Omayra Sánchez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Omayra Sánchez Garzón 28 de agosto de 1972 Colombia |
Morte | 16 de novembro de 1985 (13 anos) Armero, Colombia |
Causa da morte | morte accidental, Erupción volcánica |
País de nacionalidade | colombiana |
Actividade | |
Ocupación | estudante |
Omayra Sánchez Garzón, nada o 28 de agosto de 1972 e finada o 16 de novembro de 1985, era unha moza colombiana que morreu na traxedia de Armero, ocorrida no departamento de Tolima pola erupción do volcán Nevado del Ruiz cando tiña 13 anos. Os cascallos volcánicos mesturados co xeo formaron lahares masivos que correron polos vales do río montaña abaixo, matando case 23.000 persoas e destruíndo Armero e outras 13 aldeas.
Despois de que un lahar derrubase a súa casa, Sánchez quedou atrapada polos cascallos e permaneceu cuberta pola auga durante tres días. A súa situación documentouse a medida que descendía da calma á agonía. A súa coraxe e dignidade afectaron a xornalistas e traballadores de socorro, quen puxeron grandes esforzos en rescatala e reconfortala. Despois de 60 horas de loita, morreu, probablemente como resultado de gangrena ou hipotermia. A súa morte puxo de manifesto o fracaso dos funcionarios para responder como era preciso á ameaza do volcán, unha imaxe que contrastaba cos esforzos dos traballadores voluntarios para chegar e axudar ás vítimas atrapadas, malia os equipos inadecuados cos que contaban.
Unha fotografía de Sánchez tomado polo fotoxornalista Frank Fournier pouco antes de morrer foi publicada nos xornais de todo o mundo. Máis tarde foi considerada como a Foto da Prensa Mundial do Ano 1986. Sánchez permaneceu como unha figura duradeira na cultura popular, lembrada na música, na literatura, e en artigos conmemorativos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barragán, Germán Santa María (1987). Colombia y Otras Sangres (en castelán). Universidade de Texas. ISBN 978-958-614-248-9. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2012. Consultado o 21 de setembro de 2017.
- Barragán, Germán Santa María (1994). No Morirás. Andres Bollo. ISBN 978-958-06-0084-8.