Saltar ao contido

Pánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pánico bancario no Banco Seamen's Savings' durante o Pánico de 1857.

O pánico é un sentimento de medo e ansiedade. É un medo repentino e unha ansiedade sobre eventos anticipados.

O termo procede do grego Panikós (πανικός). En realidade, a expresión completa é "terror pánico". Provén da situación de medo que lle agradaba crear ao semideus grego Pan, que adoitaba aparecerse nas encrucilladas de camiños aos viaxeiros. Fisicamente era parecido a un fauno, con cornos e extremidades inferiores de cabra. A súa imaxe é a que deu lugar á iconografía cristiá do demo. Precisamente por iso, cristianizándose unha tradición anterior, adoitábanse erexir na Idade Media cruceiros ou cruces de pedra cunha pequena capela para a Virxe, nas encrucilladas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]