Moedas conmemorativas de 2 euros
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
As moedas conmemorativas de 2 euros son pezas especialmente creadas polos estados membros da Eurozona dende 2004 para conmemorar algún acto importante para o país. As moedas, normalmente, edítanse para celebrar o aniversario dalgún evento histórico ou actual. Até novembro de 2006 editáronse 21 variantes de moedas de 2 euros, 6 en 2004, 8 en 2005 e 7 en 2006. A importancia destas series especiais radica no seu grande valor para os coleccionistas, que moi a miúdo pagan por elas prezos superiores ó valor nominal da moeda.
Regulación e restricións
[editar | editar a fonte]As bases da existencia de moedas conmemorativas derivan dunha decisión do Consello Europeo que eliminou a prohibición de trocar a cara nacional das moedas a partir do 1 de xaneiro de 2004.[1] Arquivado 03 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. Porén, séguense a aplicar unha serie de recomendacións e restricións.
En canto ó deseño aparecen dúas restricións. Por un lado non se pode alterar a cara común das moedas de Euro. Por outro, os reversos nacionais per se non se deben alterar ata 2008 salvo que un xefe de Estado coa súa efixe atopada nunha moeda fine antes da data. (Isto xa se aplicou en Mónaco e Cidade do Vaticano, xa que os Xefes de Estado Rainiero III de Mónaco e Xoán Paulo II finaron en 2005 e as moedas foron trocadas en 2006).
Outras restricións fan referencia á cantidade de moedas que se poden emitir ó ano. Así, cada membro só pode crear unha moeda conmemorativa ó ano e sempre no formato de 2€. O número total de moedas postas en circulación ó ano non debe superar as seguintes medidas:
- 0,1 por cento do número total de moedas de 2€ postas en circulación por todos os membros da eurozona. Este límite pódese ampliar excepcionalmente ata o 2% se a moeda conmemora un evento moi importante. Neste caso o Estado membro que as emita debe absterse de publicar moedas conmemorativas nos seguintes 4 anos.
- 5,0 por cento do total de moedas de 2€ postas en circulación polo Estado membro en forma de moedas conmemorativas.
Outra decisión [2] Arquivado 03 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. engadiu dúas restricións máis. O Estado que emita unha moeda conmemorativa debe ser identificado na cara nacional de tal xeito que non quede ningunha dúbida da súa procedencia e nin o nome nin a denominación da moeda debe repetirse no anverso da moeda do mesmo xeito que no reverso.
Estas restricións non se aplican retroactivamente; só os novos deseños están obrigados a cumprilas.
Para proceder á creación dunha moeda conmemorativa débese informar á Comisión polo menos seis meses antes da emisión. O Comité Económico e Social Europeo da Unión é o órgano competente para aprobar as emisións naqueles casos en que estea previsto un volume de emisión superior ao 0,1%. A descrición do deseño da moeda así como calquera outra información relacionada coa materia deberá ser publicado no Diario Oficial da Unión Europea.
Con carácter excepcional, o 25 de marzo de 2007 emitiuse unha moeda conmemorativa en todos os Estados da Eurozona para celebrar o 50 aniversario do Tratado de Roma. O deseño, aprobado por un xurado formado pola representante do parlamento, a señora Berès, o presidente do consello, o señor Junker e o comisario Almunia, será común para todos os países coa excepción do nome do país, a marca de ceca e o idioma empregado. Pese ó carácter excepcional do exemplar, aplicarase a lexislación vixente en materia de emisión de moedas conmemorativas.
Características
[editar | editar a fonte]Até novembro de 2006, dez países empregaron moedas conmemorativas de 2€ (Alemaña, Austria, Bélxica, Cidade do Vaticano, España, Finlandia, Grecia, Italia, Luxemburgo e San Marino), sendo Grecia o primeiro en empregar este tipo de moedas. Hai cinco Estados na Eurozona que aínda non emitiron moedas conmemorativas (Francia, Irlanda, Mónaco, Países Baixos e Portugal). Aínda que Francia nun principio pensara emitir unha, a Comisión Europea aínda non recibiu ningunha notificación ó respecto.
O valor nominal das moedas é normalmente máis baixo que o seu valor numismático, que está entre 3€ e 12€. As excepcións son San Marino e Cidade do Vaticano cuxas moedas véndense a 30€ ou 40€ para o primeiro e non menos de 100€ para o segundo.
Os deseños publícanse no Diario Oficial da Unión Europea. (dánse referencias a esta publicación na táboa inferior).
Nota: En heráldica, as direccións normalmente descríbense desde o punto de vista do escudo e non do xeito no que aparecen para o que as observa. Polo tanto, nas descricións aparecerá “á esquerda” cando en realidade obsérvase á dereita do lector.
