Saltar ao contido

Mirón (escultor)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMirón

Redución en bronce romana do Discóbolo.
Nome orixinal(el) Μύρων Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo V a. C. Editar o valor en Wikidata
Eleutera, Grecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morteséculo V a. C. Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAntiga Atenas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Atenas
Grecia Antiga Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescultor , artista , broncista Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século V a. C. Editar o valor en Wikidata)
MovementoArte grega Editar o valor en Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosLycius (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Mirón, en grego antigo Μύρων, de Eleutera, localidade sita no linde entre Beocia e Atenas, foi un escultor grego ( primeira metade do século V a. C.) do período clásico da arte grega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debeu quizais ser discípulo de Axeladas, como probablemente Fidias e Policleto. Concentrou a súa actividade en Atenas. Traballou utilizando o bronce, mais ningunha das súas obras orixinais chegou directamente ata nós, porén podemos ter unha idea das súas cualidades artísticas a través das numerosísimas copias romanas, en mármore, e que demostran a popularidade da que gozou na Antigüidade.

A súa obra máis notábel é, sen dúbida o Discóbolo. Nesta estatua, Mirón representou un atleta espido no momento de esforzo, cando concentra toda a súa enerxía antes de lanzar o disco. Con perfecta harmonía de movementos tensos, o Discóbolo aparece inmóbil, nunha pose fóra do tempo. Mais o artista non quixo representar o movemento dun home singular nun intre dado, senón a mesma idea de movemento. A estatua orixinal foi fundida para facer un canón. Este acto bárbaro, non puido borrar a memoria dunha das máximas obras mestras da historia da arte.

Outra obra célebre de Mirón é o grupo de Atenas e Marsias, datábel arredor do 455 a.C.

Aínda por mor da súa grandeza, tense atribuído a Mirón os Bronces de Riace, sobre cuxa autoría existe un debate aberto.