Saltar ao contido

Nandita Das

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNandita Das

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(or) ନନ୍ଦିତା ଦାସ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1969 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Bombai, India Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Delhi
Miranda House (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cinema, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata -
Participou en
2018Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2018 Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJatin Das Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webnanditadas.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0201903 Allocine: 15441 Allmovie: p223058 BNE: XX1568295 Editar o valor en Wikidata

Nandita Das, nada en Bombai o 7 de novembro de 1969, é unha actriz e directora de cinema india. Actuou en máis de 40 filmes en dez linguas diferentes. Das foi aclamada polas súas interpretacións nos filmes Fire (1996), Earth (1998), Bawandar (2000), Kannathil Muthamittal (2002), Azhagi (2002), Kamli (2006) e Before The Rains (2007). A súa estrea como directora foi con Firaaq (2008), que se estreou no Festival de Cinema de Toronto.

Das foi xurado do Festival Internacional de Cine de Cannes en dúas ocasións. En 2005, foi xurado da competición principal xunto con Fatih Akin, Javier Bardem, Salma Hayek, Benoît Jacquot, Emir Kusturica, Toni Morrison, Agnès Varda e John Woo. En 2013, foi xurado de Cinéfondation e curtametraxes a carón de Jane Campion, Maji-da Abdi, Nicoletta Braschi e Semih Kaplanoğlu.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O pai de Das é o artista Jatin Das, e a súa nai é Varsha Das, unha escritora.[1] Naceu en Bombai, mais medrou principalmente en Delhi,[2] onde estou en Sardar Patel Vidyalaya.[3] Obtivo o seu grao en Xeografía en Miranda House e un máster en obra social na Delhi School of Social Work, ámbalas dúas afiliadas á Universidade de Delhi.[4]

  1. Outlook India (ed.). "The Painter's Daughter". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2010. Consultado o 30 de decembro de 2009. 
  2. "I am still searching for a place to call home". OPEN. Consultado o 13 de agosto de 2013. 
  3. Khushwant, Singh (21 de setembro de 2009). "The Painter’s Daughter". Outlook India. Consultado o 2 de outubro de 2015. 
  4. Mendis, Isidore Domnick (23 de xuño de 2003). Business Line, ed. "Independent stardom". Consultado o 20 de xuño de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]