Otaria suramericana
Otaria suramericana | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho e femia | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Distribución de O. flavescens
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Otaria byronia |
A otaria suramericana[3][4][5] ou león mariño suramericano[3][4][5] (Otaria flavescens, antes Otaria byronia) é unha especie de pinnípede otárido suramericano coñecido como león mariño,[6] que tamén recibe o nome local de lobo mariño (lobo marinho, lobo marino). Vive nas costas de Ecuador, Perú, Chile, illas Malvinas, Arxentina, Uruguai e sur do Brasil. É a especie monotípica do xénero Otaria. O seu nome científico estivo suxeito a controversias e algúns taxónomos denomínano O. flavescens, mentres que outros prefiren chamalo O. byronia. Pero finalmente o que polo momento triunfou foi o primeiro,[7] mais aínda é posible que isto sexa rectificado.[8]
Descrición
[editar | editar a fonte]Esta especie ten a aparencia arquetípica dun león mariño. Os machos teñen unha cabeza moi grande cunha melena ben desenvolvida, o que lle dá o aspecto máis leonesco de todos os otáridos. Os machos teñen o dobre de peso que as femias.[9] Tanto os machos coma as femias son laranxas ou marróns con fociños dirixidos cara a arriba. As crías necen sendo de cor laranxa gris pola parte ventral e negra pola dorsal e mudan cambiando a cor chocolate.
O tamaño e peso nesta especie pode variar considerablemente. Os machos adultos poden medrar ata os 2,73 m e pesar ata 350 kg.[10] As femias adultas crecen ata os 1,8–2 m e pesan aproximadamente a metade que os machos, arredor duns 150 kg. Esta especie presenta máis dimorfismo sexual que os outros leóns mariños da familia.[11]
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Viven ao longo das costas e illas costeiras de Suramérica, desde Perú ao sur de Chile no Pacífico e cara ao norte polo Atlántico na Arxentina e o Uruguai ata o sur do Brasil.[12] Son colonias reprodutoras notables as da illa de Lobos no Uruguai; Península Valdés na Arxentina; canal de Beagle e as illas Malvinas. Algúns individuos poden chegar errantes ao sur de Ecuador, pero parece que nunca se reproducen alí. Porén, a ecoloxía dos desprazamentos destes leóns mariños non se coñece ben, aínda que estudos de rexistros feitos nos últimos anos melloraron o noso coñecemento dos seus desprazamentos no mar nalgúns sitios de reprodución.[13][14][15][16] Non hai evidencias de migración invernal desde as illas Malvinas.[17]
Reprodúcense en praias de area, grava, croios ou rochas.[12] Tamén poden verse en arrecifes rochosos chairos con pozas de marea.[12] As colonias adoitan ser pequenas e espalladas, especialmente nas prais rochosas.[12] Nas colonias hai bastante espazo entre os individuos cando o tempo é cálido e solloso.[12] Poden tamén atoparse en paseos marítimos e peiraos, pero non se reproducen alí.
Comen numerosas especies de peixes, como merlúcidos e anchoas.[12] Tamén comen cefalópodos, como luras e polbos.[12] Foron observados depredando pingüíns, pelicanos e focas novas da especie Arctocephalus australis.[18] Poden alimentarse no fondo do océano de presas de movementos lentos ou cazar en grupos en bancos de peixes, dependendo da área. Cando capturan a presa, sacódena violentamente para desgarrala en cachos. Observáronse aproveitándose (cleptoparasitismo) das actividades de caza dos golfiños Lagenorhynchus obscurus, comendo os peixes que estes acurralaron.[19] Os leóns mariños son unha das presas das candorcas e os tiburóns e son visitados como fonte dispoñible de sangue polos vampiros Desmodus rotundus procedentes da illa Pan de Azúcar de Chile.[20]
Comportamento social e reprodución
[editar | editar a fonte]O apareamento ocorre entre agosto e decembro e as crías nacen entre decembro e febreiro. Os machos chegan primeiro para establecer e defender os seus territorios, mais despois dedícanse a defender a posesión das femias cando estas chegan.[11] Un macho reúne agresivamente femias no seu territorio e deféndeas dos machos veciños ou intrusos.[11] En praias rochosas, os machos establecen territorios onde as femias van descansar, manténdoas alí ata que chegan ao estro.[12] En praias de croios ou area, os machos teñen territorios situados preto de onde chegan as ondas e monopolizan as femias que tratn de acceder ao mar.[12] A cantidade de verdadeiras loitas entre machos depende do número de femias en celo.[11] Canto antes chegue un macho ao lugar, máis longa será a súa dominación nel e máis copulacións conseguirá ter.[11] Os machos poden xeralmente reter unhas tres femias no seu harén, pero algúns poden reter ata dezaoito.[11]