Moedas de 2004
[editar | editar a fonte]Imaxe | Estado | Evento | Número | Data |
---|---|---|---|---|
Grecia | Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas | 50 millóns de moedas | maio 2004 | |
Descrición: O Discóbolo (escultura grega clásica atribuída a Mirón) atópase no centro da moeda. Á dereita atópase o logo dos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e os cinco aros olímpicos, mentres que á esquerda aparece a denominación da moeda en grego (2 ΕΥΡΩ). A ducia de estrelas da bandeira da Unión Europea rodean o deseño. O ano atópase na parte inferior central e a marca de ceca atópase na parte superior central.[3][Ligazón morta] | ||||
Finlandia | Quinta ampliación da Unión Europea en 2004 | 1 millón de moedas | xullo 2004 | |
Descrición: O deseño da moeda amosa un tronco estilizado desde o que emanan 10 pólas. É unha figura metafórica: as 10 pólas representan aos dez novos estados mentres que o tronco representa á unión. Na parte inferior da moeda, a carón do tronco atópanse as letras EU que xunto coa parte esquerda do tronco forman a letra grega "ρ" (rho), que en conxunto lese "euro". O anel exterior está adornado polas doce estrelas da Unión así como o ano, que se atopa na parte baixa do anel.[4] Arquivado 10 de marzo de 2007 en Wayback Machine. | ||||
Luxemburgo | Efixe e Monograma de Gran Duque Enrique | 2,49 millóns de moedas | 26 de xullo 2004 | |
Descrición: Á dereita da parte central atópase a efixie do Gran Duque de Luxemburgo mirando cara á esquerda. Na parte esquerda da moeda hai un H cunha coroa que forma o seu monograma. Tamén na zona esquerda están as doce estrelas da unión, rodeando o monograma de forma semicircular. O ano e a marca de ceca están impresos na parte superior do anel exterior, xunto coa palabra LËTZEBUERG ("Luxemburgo" en luxemburgués), mentres que as palabras HENRI — Grand-Duc de Luxembourg aparecen na parte inferior do anel.[5] Arquivado 10 de marzo de 2007 en Wayback Machine. | ||||
Italia | 50º aniversario do Programa Mundial de Alimentos | 16 millóns de moedas | 13 de decembro 2004 | |
Descrición: No centro da moeda hai un globo dirixido cara a esquerda. Tres cereais emerxen de detrás do globo, alcanzando a parte exterior do anel. Estes cereais son millo, arroz e trigo, representando as fontes principais da alimentación no mundo. As letras R e I, Repubblica Italiana), e baixo elas encóntranse as iniciais de Uliana Pernazza. A marca da Ceca “M” está na parte superior dereita do globo, e as doce estrelas da unión rodean o deseño no anel exterior, divididas en tres grupos de catro separadas polos cereais.[6] Arquivado 14 de marzo de 2007 en Wayback Machine. | ||||
San Marino | Bartolomeo Borghesi | 110.000 moedas | 16 de decembro 2004 | |
Descrición: A peza central desta moeda é un busto do famoso historiador e numismático Bartolomeo Borghesi. Atópase rodeado por numerosas inscricións: no centro da moeda, á esquerda do busto BARTOLOMEO BORGHESI, a marca da ceca (R) e as iniciais (E.L.F.) atópanse á dereita. No anel exterior, a moeda amosa as doce estrelas da unión e o ano no centro inferior.[7][Ligazón morta] | ||||
Cidade do Vaticano | 75º aniversario do Tratado de Letrán | 85.000 moedas | 16 de decembro 2004 | |
Descrición: A parte central da moeda amosa unha representación dos muros da cidade e da Basílica de San Pedro, xunto coa inscrición 75o ANNO DELLO STATO (á dereita), 1929–2004 e a marca da ceca (R) (á esquerda). Ademais, aparece o nome do deseñador (VEROI) e as iniciais (L.D.S. INC.) que están escritas na parte inferior esquerda en letra mái pequena. O anel exterior está adornado coas doce estrelas da unión e a inscrición CITTÀ DEL VATICANO.[8][Ligazón morta] |
Moedas de 2005
[editar | editar a fonte]Imaxe | Estado | Evento | Número | Data |
---|---|---|---|---|
Luxemburgo | 50º Aniversario do Gran Duque de Luxemburgo, 5º aniversario do seu acceso ao trono e 100º aniversario da morte do Gran Duque Adolfo. | 2,8 millóns de moedas | 15 de febreiro 2005 | |
Descrición: No centro da moeda, as efixies dos Grandes Duques Adolfo e Henrique mirando á esquerda, con Henrique superposto a Adolfo. A inscrición GRANDS-DUCS DE LUXEMBOURG aparece por riba das efixies mentres que as HENRI *1955 e ADOLPHE †1905 están escritas debaixo da efixie respectiva. O anel exterior está adornado coas doce estrelas da unión colocadas entre as letras da palabra LËTZEBUERG así como o ano de edición, centrado debaixo das efixies, entre a inicial (S) á dereita e a marca da ceca á esquerda.[9] Arquivado 14 de marzo de 2007 en Wayback Machine. | ||||
