Saltar ao contido

Nicetas Coniates

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNicetas Coniates

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1155 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Chonae (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1217 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
Nicea Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, escritor, historiador Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarestratego Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsMiguel Coniates Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteOrthodox Theological Encyclopedia (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1358265

Nicetas Coniates ou Choniates (Νικήτας Χωνιάτης Nikétas Khoniatés), nado c. 1155 e finado en 1215 ou 1216, chamado ás veces Nicetas Acominatus, foi un historiador bizantino nado na actual Honaz (Turquía).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era irmán do tamén historiador Miguel Acominatus, que chegou a ser arcebispo de Atenas. Baixo a protección do seu irmán, dedicouse inicialmente á política, e conseguiu varios cargos durante o reinado dos emperadores Anxos (entre eles, o de gran logoteta, megas logotetes, ou chanceler) e foi gobernador do thema de Filipópole nun período crítico.

Tras a caída de Constantinopla durante a Cuarta Cruzada, en 1204, fuxiu a Nicea, onde se instalou na corte do emperador de Nicea Teodoro I Láscaris, dedicándose á literatura. Morreu en 1215 ou 1216. A súa obra principal é a Historia, en 21 libros, que abarca o período de 1118 a 1207, continuando exactamente no punto en que termina A Alexiada de Ana Comnena.

A pesar do seu estilo retórico e florido, a obra ten un gran valor documental, xa que refire acontecementos dos que foi testemuña ou que escoitou de boca de testemuñas presenciais. A parte máis interesante da obra é aquela en que se describe a conquista de Constantinopla. O seu breve tratado Sobre as estatuas destruídas polos latinos (na súa forma actual quizais alterado por un autor posterior) é de especial interese para os arqueólogos. A súa obra teolóxica (Thesaurus Orthodoxae Fidei), aínda que se conserva íntegra manuscrita, só foi publicada en parte. É unha das principais autoridades para coñecer as herexías e escritores heréticos do século XII.

Na ficción

[editar | editar a fonte]

Nicetas é tomado por Umberto Eco como un dos principais personaxes da súa novela histórico-fantástica Baudolino que ten como marco histórico a conquista de Constantinopla durante a Cuarta Cruzada.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Brand, Charles M. Byzantium Confronts the West, 1968, ISBN 0-7512-0053-0.
  • Harris, Jonathan. 'Distortion, divine providence and genre in Nicetas Choniates' account of the collapse of Byzantium 1180-1204', Journal of Medieval History, vol. 16 (2000) 19-31.
  • Magoulias, Harry J. (traduc.). O City of Byzantium, Annals of Niketas Choniates, 1984, ISBN 0-8143-1764-2.
  • Nicetae Choniatae Historia, ed. Jan Louis van Dieten, Berlín, 1975.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]