Matthew Yglesias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1981 (42/43 anos) Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Harvard (1999–2003) Dalton School (pt) Grace Church School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Política, economía e xornalismo |
Ocupación | xornalista, blogueiro |
Participou en | |
7 de xullo de 2020 | A Letter on Justice and Open Debate (en) |
Familia | |
Pai | Rafael Yglesias |
Matthew Yglesias, nado o 18 de maio de 1981, é un xornalista e blogueiro estadounidense especializado en economía e política, maioritariamente dende unha perspectiva socioliberal e progresista.[1][2] Yglesias escribiu columnas e artigos para medios como The American Prospect, The Atlantic e Slate. É columnista e editor de Vox, páxina web de Vox Media que cofundou en 2014.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai, Rafael Yglesias, é guionista e novelista. Os seus avós paternos foron os novelistas José Yglesias e Helen Bassine. O seu avó paterno era de ascendencia galego-cubana; os seus outros tres avós eran xudeus con orixes en Europa Oriental.[3]
Yglesias realizou os seus estudos secundarios na Dalton School de Nova York[4] e os seus estudos universitarios de filosofía en Harvard, onde se graduó magna cum laude. Foi editor en xefe do xornal semanal The Harvard Independent.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Matt Yglesias' $1.2 Million House Stokes Class Envy in Conservatives". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2017.
- ↑ "Matt Yglesias: A Case for Liberal Internationalism".
- ↑ "The Myth of Majority-Minority America". slate.com. 22 de maio de 2012. Consultado o 29 de novembro de 2015.
- ↑ "The Dalton Lacrosse Team".
- ↑ "Matthew Yglesias".