Mateu de París
Aparencia
Nome orixinal | (en) Matthew Paris |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1200 Inglaterra |
Morte | maio de 1259 ↔ xuño de 1259 (58/59 anos) St Albans |
Lugar de sepultura | Inglaterra |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | St Albans School (en) |
Actividade | |
Ocupación | monxe (1217–), escritor , cartógrafo , historiador , pintor , heraldista , iluminador , haxiógrafo , Escriba |
Período de actividade | 1217 (Gregoriano) - |
Lingua | Latín medieval, Lingua anglonormanda e francés antigo |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Obra | |
Obras destacables
| |
Mateu de París (en latín: Matthæus Parisiensis), nado ca. 1200 e finado en 1259, foi un monxe beneditino e historiador inglés, que viviu na abadía de St Albans en Hertfordshire[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A pesar do seu nome e do seu coñecemento do francés, naceu en Inglaterra, aínda que quizais estudou en París.
Continuou a redacción da Chronica Majora, onde dá unha visión negativa da política rexia, mentres que na súa obra abreviada, a Historia Anglorum (escrita cara a 1253), as pasaxes críticas foron expurgadas. Foi un vehemente defensor das ordes monásticas fronte ao clero secular e os mendicantes. Tamén resulta rechamante a franqueza coa que critica á corte pontificia.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Llywelyn o Grande cos seus fillos Gruffydd e Dafydd, c. 1259
-
Persecución de xudeus. Biblioteca Británica, Cotton Nero D. I., folio 183v.
-
Elefante nas Chronica Majora II, 1235–1259. Parker Library, Corpus Christi College, MS 16, fol. ivr.
-
Martirio de San Anfíbalo, manuscrito do século XIII da vida de San Albano. Biblioteca do Trinity College, MS E. I. 40, folio 45r.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vaughan, Richard: Matthew Paris. Cambridge University Press, 1984. p. I ISBN 978-0521066716