Saltar ao contido

O Pagador de Promessas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Pagador de Promessas
Ficha técnica
Título orixinalO Pagador de Promessas
DirectorAnselmo Duarte
ProdutorOswaldo Massaini
GuiónAnselmo Duarte
Baseado enO Pagador de Promessas de Dias Gomes
IntérpretesLeonardo Villar
Glória Menezes
Norma Bengell
Dionísio Azevedo
MúsicaGabriel Migliori
FotografíaH. E. Fowle
MontaxeCarlos Coimbra
EstudioCinedistri
DistribuidoraCinedistri
Embrafilme
Estrea6 de agosto de 1962[1]
Duración98 minutos
Orixe Brasil
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0056322 Filmaffinity: 290843 Allocine: 3759 Rottentomatoes: m/o-pagador-de-promessas-keeper-of-promisesthe-given-wordthe-promise Allmovie: v93279 TCM: 76461 Netlix: 60011718 Editar o valor en Wikidata

O Pagador de Promessas é un filme brasileiro de 1962 dirixido por Anselmo Duarte. Duarte adaptou el mesmo o guión a partir da obra de teatro de Dias Gomes. Rodado en Salvador, Baía, está protagonizado por Leonardo Villar.[1]

O filme gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1962,[2] converténdose no primeiro e único filme brasileiro en conseguilo. Tamén foi nomeado para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 35ª edición dos premios.[3]

Zé do Burro (Leonardo Villar) é un pequeno terratenente da Rexión Nordeste do Brasil. O seu mellor amigo é un burro. Cando o burro cae enfermo terminal, Zé promete a un orisha do Candomblé, Iansan, que se o burro se recupera dará a súa terra aos pobres e cargará cunha cruz dende a súa granxa ata a igrexa de Santa Bárbara en Salvador, Baía, onde ofrecerá a cruz ao párroco local. Cando o burro sanda, Zé comeza a súa viaxe de sete leguas (46 km). O filme comeza cando Zé, coa súa esposa Rosa (Glória Menezes), chega á igrexa. O párroco (Dionísio Azevedo) négase a aceptar a cruz cando oe a promesa pagá de Zé. Entón todos comezan a manipular o inocente Zé.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "O Pagador de Promessas" (en portugués). Cinemateca Brasileira. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 6 de xuño de 2014. 
  2. festival-cannes.com (ed.). "Festival de Cannes: O Pagador de Promessas". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2011. Consultado o 23 de febreiro de 2009. 
  3. Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]