Saltar ao contido

Operación Salomón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Olim[1] etíopes de Beta Israel saíndo dun Hercules da Forza Aérea de Israel o 25 de maio de 1991.

A Operación Salomón foi unha operación militar israelí que permitiu en 1991 rescatar aos xudeus de Etiopía e levalos cara a Israel. Esta operación foi a inmigración máis importante da comunidade Beta Israel cara ao seu novo fogar nacional, moito máis grande que a Operación Moisés e a Operación Xosué.

O réxime etíope de Mengistu Haile Mariam foi desestabilizado polos rebeldes de Eritrea e Tigray en 1991. Varias organizacións xudías así como o Estado de Israel  preocupáronse pola sorte da considerable comunidade xudía de Falashas que vivían en Etiopía, cuxa emigración en masa fora dificultada até entón polo réxime de Mariam. O enfraquecemento e a diminución do poder do réxime africano presentou unha prometedora oportunidade para que os Beta Israel puidesen realizar a súa Aliyah e así poder emigrar a Israel, segundo un plan xa ideado desde 1990.

No ano anterior o Goberno de Israel e as Forzas de Defensa de Israel, conscientes do empeoramento da situación política de Mengistu Mariam, realizou plans encubertos de transporte aéreo para o traslado dos xudeus etíopes cara a Israel. Isto converteuse na maior emigración de Beta Israel até a data.

En 36 horas,[2] 35 avións da compañía aérea israelí El Al releváronse para transportar a 14.325 xudeus Beta Israel desde Etiopía a Israel.[3]

Esta operación rexistra a marca de número de pasaxeiros nun voo, con 1087 pasaxeiros transportados nun Boeing 747 de El Al. Os planificadores esperaron poder encher o avión con 760 pasaxeiros. Debido a que os pasaxeiros eran moi liviáns, moitos máis puideron subir a bordo.[4] Cinco bebés naceron durante os voos.[2]

  1. O termo olim hebreo: עולים utilízase para un grupo de persoas que realizan a Aliyah, ou inmigración cara Israel. A súa forma singular é oleh (m.; pl. olim) ou olah (f.; pl. olot)
  2. 2,0 2,1 "Ethiopian Jews and Israelis Exult as Airlift Is Completed". 26 de maio de 1991. Consultado o 16 de maio de 2013. 
  3. Ethiopian Jews and Israelis Exult as Airlift Is Completed
  4. Cf. Lungen, Paul. Canadian Jewish News, November 17, 2005.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Naomi Samuel (1999). The Moon is Bread. Gefen Publishing House.
  • Shmuel Yilma (1996). From Falasha to Freedom: An Ethiopian Jew's Journey to Jerusalem. Gefen Publishing House.
  • Alisa Poskanzer (2000). Ethiopian Exodus. Gefen Publishing House.
  • Baruch Meiri (2001). The Dream Behind Bars: The Story of the Prisoners of Zion from Ethiopia. Gefen Publishing House.
  • Stephen Spector (2005). Operation Solomon: The Daring Rescue of the Ethiopian Jews. Oxford University Press.
  • Ricki Rosen (2006). Transformations: From Ethiopia to Israel.
  • Gad Shimron (2007). Mossad Exodus: The Daring Undercover Rescue of the Lost Jewish Tribe . Gefen Publishing House.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]