólogo Julio Caro Baroja, para que renunciase á vontade do seu tío. O seu ataúde foi levado en ombreiros entre outros por dous dos seus admiradores, Ernest Hemingway e Camilo José Cela, sendo un xa premio Nobel de literatura e o outro chegaría a selo anos máis tarde. Cela recorda a mala calidade do ataúde xa que comezou a chover durante o cortexo e a madeira destinguiu, manchándolle o seu traxe. Tamén o escritor norteamericano John Dos Passos declarou a súa admiración e débeda co escritor.

Baroja cultivou preferentemente o xénero narrativo, pero acercouse tamén con frecuencia ó ensaio e máis ocasionalmente ó teatro, a lírica (Canciones del suburbio) e a biografía.

O propio autor agrupou as súas novelas, un pouco arbitrariamente, en dez triloxías e algunha tetraloxía, aínda que é difícil distinguir que elementos poden ter en común: Tierra vasca, La lucha por la vida, El pasado, El mar, La raza, Las ciudades, Agonías de nuestro tiempo, La selva oscura, La juventud perdida e La vida fantástica.

La dama de Urtubi, con cuberta de Máximo Ramos.
  • Tierra vasca agrupa La casa de Aitzgorri (1900), El mayorazgo de Labraz (1903) e Zalacaín el aventurero (1909).
  • La lucha por la vida integra La busca (1904), Mala hierba (1904) e Aurora Roja (1905).
  • La raza está formada por El árbol de la ciencia (1911), La dama errante (1908) e La ciudad de la niebla (1909).
  • El pasado agrupa La feria de los discretos, Los últimos románticos e Las tragedias grotescas.
  • La vida fantástica está formada por Aventuras, inventos y mixtificaciones de Silvestre Paradox (1901), Camino de perfección (pasión mística) (1901) e Paradox rey (1906).
  • Las ciudades agrupa César o nada (1910); El mundo es ansí (1912); La sensualidad pervertida: ensayos amorosos de un hombre ingenuo en una época de decadencia (1920).
  • El mar: Las inquietudes de Shanti Andía (1911); El laberinto de las sirenas (1923); Los pilotos de altura (1931); La estrella del capitán Chimista (1930).
  • Los amores tardíos: El gran torbellino del mundo (1926); Las veleidades de la fortuna (1927); Los amores tardíos (1942).
  • La selva oscura: La familia de Errotacho (1932); El cabo de las tormentas (1932); Los visionarios (1932).
  • La juventud perdida: Las noches del Buen Retiro (1934); Locuras de carnaval (1937); El cura de Monleón (1936).

Novelas que non agrupou en triloxía algunha son Susana y los cazadores de moscas (1938), Laura o la soledad sin remedio (1939), El caballero de Erlaiz (1943), El hotel del Cisne (1946) ou El cantor vagabundo (1950). Nos seus últimos anos intentou escribir unha nova triloxía sobre a guerra civil, pero a censura franquista impediu a publicación; modernamente, porén, coa chegada da democracia, empezaron a imprimirse algunhas delas; a primeira foi Miserias de la guerra, e anunciouse a publicación da seguinte, A la desbandada.

Entre 1913 e 1935 apareceron os 22 volumes dunha longa novela histórica, Memorias de un hombre de acción, baseada na vida dun antepasado seu, o conspirador e aventureiro liberal e masón Eugenio de Aviraneta (1792-1872), a través de quen reflicte os acontecementos máis importantes da historia española do século XIX, desde a Guerra da Independencia ata a rexencia de María Cristina, pasando polo turbulento reinado de Fernando VII. Son as seguintes: El aprendiz de conspirador (1913), El escuadrón del «Brigante» (1913), Los caminos del mundo (1914), Con la pluma y con el sable (1915), que narra o período en que Aviraneta foi rexedor de Aranda de Duero, Los recursos de la astucia (1915), La ruta del aventurero (1916), Los contrastes de la vida (1920), La veleta de Gastizar (1918), Los caudillos de 1830 (1918),La Isabelina (1919), El sabor de la venganza (1921), Las furias (1921), El amor, el dandysmo y la intriga (1922), Las figuras de cera (1924), La nave de los locos (1925, defendéndose no prólogo das críticas cara a súa forma de novelar vertidas por José Ortega y Gasset en El Espectador), Las mascaradas sangrientas (1927), Humano enigma (1928), La senda dolorosa (1928), Los confidentes audaces (1930), La venta de Mirambel (1931), Crónica escandalosa (1935) e Desde el principio hasta el fin (1935).

