Marie Bashkirtseff
Nome orixinal | (ru) Мария Константиновна Башкирцева |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de novembro de 1860 (Xuliano) Havrontsi, Ucraína (en) |
Morte | 31 de outubro de 1884 (23 anos) París, Francia |
Causa da morte | tuberculose |
Lugar de sepultura | cemiterio de Passy |
Grupo étnico | Pobo ucraíno |
Relixión | Igrexa ortodoxa |
Educación | Academia Julian |
Actividade | |
Lugar de traballo | París (1870–1884) |
Ocupación | pintora, escritora, biógrafa, autora de diarios, escultora, artista |
Xénero artístico | Retrato |
Movemento | Pintura do realismo (pt) |
Profesores | Tony Robert-Fleury |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Konstantin Pavlovich Bashkirtsev |
Descrito pola fonte | Women Painters of the World (Pintoras do Mundo) (pt) , (sec:Bashkirtseff, Mlle. Marie) Encyclopædia Britannica Grandes Mestras das Artes (pt) , (p.293) |
|
Marie Bashkirtseff ou en cirílico ruso Марія Костянтинівна Башкирцева, nada en 1858 e finada en 1884, foi unha pintora e escultora rusa nada en Ucraína.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Gavrontsi, nas proximidades do Poltava no seo dunha familia nobre, e educouse no estranxeiro viaxando con súa nai por Europa. En 1870 súa nai instálase nunha vila preto de Niza e xa en París estudou pintura na Académie Julian, unha das poucas institucións que aceptaban mulleres. En 1881 escribiu artigos, co alcume de Pauline Orrel, para o xornal feminista de Hubertine Auclert, La Citoyenne.
Na súa curta vida, Marie, realizou importantes composicións, entre as que sobresaen Un meeting, L'Atelier des femmes e o seu Autorretrato. Boa parte das súas obras destruíronas os nazis durante a segunda guerra mundial.
Dende os 13 anos escribiu un diario en francés no que documenta os problemas das mulleres artistas e que se fixo famoso cando o publicou a súa familia en 1890 co título de Journal de Marie Bashkirtseff avec portrait. A súa correspondencia con Guy de Maupassant publicouse en 1891.