Saltar ao contido

Nanna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nanna (1857) por Herman Wilhelm Bissen.

Nanna é unha deusa na mitoloxía nórdica, filla de Nep e esposa de Baldr. Canda el formaba parte dos Æsir e vivía en Breiðablik, localizado en Asgard. Era a nai de Forseti xunto con Baldr. Cando Baldr foi asasinado por Höðr, foi vencida pola pena e tirouse á pira funeraria do seu esposo dentro do seu bote, Hringhorni.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]