Durante a estación de apareamento, os machos que non conseguen facerse cun territorio e un harén, na maioría dos casos subadultos, causan incursións en grupo para desafiar o status quo e conseguir acceso ás femias.[21] As incursións en grupo son máis comúns en praias areosas que nas rochosas.[21] Estas incusrsións causan o caos nos haréns reprodutores, e a miúdo as nais quedan separadas dos seus fillos. Os machos residentes tratan de expulsar os incursores e conservar as femias nos seus límites territoriais. Os incursores adoitan ter pouco éxito á hora de facerse cunha femia, mais algúns poden capturar algunhas femias ou mesmo permanecer na área reprodutora cunha ou máis femias.[21] Ás veces, un macho invasor ssecuestra crías, posiblemente para intentar controlar as femias.[21] Tamén toman crías como substitutas para femias maduras.[22] Os subadultos pastorean as crías capturadas e impídenlles escapar, de forma similar ao que fan os machos adultos coas femias.[22] Unha cría pode ser montada polo seu secuestrador, pero sen que haxa penetración.[22] Aínda que este rapto de crías non lles dá aos machos beneficios reprodutores inmediatos, si poden acumular experiencia para saber controlar as femias.[22] As crías ás veces quedan gravemente feridas ou morren durante estes secuestros.[21][22]
Malia ser unha especie maiormente territorial de haréns, observouse unha poboación no Perú que ten un sistema reprodutor similar ao lek. Alí, ao haber unha maior proporción de machos en comparación coas femias, os machos agrúpanse e exhíbense tratando de atraer as femias e permiten que estas se movan libremente. O clima máis cálido tamén fai que as femias se despracen constantemente á auga, o que tamén fai que o sistema tradicional de apareamento sexa difícil de manter. As incursións en grupo que existen nas poboacións de climas temperados virtualmente non existen aquí.[23]
As nais de leóns mariños con crías recentemente nadas permanecen con elas durante case unha semana ata adoptar o costume de facer viaxes de tres días ao mar para alimentarse e regresar despois para alimentar as crías.[11][12] Actúan agresivamente contra outras femias que se acheguen ás súas crías, así como contra crías alleas que intenten mamar delas.[24] As crías aventúranse por primeira vez na auga ás catro semanas e son desleitadas aos 12 meses. Isto último ocorre normalmente cando a femia dá a luz unha nova cría. As crías pasan gradualmente máis tempo na ondada da beira da praia e van desenvolvendo as súas habilidades natatorias.[12]
Os leóns mariños suramericanos poden emitir varias vocalizacións e chamadas que varían co sexo e a idade.[25] Os machos adultos fan chamadas de ton agudo durante as súas interaccións agresivas,[25] ladran cando establecen territorios,[25] gruñen cando interaccionan coas femias,[25] e bufan despois de encontros antagónicos.[25] As femias con crías fan unha chamada primaria materna cando se relacionan coas súas crías,[25] e gruñen durante os seus encontros agresivos con outras femias.[25] As crías fan chamadas primarias de cría.[25] Algunhas destas vocalizacións e características acústicas poden servirlles para individualizarse.[25]
Interaccións cos humanos
[editar | editar a fonte]O pobo Moche do antigo Perú adoraba o mar e os seus animais e na súa arte representaron con frecuencia leóns mariños.[26] Dúas esttuas destes animais son o símbolo da cidade arxentina de Mar del Plata.
Os pobos indíxenas de Suramérica aproveitáronse desta especie durante milenios e os europeos empezaron a facelo deste o século XVI.[27] A caza desde entón foi diminuíndo e a especie xa non está ameazada. A especie está protexida na maior parte da súa área de distribución.[1] Hai numerosas reservas e áreas protexidas nos sitios de reprodución e descanso dos leóns mariños.[1] Malia esta protección, as regulacións non se aplican de forma efectiva en toda a área xeográfica onde viven.[1]
A poboación global de leóns mariños considérase estable, e estímase en 265 000 animais. Están en declive nas illas Malvinas e na Patagonia arxentina, mais están incrementándose en Chile e o Uruguai.[1] Moitos dos leóns mariños da poboación peruana morreron durante o fenómeno climático de El Niño de 1997/1998.[1][28] Aínda os matan debido aos seus hábitos de roubar peixes das redes ou danar as redes de pesca.[1]
Individuos desta especie ás veces téñense en catividade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 {{{assessors}}} (2008). "Otaria flavescens". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 30 January 2009.
- ↑ Shaw, George (1800). "Yellow seal". General Zoology. Vol. 1. Part 2. Mammalia. London: G. Kearsley. pp. 260–261.
- ↑ 3,0 3,1 González González, Manuel (ed.). "20/12/2024". Otaria sudamericana.
- ↑ 4,0 4,1 "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2024-12-20.
- ↑ 5,0 5,1 "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-20.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para león mariño.
- ↑ Rodriguez, D., R. Bastida. 1993. The southern sea lion, Otaria byronia or Otaria flavescens?. Marine Mammal Science, 9(4): 372-381.
