Marina Peña-Rey Bouzas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de abril de 1914 Viascón, España |
Morte | 2002 (87/88 anos) |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutica |
Familia | |
Pai | Manuel Peña Rey |
Marina Peña-Rey Bouzas, nada en Viascón o 9 de abril de 1914 e finada en México no 2002,[1] foi unha das primeiras universitarias da Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Marina era filla de Manuel Peña Rey, médico e director do Hospital Provincial de Ourense ata a súa destitución e detención en xullo de 1936 . En 1929 matriculouse na Facultade de Farmacia de Santiago, rematando os estudos en 1933. Nese ano vaise a Madrid para completar os seus estudos, aloxándose na Residencia de Señoritas.[2][3]
Militou no partido galeguista[4] e casou con Manuel Fanjul,[5] con quen marchou ao exilio tras a Guerra Civil. A súa carreira profesional viuse interrompida pola guerra e o exilio.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Gurriarán (2006)
- ↑ Bugallal, Isabel (2015-12-13). "Gallegas en la Residencia de Señoritas". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2021-07-05.
- ↑ Vázquez Ramil, Raquel. "Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid, «cando van, van como rosas...»".
- ↑ Pintos (2016)
- ↑ Lorda, David Simón (2011). "Os nomes do exilio (médico, republicano, galego)". Cadernos de atención primaria 18 (3): 264–271. ISSN 1134-3583.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gurriarán, Ricardo (2006). Ciencia e conciencia na universidade de Santiago, 1900-1940: do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado. Univ Santiago de Compostela. ISBN 978-84-9750-644-1.
- Pintos Barral, Xoana (2016). As Mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960 (Tese). Universidade de Santiago de Compostela. p. 676.
- Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.