Margaret Lin Xavier
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1898 Bangkok, Tailandia |
Morte | 6 de decembro de 1932 (34 anos) |
Causa da morte | Encefalite |
Educación | London School of Medicine for Women |
Actividade | |
Ocupación | médica |
Margaret Lin Xavier ou Khun Ying Srivisanvaja, nada en Bangkok o 29 de maio de 1898 e finada o 6 de decembro de 1932, coñecida como Dr. Lin, era unha médica tailandesa .[1] Foi a primeira muller tailandesa en recibir un grao en medicina.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Margaret Lin Xavier era filla de Celestino Maria Xavier, coñecido como Phraya Sri Phipat Kosa, o Baixo-Secretario de Estado para Asuntos Estranxeiros, e Kim Kee.[3] Foi enviada a estudar ao convento do Sacro Corazón de Jesús en Singapur. Cando o seu pai foi destinado ao estranxeiro como embaixador de Tailandia en Italia, Lin Xavier ingresou no Clark's Commercial College de Londres. Despois aprobou a matrícula e entrou na London School of Medicine for Women e no Royal Free Hospital. Obtivo o título de MBBS, MRCS e LRCP.[1]
Carreira
[editar | editar a fonte]Tras a morte do seu pai, Xavier regresou a Tailandia en 1924 e converteuse en obstetra e traballou para a Sociedade Tailandesa da Cruz Vermella, o King Chulalongkorn Memorial Hospital e o centro médico do distrito de Bang Rak, dependente do Ministerio de Saúde Pública.[3] Tamén estableceu unha clínica médica chamada " Unakan" coa súa medio irmá Chan Xavier como farmacéutica da clínica.
Xavier atendía a pacientes de todas as clases sociais, non só da aristocracia tailandesa. Como o centro médico de Bang Rak era para o tratamento de enfermidades de transmisión sexual, moitas dos seus pacientes eran traballadoras do sexo empobrecidas, ás que atendía gratuitamente.[3] Mesmo cando aleitaba, Margaret seguía traballando, indo a casa a aleitar a metade da xornada laboral e volvendo ao traballo pola tarde. Optou por aleitar aos nenos ela mesma, a pesar de que unha muller do seu status naquela época contrataría a axuda dunha ama de cría.[3]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O 29 de maio de 2020, Google celebrou a súa vida cun Google Doodle.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Srisuwan, Artyasit (15 de novembro de 2018). "คุณหมอมากาเร็ต ลิน เซเวียร์ แพทย์หญิงคนแรกของเมืองไทย" [Dr. Margaret Lin Xavier – Thailand's first female doctor]. The Matter. Consultado o 8 de marzo de 2019.
- ↑ Chiumkanokchai, Chariya (8 de abril de 2019). "Tackling online gender bias". Bangkok Post. Consultado o 7 de outubro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 นารีผู้มีคุณ [Virtuous Women]. The National Identity Office, Secretariat of the Cabinet of Thailand. 1992.
- ↑ "Celebrating Margaret Lin Xavier (Lin Srivisarnvaja)". 29 de maio de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Margaret Lin Xavier, médica no blog Mujeres con ciencia.