- ↑ Berta, A. & Churchill, M. (2012). "Pinniped Taxonomy: evidence for species and subspecies". Mammal Review 42 (3): 207–234. doi:10.1111/j.1365-2907.2011.00193.x.
- ↑ Kindersley, Dorling (2001,2005). Animal. New York City: DK Publishing. ISBN 0-7894-7764-5.
- ↑ http://www.theanimalfiles.com/mammals/seals_sea_lions/south_american_sea_lion.html
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 11,6 Campagna, C., B. Le Boeuf. 1988. "Reproductive behavior of southern sea lions". Behaviour, 104(3-4): 233-261.
- ↑ 12,00 12,01 12,02 12,03 12,04 12,05 12,06 12,07 12,08 12,09 12,10 Randall R. Reeves; Brent S. Stewart; Phillip J. Clapham; James A. Powell (2002). National Audubon Society Guide to Marine Mammals of the World. Alfred A. Knopf, Inc. ISBN 0375411410.
- ↑ Riet-Sapriza FG, Costa DP, Franco-Trecu V et al (2013) Foraging behavior of lactating South American sea lions (Otaria flavescens) and spatial–temporal resource overlap with the Uruguayan fisheries. Deep Sea Res Part II 88–89:106–119.
- ↑ Rodríguez DH, Dassis M, Ponce de León A et al (2013) Foraging strategies of Southern sea lion females in the La Plata River Estuary (Argentina–Uruguay). Deep Sea Res Part II 88–89:120– 130.
- ↑ Baylis, Alastair M. M.; Orben, Rachael A.; Costa, Daniel P.; Tierney, Megan; Brickle, Paul; Staniland, Iain J. (2017). "Habitat use and spatial fidelity of male South American sea lions during the nonbreeding period". Ecology and Evolution 7 (11): 3992–4002. PMC 5468127. PMID 28616194. doi:10.1002/ece3.2972.
- ↑ Baylis, A.M.M., Orben, R.A., et al. Diving deeper into individual foraging specializations of a large marine predator, the southern sea lion Oecologia (2015) 179: 1053.
- ↑ Baylis AMM, Orben RA, Arnould JPY, Christiansen F, Hays GC, Staniland IJ (2015) Disentangling the cause of a catastrophic population decline in a large marine mammal. Ecology 96: 2834-2847.
- ↑ Harcourt, R (1993). "Individual variation in predation on fur seals by southern sea lions (Otaria byronia) in Peru". Canadian Journal of Zoology 71 (9): 1908–1911. doi:10.1139/z93-273.
- ↑ Würsig, B. and Würsig, M. 1980. "Behavior and ecology of the dusky dolphin, Lagenorhynchus obscurus, in the South Atlantic". Fishery Bulletin 77: 871-890.
- ↑ Midgley, Neil (2012-07-27). "The Dark: Nature's Night-time World, BBC Two, 9.00pm, preview". The Telegraph. Consultado o 2019-05-12.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 21,3 21,4 Campagna, C., B. Le Boeuf, H. Capposso. 1988. "Group raids: a mating strategy of male southern sea lions". Behaviour, 105(3-4): 224-249.
- ↑ 22,0 22,1 22,2 22,3 22,4 Campagna, C., B. Le Boeuf, H. Cappozzo. 1988. "Pup abduction and infanticide in southern sea lions". Behaviour, 107(1-2): 44-60.
- ↑ Soto, K. H.; Trites, A. W. (2011). "South American sea lions in Peru have a lek-like mating system". Marine Mammal Science 27 (2): 306–333. doi:10.1111/j.1748-7692.2010.00405.x.
- ↑ Esteban Fernández-Juricic and Marcelo H. Cassini. "Intra-sexual female agonistic behaviour of the South American sea lion (Otaria flavescens) in two colonies with different breeding substrates". Acta Ethologica, Volume 10, Number 1, 23-28, doi 10.1007/s10211-006-0024-4. (2007)
- ↑ 25,0 25,1 25,2 25,3 25,4 25,5 25,6 25,7 25,8 Esteban Fernández-Juricic, Claudio Campagna, Víctor Enriquez and Charles Leo Ortiz "Vocal Communication and Individual Variation in Breeding South American Sea Lions". Behaviour, Vol. 136, No. 4 (May, 1999), pp. 495-517
- ↑ Berrin, Katherine & Larco Museum. The Spirit of Ancient Peru:Treasures from the Museo Arqueológico Rafael Larco Herrera. New York: Thames and Hudson, 1997.
- ↑ Rodriguez, D. and Bastida, R. 1998. "Four hundred years in the history of pinniped colonies around Mar del Plata, Argentina". Aquatic Conservation of Marine and Freshwater Ecosystems 8: 721-735.
- ↑ Baylis, A. M. M., Orben, R. A., Arnould, J. P. Y., Christiansen, F., Hays, G. C. and Staniland, I. J. (2015), Disentangling the cause of a catastrophic population decline in a large marine mammal. Ecology, 96: 2834–2847. doi:10.1890/14-1948.1.