Baroja publicou tamén contos, como os que recolleu en Vidas sombrías (1900) e Idilios vascos (1902); libros autobiográficos e de memorias (Juventud, egolatría e os oito volumes Desde la última vuelta del camino, compostos por El escritor según él y según los críticos, 1944; Familia, infancia y juventud, 1945, Final de siglo XIX y principios del XX, 1946; Galería de tipos de la época, 1947; La intuición y el estilo, 1948; Reportajes, 1948; Bagatelas de otoño, 1949; e La Guerra Civil en la frontera. Ademais redactou biografías como Juan van Halen ou Aviraneta o la vida de un conspirador (1931); ensaios, como El táboado de Arlequín (1904), La caverna del humorismo (1919), Momentum catastrophicum, Divagaciones apasionadas (1924), Las horas solitarias, Intermedios. Vitrina pintoresca, Rapsodias. Pequeños ensayos, El diablo a bajo precio, Ciudades de Italia, La obra de Pello Yarza y otras cosas, Artículos periodísticos, e algunhas obras dramáticas: La leyenda de Jaun de Alzate (1922), Nocturnos del hermano Beltrán, Todo acaba bien... a veces, Arlequín, mancebo de botica, Chinchín, comediante e El horroroso crimen de Peñaranda del Campo.

Defensor dunha novela aberta, xa que considera esta como un fluír en sucesión («La novela en general es como la corriente de la historia: no tiene principio ni fin; empieza y acaba donde se quiera.»), compón as súas obras a través dunha serie de episodios dispersos, unidos, moitas veces, pola presenza dunha personaxe central.

A maior parte das personaxes barojianas son seres inadaptados, que se opoñen ó ambiente e a sociedade na que viven, aínda que impotentes, incapaces de demostrar enerxía suficiente para levar lonxe a súa loita, acaban frustrados, vencidos e destruídos, en ocasións fisicamente, en moitas outras moralmente, e, en consecuencia, condenados a someterse ó sistema que rexeitaron.

O escepticismo barojiano, a súa idea dun mundo que carece de sentido, a súa falta de fe no ser humano, lévano a rexeitar calquera posible solución vital, xa sexa relixiosa, política ou filosófica e, por outro lado, condúceno a un marcado individualismo que non é liberal porque non é optimista, senón que en todo caso podería cualificarse de anarquizante.

Decotío reprochouse a Baroja o seu descoido na forma de escribir. Iso débese á súa tendencia antirretórica, pois rexeitaba os longos e labirínticos períodos dos prolixos narradores do Realismo, actitude que compartiu con outros contemporáneos seus, así como o afán de crear o que denomina unha «retórica de ton menor», caracterizada por:

  • Emprego do período curto.
  • Sinxeleza e economía expresiva: «El escritor que con menos palabras da una sensación es el mejor».
  • Impresionismo descritivo: selección de trazos significativos máis que reprodución fotográfica ó detalle, característica dos minuciosos e documentados narradores do Realismo.
  • Ton agre, selección dun léxico que degrada a realidade concorde coa actitude pesimista do autor.
  • Breves ensaios e intensos intermedios líricos.
  • Tempo narrativo rápido, cronotopo dilatado.
  • Diálogos respectuosos coa oralidade e a naturalidade.
  • Desexo de exactitude e precisión, trazos estilísticos que confiren a amenidade, o dinamismo e a sensación de naturalidade e vida que o escritor pretendía para as súas novelas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Alarcos Llorach, E. 1973. Anatomía de «La lucha por la vida». Oviedo.
  • Arregui Zamorano, M. T. 1998. Estructuras y técnicas narrativas en el cuento literario de la generación del 98: Unamuno, Azorín y Baroja. Pamplona.
  • Baeza, F. (ed.). 1961. Baroja y su mundo, 3 vols. Madrid.
  • Caro Baroja, J. 1973. Los Baroja. Madrid.
  • Caro Baroja, P. 1987. Guía de Pío Baroja. El mundo barojiano. Madrid.
  • Cipliajauskaite, B, 1972, Baroja, un estilo, Madrid, Ínsula.
  • Cueto Pérez, Magdalena, 1985, Aspectos sistemáticos en la narrativa de Pío Baroja: El árbol de la Ciencia. Oviedo. Universidade de Oviedo.
  • del Moral, C. 1974. La sociedad madrileña fin de siglo y Baroja. Madrid.
  • Elizalde, I. 1975. Personajes y temas barojianos. Bilbao.
  • González López, E. 1972. El arte narrativo de Pío Baroja en las trilogías. Nova York.
  • Iglesias, C. 1963. El pensamiento de Pío Baroja. México.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]