Microscopio electrónico
Un microscopio electrónico é un microscopio que utiliza electróns en vez de fotóns ou luz visible para formar imaxes de obxectos diminutos. Os microscopios electrónicos permiten atinxir unha capacidade de aumento moi superior ós microscopios convencionais (ata 500.000 aumentos comparados cos 1000 aumentos dos mellores microscopios ópticos) debido a que a lonxitude de onda dos electróns é moito menor cá dos fotóns.
O primeiro microscopio electrónico foi deseñado por Ernst Ruska e Max Knoll entre 1925 e 1930, investigadores que se basearon nos estudos de Louis-Victor de Broglie sobre das propiedades ondulatorias dos electróns.
Un microscopio electrónico funciona cun feixe de electróns acelerados por unha alta voltaxe e focalizados por medio de lentes magnéticas. A amplificación da imaxe prodúcese por un conxunto de lentes magnéticas que forman unha imaxe sobre unha placa fotográfica ou sobre unha pantalla sensible ó impacto dos electróns que transfire a imaxe formada á pantalla dun ordenador. os microscopios electrónicos só se poden ver en branco e negro posto que non utilizan a luz, pero as imaxes poden ser coloreadas no ordenador.
- Artigo principal: Microscopio electrónico de transmisión.
- Artigo principal: Microscopio electrónico de varrido.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Microscopia
- Microscopio
- Microscopio óptico
- Microscopio simple
- Microscopio de luz ultravioleta
- Microscopio de fluorescencia
- Microscopio petrográfico
- Microscopio de campo escuro
- Microscopio de contraste de fases
- Microscopio de luz polarizada
- Microscopio confocal
- Microscopio electrónico de transmisión
- Microscopio electrónico de varrido
- Microscopio de efecto túnel
- Microscopio de forza atómica
- Estereomicroscopio binocular
- Microscopio de forza nuclear
- Microscopium