Austria | 50º aniversario do Tratado de Estado Austríaco | 7 millóns de moedas | 11 de maio 2005 | |
Descrición: No centro da moeda aparecen reflectidos os escudos e sinaturas dos asinantes do Tratado de Estado Austríaco, asinado polos ministros de exteriores dos países Aliados, Unión Soviética, Estados Unidos, Reino Unido, Francia así como polo ministro de exteriores de Austria. Por riba dos escudos está a inscrición 50 JAHRE STAATSVERTRAG mentres que o ano está debaixo da mesma. De fondo atópase a bandeira austríaca. No anel exterior están as estrelas da unión.[10][Ligazón morta] | ||||
Bélxica | Unión Económica de Bélxica e Luxemburgo | 6 millóns de moedas | 20 de maio 2005 | |
Descrición: No centro da moeda aparecen as efixies do Gran Duque de Luxemburgo e do Rei de Bélxica mirando cara a dereita. As iniciais (LL) atópanse na marxe inferior esquerda mentres que o ano se atopa debaixo das efixies. No anel exterior atópanse as doce estrelas da unión xunto coa marca da ceca e os monogramas dos monarcas.[11][Ligazón morta] | ||||
España | 4º centenario da primeira edición de Don Quixote da Mancha de Miguel de Cervantes | 8 millóns de moedas | 30 de xuño 2005 | |
Descrición: No centro da moeda pódese observar a Don Quixote coa súa lanza e varios muíños de vento, representando unha das escenas máis famosas do libro. A inscrición ESPAÑA pode verse á dereita da imaxe, coa marca da ceca (un M coroado) debaixo. As doce estrelas da unión atópanse no anel exterior, con catro á esquerda impresas na superficie da moeda. O ano atópase entre as tres estrelas inferiores.[12][Ligazón morta] | ||||
San Marino | Ano Mundial da Física | 130.000 moedas | 14 de outubro 2005 | |
Descrición: O centro da moeda contén unha interpretación libre da alegoría pintada por Galileo Galilei titulada A física antiga ou O Estudo dos Planetas. O ano está inscrito debaixo dun globo. A marca do (R) está á dereita da imaxe mentres que as iniciais (LDS) aparecen á esquerda. A inscrición SAN MARINO está aliñada nun semicírculo por riba da imaxe, coa inscrición ANNO MONDIALE DELLA FISICA formando outro semicírculo. No anel exterior están as doce estrelas da unión que están separadas por átomos.[13][Ligazón morta] | ||||
Finlandia | 60º aniversario da creación das Nacións Unidas e 50º aniversario da adhesión de Finlandia á organización | 2 millóns de moedas | 25 de outubro 2005 | |
Descrición: O centro da moeda contén o símbolo da paz. Na marxe inferior central atópase a inscrición FINLAND — UN e a data. As iniciais do artista, (K) aparecen sobre o último díxito do ano, mentres que a marca da ceca aparece por riba da pomba. As doce estrelas da unión adornan o anel exterior.[14][Ligazón morta] | ||||
Italia | 1º aniversario da sinatura da Constitución Europea | 18 millóns de moedas | 29 de outubro 2005 | |
Descrición: No centro da moeda aparece a mitolóxica Europa xunto co touro (Zeus), ademais da Constitución Europea. Europa ten unha pluma na man coa que se simboliza a sinatura. A marca da ceca (R) está na marxe superior dereita e as iniciais na marxe inferior dereita. O monograma da república Italiana (RI) está na parte inferior central, un pouco cara a dereita. No anel exterior está inscrito COSTITUZIONE EUROPEA, creando un semicírculo, mentres que o resto do círculo fórmanno as doce estrelas da bandeira da unión.[15][Ligazón morta] | ||||
Cidade do Vaticano | 20º Día da Xuventude, Colonia, agosto de 2005 | 100.000 moedas | 6 de decembro 2005 | |
Descrición: O centro da moeda contén a catedral de Colonia e un cometa pasando por riba dela. A inscrición XX GIORNATA MONDIALE DELLA GIOVENTÙ está escrita na parte superior do centro, separada poa cola do cometa e as dúas torres da catedral. Unha das torres esténdese ata o anel exterior. Nel atópase a inscrición CITTÀ DEL VATICANO na parte inferior e as doce estrelas da unión na superior, co ano e a marca do (R) separándoas no centro da parte superior.[16][Ligazón morta] |
Moedas de 2006
[editar | editar a fonte]Imaxe | Estado | Evento | Número | Data |
---|---|---|---|---|
Luxemburgo | 25º aniversario do herdeiro Gran Duque Guillerme | 1,1 millóns de moedas | 1 de febreiro 2006 | |
