Orquídea do home aforcado
Orquídea do home aforcado | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Orchis anthropophora | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
|
A orquídea do home aforcado, Orchis anthropophora,[1] é unha orquídea de hábito terrestre que se distribúe por Europa desde Gran Bretaña até o Norte de África. Tradicionalmente esta especie incluíase nun xénero independente, Aceras, debido á ausencia de esporón na flor. Non obstante esa diferenza na morfoloxía, os máis recentes traballos publicados sobre bioloxía molecular en orquídeas europeas intégrano dentro de Orchis.[2][3]
Descrición
[editar | editar a fonte]As follas que forman unha roseta foliar pegadas case a niveis de chan son oblongas lanceoladas cunha lonxitude de 5 cm, crecen desde o pseudobulbo que ten un tamaño máximo de 6 cm.
As inflorescencias que son erectas en espiga, saen da roseta basal de follas e presentan unha densa floración con flores pequenas nas que o tres sépalos, de cor verdosa con nerviacións centrais marróns, están unidos polos bordos cunha quinta parte separada polos extremos, formando unha especie de casco que cobre a columna. Debaixo deste casco sobresae o labelo ,unhas tres veces máis longo que os sépalos, estreito e cunha indentación profunda que lle dá aspecto dunha lingua viperina, ten unha cor do terzo inferior púrpura escura e o resto cara ao interior verde, de ambos os laterais, sobresáenlle dous esporóns da mesma cor purpurea. Florece dende abril até xuño. A cor pode variar desde branca a verdosa e alaranxada.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Rexión mediterránea e oeste de Europa; polo norte alcanza os Países Baixos e centro de Inglaterra. Desenvólvese en prados e terreos á luz solar directa ou media sombra. Habita en ladeiras, noiros e escarpes, en chans soltos, pedregosos, secos e escasamente desenvolvidos, con frecuencia cubertos dun tapiz de briófitos e Selaginella denticulata. En España no parque natural da Serra de Grazalema vive en claros de matogueira, frecuentemente de Phlomis purpurea e Cistus albidus; resgardado baixo Ulex baeticus ou outras matas espiñentas cando o pastoreo é intenso. Pode crecer en matogueiras degradadas de tipo tomillar. Ás veces acompañado de Orchis italica e Neotinea maculata. As pequenas flores, que carecen de esporón, pero producen néctar que se acumula nunha depresión situada na base do labelo, son polinizadas por abellas dos xéneros Eucera e Andrena.[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Orchis anthropophora foi descrita por (L.) All. e publicada en Flora Pedemontana 2: 148. 1785.[5]
- Etimoloxía
Estas orquídeas reciben o seu nome do grego όρχις orchis, que significa testículo, pola aparencia dos tubérculos subterráneos nalgunhas especies terrestres. A palabra orchis usouna por primeira vez Teofrasto (371/372 - 287/286 a. C.), no seu libro De historia plantarum (A historia natural das plantas). Foi discípulo de Aristóteles e está considerado como o pai da Botánica e da Ecoloxía.
anthropophora: epíteto latíno que fai alusión a que a forma do labelo é parecida á dun ser humano.
- Sinonimia
- Aceras anthropomorpha (Pers.) Steud. 1840
- Aceras anthropophorum (L.) Sm. 1818
- Arachnites anthropophora F.W.Schmidt 1793
- Loroglossum anthropophorum (L.) Rich. 1818
- Loroglossum brachyglotte Rich. 1818
- Ophrys anthropophora L. 1753
- Orchis anthropophora All. 1785
- Satyrium anthropomorpha Pers. 1807
- Satyrium anthropophora Pers. 1807
- Serapias anthropophora (L.) J. Jundz. 1791
- Aceras anthropomorphum (Willd.) Sm. in Rees
- Himantoglossum anthropophorum (L.) Spreng.
- Ophrys anthropomorpha Willd.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
- ↑ BATEMAN, R.M. (2001). Evolution and classification of European orchids: insights from molecular and morphological characters. J. Eur. Orch. 33(1): 33-119.
- ↑ BATEMAN, R.M., A.M. PRIDGEON & M.W. CHASE (1997). Phylogenetics of subtribe Orchidinae (Orchidoideae, Orchidaceae) based on nuclear ITS sequences. 2. Infrageneric relationships and reclassification to achieve monophyly of Orchis sensu stricto. Lindleyana 12(3): 113-141.
- ↑ Velasco Ortega, L.; Beltrán Barea P. (2008). Orquídeas del Parque Natural Sierra de Grazalema (2ª revisada ed.). Sevilla:Consejería de Medio Ambiente, Junta de Andalucía. ISBN 978-84-96776-73-9.
- ↑ "Orchis anthropophora". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 6 de abril de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Orquídea hombre (Orchis anthropophora) |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Orquídea hombre (Orchis anthropophora) |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Leroy-Terquem, Gerald and Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. London: Cassel Publishers Ltd., 1991.
- Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. New York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993.
- White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. New York: Houghton-Mifflin, 1996.
- The Illustrated Encyclopedia of Orchids by Alec Pridgeon. Published by the Timber Press.
- The Manual Of Cultivated Orchid Species By Bechtel, Cribb and Launert, Published by The MIT Press.