Marcelle Lagesse
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Marie Rita Marcelle Lagesse 7 de febreiro de 1916 Quatre Bornes, Mauricio |
Morte | 8 de marzo de 2011 (95 anos) |
Actividade | |
Ocupación | dramaturga, novelista, xornalista, historiadora |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
Marie Rita Marcelle Lagesse, nada en Quatre Bornes o 7 de febreiro de 1916[1] e finada o 8 de marzo de 2011, foi unha xornalista e escritora mauriciana en lingua francesa.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sendo nova casou con Gaston Lagesse. Enviuvou e foi vivir ás illas Salomón, onde o seu pai era administrador. Viviu alí entre 1938 e 1942, cando regresou Mauricio. En 1945 publicou o libro de relatos Les contes du samedi co pseudónimo de Rita Marc.[1] En 1958 publicou a novela La Diligence s'éloigne à l'aube, recoñecida co Premio Robert Bargues.[2] Entre 1942 e 1950 colaborou en Savez vous que?, a publicación oficial da Oficina de Relacións Públicas de Mauricio. Lagesse escribiu tamén nos xornais Le Cernéen, Le Mauricien e Advance. Entre 1961 e 1971 escribiu unha columna semanal no periódico Action. Lagesse deixou o xornalismo en 1987.[1]
As súas novelas foron traducidas ao ruso e inglés. Lagesse escribiu varias obras de teatro, e unha peza de teatro radiofónico para a Office de Radiodiffusion Télévision Française, Villebague.[1] Tamén investigou sobre a historia de Mauricio, obras que publicou a través de Editions des Archives de l'île Maurice.[2]
Foi nomeada oficial da Orde das Palmas Académicas e Cabaleiro da Orde Nacional do Mérito de Francia. En 1981 foille concedida a cidadanía francesa.[1] Foi elevada ao rango de Oficial da Orde da Estrela e a Chave do océano Índico en 2015.[3] Morreu aos 95 anos logo dunha longa doenza.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]- Les contes du samedi (relatos, 1945)
- La diligence s'éloigne à l'aube (novela, 1958). Premio Robert Bargues
- Le vingt Floréal au matin (novela, 1960)
- Villebague (novela)
- Cette maison pleine de fantômes’' (novela, 1962)
- D'un Carnet (novela)
- A la découverte de l'Ile Maurice (ensaio, 1970)
- Sont amis que vent emporte (novela, 1974). Premio des Mascareignes
- Des pas sur le sable (novela, 1975)
- Villebague (novela)
- Une lanterne au mat d'artimon (novela)
- L'Ile de France avant La Bourdonnais (ensaio)
- L'Hôtel du Gouvernement (ensaio)
- Blyth Brothers & Co. Ltd. (ensaio)
- Maurice vue du ciel
- 150 ans de jeunesse, Histoire de la Mauritius Commercial Bank (ensaio)
- Une jeune femme au Mont Limon (novela, 1993)
- Les Palmiers de la Source (teatro)
- Comme un feu de Proue (teatro)
- L'Amour à travers les âges (teatro)
- Un homme parmi les autres (teatro)
- Chantons la liberté (teatro)
- Villebague (teatro)
- Carolyne (teatro)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Cassiau-Haurie, C. (9 de maio de 2011). "Marcelle Lagesse, doyenne des lettres mauriciennes: une carrière unique". Africultures (en francés).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Marcelle Lagesse, "un symbole de la littérature mauricienne" s’en est allée". L'Express (en francés) (Mauritius). 8 de marzo de 2011.
- ↑ "Les décorés du 12 mars: Consécration pour les "Viré Mam"". Le Mauricien (en francés). 15 de marzo de 2015. Consultado o 2 de abril de 2019.