Descrición: Á marxe esquerda da moeda atópase a efixie do Gran Duque Henrique, superposta sobre a do seu herdeiro Guillerme, que está á dereita. Os dous miran cara a esquerda. A marca do ano aparece debaixo das efixies flanqueada pola letra S e a marca da ceca. A inscrición LËTZEBUERG aparece sobre as efixies. As doce estrelas da Unión atópanse no anel exterior da moeda.[17][Ligazón morta] | ||||
Alemaña | Holstentor en Lübeck (Schleswig-Holstein) Primeira moeda conmemorativa dos 16 estados federados |
30 millóns de moedas | 3 de febreiro 2006 | |
Descrición: A moeda amosa a Holstentor de Lübeck no centro, coa inscrición SCHLESWIG–HOLSTEIN baixo a porta. A marca da ceca atópase á dereita mentres que as iniciais do deseñador, (HH) están á esquerda. No anel exterior, formando un semicírculo atópase a inscrición BUNDESREPUBLIK DEUTSCHLAND e o ano na parte superior. As doce estrelas da Unión están entre o ano e a inscrición co nome do país.[18][Ligazón morta] | ||||
Italia | Xogos Olímpicos de Inverno de Turín 2006 | 40 millóns de moedas | 10 de febreiro 2006 | |
Descrición: A moeda mostra a un esquiador e a cúpula da catedral de Turín, xunto cun gran número de inscricións: sobre a cabeza do esquiador GIOCHI INVERNALI ("Xogos de Inverno"); Baixo a torre, o nome da cidade TORINO; ao lado esquerdo do esquiador, as iniciais (MCC); tamén á esquerda atópase o ano, escrito de xeito vertical, e finalmente á esquerda da torre o monograma da república Italiana e a marca da ceca. O anel exterior está decorado coas estrelas da Unión.[19][Ligazón morta] | ||||
Bélxica | Reapertura do Atomium en Bruxelas | 5 millóns de moedas | 10 de abril 2006 | |
Descrición: A moeda amosa o Atomium no centro, coa marca da ceca á esquerda e dereita del. As iniciais do deseñador (LL) atópanse á dereita. A letra B de Bélxica está escrita na parte alta do anel externo e o ano na parte inferior. As estrelas da Unión están entre elas.[20] Arquivado 21 de xuño de 2006 en Wayback Machine. | ||||
Finlandia | 1er Centenario da introdución do sufraxio universal e igual | 2,5 millóns de moedas | 4 de outubro de 2006 | |
Descrición: A moeda amosa dúas caras estilizadas na parte central, unha masculina e outra feminina separadas por unha fina liña curvada. As dúas marcas da ceca aparecen á dereita de cada cara. Á dereita aparece a data da instrución do sufraxio universal e igual en Finlandia, (1-10-1906). Mentres que á esquerda aparece a abreviación (20 FI 06). As doce estrelas da Unión Europea rodean o deseño no anel exterior da moeda.[21][Ligazón morta] | ||||
San Marino | 500 Cabodano da morte de Cristovo Colón | 120.000 moedas | 17 de outubro de 2006 | |
Descrición: A parte central da moeda componna un retrato de Cristovo Colón mirando cara á esquerda coas tres carabelas (La Pinta, La Niña e Santa María) ao fondo. Na parte de superior do interior aparece a inscrición SAN MARINO xunto cun compás. No centro atópsae a marca da ceca, un R, e na parte de abaixo hai un pergameo que contién a inscrición 1506 — 2006 e as iniciais do deseñador (LDS). As doce estrelas da Unión Europea rodean o deseño no anel externo.[22][Ligazón morta] | ||||
Cidade do Vaticano | 500 Aniversario da Garda Suíza | 120.000 moedas | 9 de novembro de 2006 | |
Descrición: A parte central da moeda componna un retrato dun garda suízo coa man dereite erguida e portando a bandeira vaticana na man esquerda. Ao arredor aparecen as datas 1506 e 2006. Debaixo de 2006 aparece a marca da ceca R mentres que enriba da banderia aparece o nome do deseñador O. Rossi. Rodeando a figura, na parte superior aparece a inscrición Guardia Svizzera Pontificia e na parte inferior Città del Vaticano. No anel exterior aparecen as doce estrelas de la Unión Europea. |
Moedas en 2007
[editar | editar a fonte]Imaxe | País | Evento | Número | Data |
---|---|---|---|---|
Unión Europea (Eurozona) | 50 Aniversario do Tratado de Roma | sen determinar | 25 de marzo de 2007 | |
Descrición: O modelo gañador do concurso de deseño presenta no centro o Tratado de Roma coa sinatura dos 6 estados fundacionais. O fondo é un deseño inspirado no pavimento da praza do Campidoglio de Roma, deseñado por Miguel Anxo, onde se asinou o tratado o 25 de marzo de 1957. Debido a que esta moeda vanna emitir todos os estados da Eurozona, a marca da ceca, o idioma e o nome do país variarán en cada modelo. O anel exterior da moeda presentará as doce estrelas da Unión Europea.[23] |
Eslovenia integrouse na Eurozona en xaneiro de 2007, e tamén emitiu esta moeda conmemorativa, cunha tiraxe de 400.000 unidades.
