Saltar ao contido

Orlando Letelier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOrlando Letelier

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Marcos Orlando Letelier del Solar Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de abril de 1932 Editar o valor en Wikidata
Temuco, Chile Editar o valor en Wikidata
Morte21 de setembro de 1976 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, atentado con coche bomba Editar o valor en Wikidata
Ministro de Defensa Nacional de Chile
23 de agosto de 1973 – 11 de setembro de 1973
← Carlos PratsPatricio Carvajal →
Ministro do Interior de Chile
9 de agosto de 1973 – 23 de agosto de 1973
← Carlos BrionesCarlos Briones →
Minister of Foreign Affairs of Chile (en) Traducir
5 de xullo de 1973 – 8 de agosto de 1973
← Clodomiro AlmeydaClodomiro Almeyda →
Embaixador
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Chile
Instituto Nacional General José Miguel Carrera
Liceo José Victorino Lastarria Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Santiago de Chile
Washington, D.C.
Caracas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, diplomático, economista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Americana
Ministerio do Interior e Seguridade Pública de Chile
Ministerio de Defensa Nacional de Chile
Ministerio de Relacións Exteriores de Chile
Institute for Policy Studies
Transnational Institute Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista de Chile Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJuan Pablo Letelier Editar o valor en Wikidata
IrmánsFabiola Letelier Editar o valor en Wikidata
Memorial de Orlando Letelier no lugar onde foi asasinado: Sheridan Circle, Washington DC

Marcos Orlando Letelier del Solar, nado en Temuco (Araucanía) o 13 de abril de 1932 e finado en Washington, D.C. o 21 de setembro de 1976, foi un político e economista chileno, membro do goberno da Unidad Popular de Salvador Allende, asasinado en Washington polos axentes da ditadura en 1976. É pai do senador Juan Pablo Letelier.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1971 foi designado embaixador nos Estados Unidos polo presidente socialista Salvador Allende. Dous anos máis tarde, serviu como ministro de Relacións Exteriores e logo como Ministro de Defensa.

Tralo golpe militar do 11 de setembro de 1973, que levou a Pinochet ao poder, Letelier foi detido e torturado, sendo enviado a unha prisión política na Illa Dawson, no Estreito de Magallanes.

Despois da súa liberación, exiliouse a EE.UU e estableceuse en Washington en 1974, onde traballou para evitar a entrega de préstamos que pediu o goberno de Chile a Holanda entre outros países europeos para restaurar a economía.

Asasinato

[editar | editar a fonte]

Pouco antes da súa morte foille retirada a súa nacionalidade chilena polo Estado chileno. As súas palabras sobre este feito foron:

Yo nací chileno, he vivido como chileno y moriré como chileno
Orlando Letelier

Letelier foi asasinado ao estoupar unha bomba de control remoto colocada baixo o seu automóbil o 21 de setembro de 1976. A morte non foi instantánea e morreu desangrado no lugar. O coche bomba tamén matou a axudante estadounidense de Letelier, Ronni Moffit.

O asasinato de Letelier formou parte dun esforzo coordinado por varias ditaduras militares en América Latina para intimidar e asasinar os seus opositores políticos.

Este esforzo, coñecido como a Operación Cóndor, incluíu nacións como Brasil, Arxentina, Chile, Paraguai, Uruguai e Bolivia. Tres destas nacións - Uruguai, Arxentina e Chile - comezaron a asasinar figuras da oposición en países estranxeiros durante a primavera de 1976 co patrocinio do goberno dos Estados Unidos de América.

Varias persoas foron procesadas e condenadas polo asasinato. Entre eles estaban Michael Townley, un expatriado estadounidense colaborador moi próximo á axencia de intelixencia chilena DINA, o xeneral Manuel Contreras, antigo xefe da DINA, e o xeneral de brigada Pedro Espinoza.

Precedido por:
Ismael Huerta Diaz
Ministro de Relacións Exteriores
1973
Sucedido por:
Clodomiro Almeyda
Precedido por:
Carlos Briones
Ministro do Interior
1973
Sucedido por:
Carlos Briones
Precedido por:
Carlos Prats
Ministro de Defensa
1973
Sucedido por:
Patricio Carvajal Prado

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]