Milorad Ratković
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1964 (59 anos) Zenica (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Bosnia e Hercegovina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1983 - 1999 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Milorad Ratković, nado en Zenica, (Bosnia e Hercegovina), o 15 de outubro de 1964 foi un futbolista Iugoslavo que xogaba na demarcación de extremo esquerdo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista nas categorías inferiores do Estrela Vermella de Belgrado subindo ao primeiro equipo no ano 1987. Despois dunha breve aventura dun ano no Borac volve a Belgrado, nese ano o Estrela Vermella gaña a Copa Intercontinental de Fútbol cun equipo formado por xogadores como Savicevic, Jugovic, Mihailovic, Pancev, Belodedici, Stosic ou o propio Ratkovic.
Esa boa tempada no equipo serbio fixo que moitos equipos occidentais se fixaran nel, recalando no verán de 1992 no Celta de Vigo, onde permanecería seis tempadas. Nestes anos chegaría a disputar a final da Copa do Rei ante o Real Zaragoza no ano 1994 e a clasificarse para disputar a Copa da UEFA
O 10 de maio de 1998 disputa o seu último partido co Celta, marchando camiño ao Sevilla FC de Segunda División pero non remataría o ano, abandonando o equipo nervionense para liberar unha praza de extracomunitario e volvendo á súa terra natal.
Despois de abandonar o fútbol Milorad volveu a Vigo onde colaborou nas categorías inferiores do Celta chegando a ser o seu coordinador.
Equipos
[editar | editar a fonte]Ano | Club | Encontros/goles |
---|---|---|
1983-1987 | NK Čelik Zenica | |
1987-1990 | Estrela Vermella de Belgrado | |
1990-1991 | FK Borac Banja Luka | |
1991-1992 | Estrela Vermella de Belgrado | |
1992-1998 | Celta de Vigo | 134/15 |
1998-1999 | Sevilla FC | 11/0 |