O Cuarto Estado
O Cuarto Estado | |
---|---|
O Cuarto Estado (en italiano: Il quarto stato ) é unha pintura ao óleo sobre tea (293×545 cm) do pintor Giuseppe Pellizza da Volpedo (1868-1907),concluída en 1901 e conservada no Museo do Novecento en Milán.
Descrición
[editar | editar a fonte]O Cuarto Estado describe un grupo de traballadores marchando en protesta nunha praza, presuntamente a Malaspina de Volpedo. A imaxe do desfile non é violenta, se non lenta e segura, para suxerir unha sensación de inevitábel vitoriaː foi intención de Pellizza dar vida a "unha masa popular, de traballadores da terra, que intelixentes, fortes, robustos, unidos, marchan como torrente esmagadora de calquera obstáculos que xorden para atinxir o lugar onde encontrar o equilibrio».[1]
Variado é tamén o significado da pintura, que se destaca do das obras anteriores Embaixadores da fame e Torrente; mentres nestas Pellizza so quixo representar unha manifestaçión de rúa, como acontecera con outras obras contemporáneas (entre as cales La piazza Caricamento de Plinio Nomellini e L'oratore di sciopero de Emilio Longoni), neste caso o autor pretende sinalar a ascensión da clase traballadora, o "cuarto estado", ao lado da clase burguesa.[2][3]
En primeiro plano, na fronte da multitude en protesta, están tres figuras, dous homes e unha muller cun neno no colo. A muller, á que Pellizza deu o trazo da súa esposa Teresa, está descalza, e encita cun xesto elocuente con sensación de movemento mostrada nas dobreces do seu vestido. Á dereita da muller segue aquel que é probabelmente o protagonista da escena, un "home de cerca de 35 anos, orgulloso, intelixente, traballador" (como di o propio Pellizza) que, cunha man no peto e a outra suxeitando a chaqueta ao ombro, avanza con desenvoltura, grazas á solidez do cortexo. Á dereita deste vai outro home que avanzar en silencio, pensativo, coa chaqueta caída sobre o ombro esquerdo.[3][4]
A cuarta personaxe contituída polo resto dos manifestantes disponse nun plano frontal: estes últimos dirixen o ollar en direccións distintas, o que suxire que teñen o control pleno da situación. Todos os paisanos teñen xestos moi naturais: algúns levan aos nenos pola man ou ao colo, outros colocan a man sobre os ollos para protexerse do sol e outros simplemente miran de fronte.[3]
As figuras dos paisanos están dispostas horizontalmente, de acordo cos ditames da composición paratáxica: por un lado recorda ao clasicismo do friso, por outro evoca de forma contundente unha situación moi realista, como é unha manifestación. Deste xeito, Pellizza combina "valores referentes á civilización clásica antiga coa consciencia moderna dos dereitos civís"; esta combinación tamén se manifesta nas reminiscencias renacentistas da obra, que se inspira na expresividade das figuras directamente de obras-primas como a Escola de Atenas de Rafael[3] e A Última Cea de Leonardo da Vinci.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pelissero 1977, p. 7.
- ↑ Catálogo da mostra Arte e socialità in Italia dal realismo al simbolismo 1865-1915 no Palazzo della Permanente, Milán, 1979.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Pasqualone, obra referenciada.
- ↑ Zimmermann 2006, p. 391
- ↑ Andrea Senesi (18 agosto de 2011). "Il Quarto Stato torni a Palazzo Marino".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pirovano, Carlo (1991). La pittura italiana. Il Novecento. Milán.
- Teresa Fiori (1968). Archivi del Divisionismo. Roma.
- Michael F. Zimmermann (2006). Industrialisierung der Phantasie: der Aufbau des modernen Italien und das Mediensystem der Künste, 1875-1900 (en alemán) 127. ISBN 978-3-422-06453-9. ISSN 0170-9186.
- Maria Mimita Lamberti. "5". Pellizza da Volpedo e il Quarto Stato III.
- Corrado Maltese (1992). Storia dell'arte in Italia. 1785-1943. Turim.
- Massimo Onofri (2009). Il suicidio del socialismo: inchiesta su Pellizza da Volpedo. ISBN 88-6036-409-4.
- Gabriella Pelissero (1977). Pellizza per il "Quarto Stato". Turim.
- Aurora Scotti. «Il linguaggio universale del Quarto Stato». Oltre. Cent'anni di Quarto Stato (70). Voghera: Edizioni Oltrepo
- Scotti, Aurora (1976). Il quarto Stato (en italiano). Milán: Gabriele Mazotta Editore.
- Scotti, Aurora (1986). Pellizza da Volpedo. Catalogo generale (en italiano). Milán.w