O pacto dos lobos
O pacto dos lobos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Le pacte des loups |
Director | Christophe Gans |
Produtor | Richard Grandpierre Samuel Hadida |
Guión | Christophe Gans Stéphane Cabel |
Intérpretes | Samuel Le Bihan Vincent Cassel Émilie Dequenne Monica Bellucci Jérémie Renier Mark Dacascos |
Música | Joseph LoDuca |
Fotografía | Dan Laustsen |
Montaxe | David Wu Sébastien Prangère Xavier Loutreuil |
Distribuidora | Universal Pictures (EUA) Focus Features (EUA) TVA Films(Canadá) Metropolitan Filmexport (Francia) United International Pictures (Australia) StudioCanal |
Estrea | 31 de xaneiro de 2001 5 de novembro de 2009 (TVG) |
Duración | 142 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Terror |
Orzamento | $29 000 000[1] |
Recadación | $70 752 904 |
Na rede | |
http://www.brotherhoodofthewolf.com | |
|
O pacto dos lobos (en francés: Le pacte des loups) é unha película de ficción baseada nos feitos históricos referentes á Besta do Gévaudan. Estreouse en galego na TVG o 5 de novembro de 2009.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Rexión do Gévaudan (sur de Francia), ano 1766. Xa fai dous anos que unha besta ten aterrorizada ás xentes da zona, cos seus ataques a persoas, en especial mulleres e nenos. As xentes falan dun lobo de colosal tamaño, quen sabe se un dragón... incluso se fala do Demo.
As noticias destes crimes inexplicables acaban chegando á Corte, a oídos do rei Lois XV de Francia, quen pon prezo á súa cabeza. Moitas son as batidas que se organizan, e moitos son os lobos asasinados, pero a Besta segue cometendo as súas horrendas carnicerías...
O cabaleiro Grégoire de Fronsac, home culto e de mundo, naturalista que traballaba para o rei chega ó Gévaudan unha noite de outono coa misión de facer un retrato da Besta, e eventualmente, disecala unha vez cazada. Pero non vén só: acompáñao Mani, un indio mohawk que coñecera en Nova-Francia, durante a Guerra dos Sete Anos. Ambos serán recibidos en casa do Marqués de Apcher e o fillo deste, Thomas, fará grande amizade con eles, guiándoos nas batidas e acompañándoos nos salóns dos nobres da zona. Nestas reunións coñecerán os herdeiros dos Condes de Morangias (a familia máis poderosa do lugar), Marianne e Jean-François, apaixonado da caza e das viaxes que perdeu un brazo en África.
Entre batidas e recepcións, chega o inverno, pero a Besta non deixa de matar... Ata que Louis XV, farto ante a falta de resultados, decide enviar ó seu lugartenente de caza, Antoine de Beauterne, quen mata un gran lobo que Grégoire de Fronsac debe disecar e enviar á corte, a pesar de estar plenamente convencido de que esa non é nin con moito a besta que están a buscar.
Grégoire de Fronsac é reclamado polo rei, quen lle prohibe volver ó Gévaudan; porén, e respondendo ás peticións de Thomas de Apcher, desobedece para participar nunha derradeira batida, que Mani liderará, utilizando ancestrais técnicas chamánicas. Pero nada lles preparara para o que van vivir...
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Samuel Le Bihan como Cabaleiro Grégoire de Fronsac
- Vincent Cassel como Jean-François de Morangias
- Émilie Dequenne como Marianne de Morangias
- Monica Bellucci como Sylvia
- Jérémie Renier como Marquis Thomas d'Apcher
- Mark Dacascos como Mani
- Jean Yanne como Conde de Morangias
- Jean-François Stevenin como Henri Sardis
- Jacques Perrin como Thomas d'Apcher (vello)
- Édith Scob como Condesa Geneviève de Morangias
- Johan Leysen como Antoine de Beauterne
- Bernard Farcy como Intendente Pièrre-Jean Laffont
- Hans Meyer como Marquis d'Apcher
- Virginie Darmon como La Bavarde
- Philippe Nahon como Jean Chastel
- Eric Prat como Capitán Duhamel
- Jean-Loup Wolff como Duque Gontrand de Moncan
- Gaspard Ulliel como Louis
- Dee Bradley Baker como os efectos vocais da besta
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Brotherhood of the Wolf (2001)". Box Office Mojo. Consultado o 13 de abril de 2010.
- ↑ "O pacto dos lobos na TVG". Diario Siglo XXI. 3 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2015. Consultado o 20 de abril de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)