Á parte da serie conmemorativa dos estados federados alemáns, San Marino publicará a súa cuarta moeda para conmemorar o 200 aniversario de Giuseppe Garibaldi. O 9 de novembro o goberno de Portugal acordou emitir unha moeda conmemorativa para celebrar a presidencia portuguesa da Unión.
Serie dos Estados Federados de Alemaña
[editar | editar a fonte]Alemaña comezou a serie Die 16 Bundesländer der Bundesrepublik Deutschland ("os 16 estados federados da República Federal de Alemaña) en 2006. Esta serie continuará ata 2021 cada ano con cadansúa moeda. O ano coincidirá co estado que exerza a presidencia do Bundesrat. A primeira moeda foi presentada no 2006 e a segunda no 2007:
Ano | Número | Estado | Deseño |
---|---|---|---|
2006 | 1 | Schleswig-Holstein | Holstentor en Lübeck |
2007 | 2 | Mecklemburgo-Pomerania Occidental | Castelo de Schwerin (Schwerin) |
As outras catorce moedas irán aparecendo cada ano e os seus deseños aínda non foron rematados. Porén, os deseños para Hamburgo e Baviera xa están terminados.[1][2]
Ano | Número | Estado | Deseño |
---|---|---|---|
2008 | 3 | Hamburgo | St. Michaelis |
2009 | 4 | Sarre | Igrexa de Luís en Saarbrücken |
2010 | 5 | Bremen | Casa do Concello de Bremen |
2011 | 6 | Renania do Norte-Westfalia | Catedral de Colonia |
2012 | 7 | Baviera | Castelo de Neuschwanstein |
2013 | 8 | Baden-Württemberg | Abadía Maulbronn |
2014 | 9 | Baixa Saxonia | Casa do Concello de Hannover |
2015 | 10 | Hesse | Romanos en Frankfurt |
2016 | 11 | Saxonia | Palacio Zwinger en Dresde |
2017 | 12 | Renania-Palatinado | Porta Nigra en Tréveris |
2018 | 13 | Berlín | Reichstag |
2019 | 14 | Saxonia-Anhalt | Catedral de Magdeburgo |
2020 | 15 | Turinxia | Castelo de Wartburg en Eisenach |
2021 | 16 | Brandeburgo | Palacio Sanssouci en Potsdam |
Esta serie é similar á State Quarters que comezou en 1999 nos Estados Unidos e que finalizará en 2008.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dyballa, Florian (2006-07-03). "Deutschland — Gedenkmünze 2008". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2006. Consultado o 2006-02-21. (en alemán)
- ↑ Dyballa, Florian (2006-07-03). "Deutschland — Gedenkmünze 2012". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2006. Consultado o 2006-02-21. (en alemán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Banco Central Europeo (2006-07-19). "Moedas conmemorativas de 2€". Arquivado dende o orixinal o 25/12/2004. Consultado o 23/11/2006.
- Comisión Europea (2006-07-10). "The €uro: Our Currency — Commemorative coins". Consultado o 2006-07-19. (en inglés)
- Dyballa, Florian (2006-07-08). "Zwei-Euro.com". Consultado o 2006-07-19. (en alemán)
- Banco de España (23/11/2006). "Táboa sobre as Moedas conmemorativas de 2€" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12/04/2007. Consultado o 23/11/2006.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Monedas de euro commemorativas |