Nacionalismo padano
O nacionalismo padano é un movemento nacionalista impulsado polo partido político italiano da Liga Norte, a cal se formou a comezos do ano 1991 a partir da fusión de varios partidos nacionalistas e autonomistas das rexións do norte de Italia (Liga Lombarda, Liga Véneta, Piamonte Autonomista, Liga Emiliano-Romañola, Alianza Toscana, etc.), posteriormente engadíronse partidos de igual carácter e doutras rexións (Trentino-Tirol do Sur, Friúl-Venecia Xulia, Val de Aosta, a Umbría, As Marcas, etc.). Nas diversas eleccións italianas, tanto municipais como rexionais e nacionais, non logrou ser a opción política maioritaria aínda que o seu peso político é considerable en varias provincias italianas.
Independentismo
[editar | editar a fonte]A independencia da Padania foi anunciada en Venecia o 15 de setembro de 1996 por Umberto Bossi, presidente da Liga Norte,[1] co obxectivo de configurar unha especie de goberno sombra en contraposición ao oficial con sede en Roma. No curso de grandes mitins da Liga Norte, Umberto Bossi proclamou o nacemento da "República Federal Padana" con estas palabras:
Nós, pobos da Padania solemnemente declaramos: a Padania é unha República Federal independente e soberana. Nós ofrecemos, os uns aos outros, en prenda recíproca, as nosas vidas, as nosas fortunas e a nosa sacra honra. (Noi popoli della Padania solennemente dichiariamo: La Padania è una Repubblica federale indipendente e sovrana. Noi offriamo, gli uni agli altri, a scambievole pegno, le nostre vite, le nostre fortune e il nostro sacro onore.
Segundo Bossi, a política italiana estaba marcada por unha liña centralista desfavorable para a Padania, acusando de parasito ao sur de Italia, menos próspero ca o norte, e esixindo romper a solidariedade interterritorial de Italia.
Poucos días despois déronse enfrontamentos entre as forzas da orde e os militantes leghisti na rúa Bellerio en Milán, sede da Liga Norte, a consecuencia diso houbo un proceso penal sobre os reatos de resistencia (a público oficial), a cargo de Roberto Maroni, Mario Borghezio e outros representantes da Liga Norte, finalizando o proceso coa absolución dos mesmos.
Como resultado deste movemento independentista constituíuse unha Asemblea Parlamentaria denominada Parlamento Padano, con sede en Bagnolo San Vito (Mantua). Tamén foi creado o Goberno da Padania, encabezado no seu comezo por Giancarlo Pagliarini (1996-97) e posteriormente por Vito Gnutti (1997-98), Manuela Dal Lago (1998-99) e Mario Borghezio (desde 1999), con sede en Venecia.
En 1999 xurdiu como escisión da Liga Véneta–Liga Norte o movemento da República Federal Padana do Véneto, vinculada ao nacionalismo véneto. Os estatutos da Liga Norte de 2002 reincidían na tese independentista.
O 10 de decembro de 2007 foi creada a selección de fútbol de Padania, non recoñecida internacionalmente.[4]
A liña secesionista foi abandonada no Congreso de Varese e a nova alianza de Umberto Bossi con Silvio Berlusconi na Casa da Liberdade, remarcaría a súa inestable situación. O Parlamento posteriormente cambiaría o seu nome polo de Parlamento do Norte.
Territorio reivindicado polo nacionalismo padano
[editar | editar a fonte]O territorio reivindicado polo nacionalismo padano inclúe ademais do territorio denominado Padania na súa acepción xeográfica e lingüística (no mapa en cor vermella escuro e marrón), as rexións das Marcas, Toscana e a Umbría (no mapa en cor laranxa).
O nacionalismo padano propón como capital a cidade de Venecia. O territorio reivindicado supón o 53,4% do territorio de Italia, e o 55,6% da súa poboación.
Extensión(km²) |
Habitantes | Capital | |
---|---|---|---|
Emilia-Romaña | 22.446 | 4.405.486 | Boloña |
Friúl-Venecia Xulia | 7.712 | 1.212.602 | Trieste |
Liguria | 5.422 | 1.615.951 | Xénova |
Lombardía | 23.861 | 9.545.441 | Milán |
Piemonte | 25.398 | 4.352.828 | Turín |
Trentino-Tirol do Sur | 13.599 | 994.703 | Trento |
Val de Aosta | 3.266 | 124.812 | Aosta |
Véneto | 18.390 | 4.773.554 | Venecia |
Padania | 120.227 | 27.877.257 | Venecia |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Francesco Jori, Dalla Łiga alla Lega. Storia, movimenti, protagonisti, Marsilio, Venice 2009, p. 103
- ↑ alkhan (1 de xullo de 2006). "Umberto Bossi - Dichiarazione di indipendenza della Padania1". YouTube. Consultado o 28 de xuño de 2011.
- ↑ alkhan. "Umberto Bossi - Dichiarazione di indipendenza della Padania2". YouTube. Consultado o 28 de xuño de 2011.
- ↑ "La Padania online, lunedì 3 marzo 2008.". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2009. Consultado o 17 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Italia |