Saltar ao contido

Omenuke Mfulu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOmenuke Mfulu

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de marzo de 1994 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Poissy, Francia Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia (2004–)
República Democrática do Congo Editar o valor en Wikidata
Altura182 cm Editar o valor en Wikidata
Peso69 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2014-2017, Stade de Reims Champagne 23
2017-2019 Red Star Football Club 93 (pt) Traducir 50(0)
2019-2021 Elche CF 47(0)
2021-2024 Unión Deportiva Las Palmas 69(0)
2024- Deportivo da Coruña 0(0) Editar o valor en Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2012-2014   DR Congo national under-20 football team (en) Traducir 6(0)
2020-   Selección de fútbol da República Democrática do Congo 5(0) Editar o valor en Wikidata

Omenuke Mfulu, nado en Poissy (Yvelines) o 20 de marzo de 1994) é un futbolista franco-congolés que xoga como centrocampista defensivo no Deportivo da Coruña, da Segunda División. É internacional coa selección da República Democrática do Congo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na comuna francesa de Poissy, no departamento de Yvelines, sendo fillo de pais congoleses. Aos 10 anos obtivo a nacionalidade francesa, por efecto colectivo da naturalización do seu pai.[1]

Formouse como futbolista na canteira do Lille e debutou co filial deste, o Lille B en 2012. No verán de 2013 fichou polo Reims para xogar no seu filial e as súas boas actuacións fixeron que o club lle ofrecese un contrato profesional por tres anos en xaneiro de 2014.[2]

O 22 de novembro de 2014 debutou co primeiro equipo do Reims na Ligue 1, saíndo como suplente nun empate 0-0 ante o OGC Nice.[3] Nos seguintes dous anos e medio compaxinou o filial co primeiro equipo, disputando con este último un total de 23 partidos.

No verán de 2017 fichou polo Red Star FC do Championnat National, terceira categoría do fútbol francés.[4] Militou dous anos no histórico club parisiense, contabilizando un total de 52 encontros oficiais.

En xuño de 2019 instalouse en España, onde asinou como novo xogador do Elche, da Segunda División.[5] Na súa primeira campaña no club valenciano, disputou un total de 25 encontros ás ordes de Pacheta e conseguiu o ascenso á Primeira División, tras eliminar na promoción ao Zaragoza e ao Girona. Debutou na máxima categoría na terceira xornada da tempada 2020/21, saíndo de titular contra a Real Sociedad no Martínez Valero, e participou en máis da metade dos encontros da competición, contribuíndo a obter a permanencia.

En agosto de 2021 asinou un contrato de dous anos coa UD Las Palmas.[6] Foi titular na maioría de partidos do club canario durante as seguintes dúas campañas, nas que tivo como adestradores a Pepe Mel e García Pimienta, e tivo un papel decisivo no ascenso á Primeira División que o equipo conseguiu en 2023.[7] Na 2023/24, xa en Primeira, apenas contou con oportunidades,[7] participando só en cinco partidos de liga e tres da Copa do Rei.

O 5 de agosto de 2024 fichou polo Deportivo da Coruña, que viña de ascender á Segunda División.[8]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

O 9 de outubro de 2020 debutou coa selección da República Democrática do Congo, nun partido amigable ante Burkina Faso.[6] En decembro de 2023 foi incluído por Sébastien Desabre na lista final de 24 futbolistas da selección congolesa para a Copa de África de Nacións de 2023.[9] Disputou dous partidos no torneo, no que o seu equipo acabou en cuarta posición.

  1. "JORF n° 0227 du 29 septembre 2004". legifrance.gouv.fr (en francés). Consultado o 8 de agosto de 2024. 
  2. "SdR. MFulu signe professionnel" (en francés). 8 de agosto de 2024. Consultado o 8 de agosto de 2024. 
  3. "Niza vs. Reims 0 - 0". soccerway.com (en castelán). Consultado o 8 de agosto de 2024. 
  4. "Transferts : Omenuke Mfulu, de Reims au Red Star" (en francés). 6 de agosto de 2017. Consultado o 8 de agosto de 2024. 
  5. "Omenuke Mfulu, nuevo jugador del Elche C.F." (en castelán). 17 de xuño de 2019. Consultado o 8 de agosto de 2024. 
  6. 6,0 6,1 "Acuerdo con Omenuke Mfulu para su incorporación a la UD Las Palmas" (en castelán). 2 de agosto de 2021. Consultado o 8 de agosto de 2024. 
  7. 7,0 7,1 Checa, Pablo (12 de decembro de 2023). "Mfulu no encuentra su sitio". As (en castelán). Consultado o 9 de agosto de 2024. 
  8. "Mfulu, potencia para o centro do campo do Dépor". Deportivo da Coruña. 5 de agosto de 2024. Consultado o 8 de agosto de 2024. 
  9. "RDC : la liste de 24 pour la CAN 2023 dévoilée !" (en francés). Consultado o 8 de agosto de 2024.