Saltar ao contido

Mel Daniels

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMel Daniels

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1944 Editar o valor em Wikidata
Detroit, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte30 de outubro de 2015 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Sheridan, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecomplicacións dunha cirurxía Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónPershing High School (en) Traducir
Universidade do Novo México Editar o valor em Wikidata
Altura206 cm Editar o valor em Wikidata
Peso100 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista , adestrador de baloncesto Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1967 Editar o valor em Wikidata - 1976 Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA, National Basketball Association e American Basketball Association Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor em Wikidata
Convocado porSacramento Kings Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Brooklyn Nets
- Memphis Sounds (en) Traducir
- Indiana Pacers
- Minnesota Muskies (en) Traducir
1964-1967 New Mexico Lobos men's basketball (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm2123268 Find a Grave: 154429117 Editar o valor em Wikidata

Melvin Joe Daniels, nado o 20 de xullo de 1944 en Detroit (Míchigan) e finado o 30 de outubro de 2015 en Sheridan, Indiana, foi un xogador profesional de baloncesto que xogou na American Basketball Association (ABA) para os Minnesota Muskies, Indiana Pacers e Memphis Sounds, e na National Basketball Association (NBA) para os New York Nets. Daniels foi dúas veces escollido como Mellor Xogador da ABA e sete veces All-Star. Foi incluído no Basketball Hall of Fame en 2012.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou durante tres tempadas cos Lobos da Universidade de Novo Mexico, nas que fixo unha media de 20,0 puntos e 11,0 rebotes por partido.

Profesional[editar | editar a fonte]

Daniels foi elixido na sétima posición do Draft da NBA de 1967 polos Cincinnati Royals e polos Minnesota Muskies no Draft da ABA. Finalmente elixiu xogar na ABA, onde se acobou convertendo nun dos mellores xogadores da historia da competición. No seu primeiro ano foi elixido como o Mellor Rookie, sendo ao ano seguinte traspasado aos Indiana Pacers, actual equipo da NBA que daquelas xogaba na ABA. Foi MVP da ABA nos anos 1969 e 1971, liderando aos Pacers a gañar tres campionatos (1970, 1972, 1973). Daniels xogou sete partidos do All-Star, sendo nomeado MVP do partido en 1971.

No global da súa carreira, Daniels conseguiu grandes récords. É o líder histórico da ABA no total de rebotes (9.494) e na media de rebotes por partido (15,1). Tras a desaparición da competición, xogou brevemente na NBA cos New York Nets. Despois da súa etapa como xogador, Daniels sumouse ao cadro de adestradores da Indiana State. Uns anos máis tarde, tamén sería adestrador na NBA, facéndose cargo do banco dos Indiana Pacers en 1988. Como homenaxe, desde 2012, Daniels forma parte do Naismith Memorial Basketball Hall of Fame, ademais o seu dorsal está retirado polos Pacers.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hall of Famers: Mel Daniels". Basketball Hall of Fame (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 4 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]