Mar del Plata
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Arxentina | ||||
Provincia da Arxentina | Provincia de Buenos Aires | ||||
Partido da provincia | General Pueyrredón (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 593.337 (2010) (7.465,24 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 79,48 km² | ||||
Altitude | 38 m-15 m | ||||
Creación | 10 de febreiro de 1874 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | B7600 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 223 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Sorrento (pt) Palma Vigán Ísquia (pt) San Benedetto del Tronto (pt) Salzano (pt) Acireale A Coruña Biarritz Tianjin Fort Lauderdale Viña del Mar A Habana Bari Porto Recanati (pt) Río de Xaneiro Cancún (1987–) Benito Juárez (1987–) San Petersburgo (2009–) | ||||
Sitio web | mardelplata.gob.ar |
Mar del Plata é unha importante cidade porto e balneario arxentina emprazada no litoral do Mar Arxentino, ó sueste da provincia de Buenos Aires. É a cabeceira do partido de ”General Pueyrredón” e a cidade turística máis importante da Arxentina, contando coa infraestrutura hoteleira máis ampla do país. Está emprazada 404 km ó sueste da Cidade de Buenos Aires.[1]
Aspectos históricos
[editar | editar a fonte]A rexión comprendida actualmente polo Partido de “General Pueyrredón” estaba habitada antes da chegada do home branco polos pobos orixinarios het das parcialidades didiuhet e chechehet, e foi en 1581 cando as súas costas foron exploradas por primeira vez polos españois que, un ano máis atrás, deran orixe ó asentamento de Ciudad de La Santísima Trinidad y Puerto de Santa María del Buen Ayre. Nesa ocasión, Xoán de Garay cualificouna como unha "moi elegante costa". En 1746, e por orde do Rei de España, foi establecida unha redución xesuítica chamada "A nosa Señora do Pilar dos Puelches" preto da Lagoa As Cabrillas (hoxe en día denominada Lagoa dos Pais -lembrando ós frades misioneiros-). Posteriormente estas foron abandonadas ante a repentina hostilidade indíxena; pola súa parte a costa da actual cidade era coñecida como "A Lobería Grande" pola grande abundancia de lobos mariños mentres que o "pago" ou territorio estaba cuberto dunha mesta boscaxe de arbusto chamado "curro" ou "curru-mamil", en tal boscaxe adoitaban se refuxiar gauchos perseguidos, segundo algúns o personaxe que inspirou ó Martín Fierro foi precisamente un destes gauchos "veciños" da zona ou "pago". Non se asentaron novos poboadores de orixe europeoa na área ata 1856 cando, a raíz dun incremento das relacións comerciais con Brasil, instalouse un establecemento saladeril a cargo do portugués (ex cónsul en Buenos Aires) Don Xosé Coelho de Meyrelles.
Este novo establecemento produciu como resultado a aparición dunha poboación estable, a cal comezou a se chamar Porto da Lagoa dos Pais. Don Patricio Peralta Ramos mercou estas terras a Coelho de Meyrelles en 1860, e traballou intensamente para o desenvolvemento da área. Trece anos máis tarde foi construído un templo cristián: a Capela Santa Cecilia, cuxo nome lle foi dado honrando á esposa de Peralta Ramos, Doña Cecilia Robles.
En 1873 foron iniciadas as xestións ante o goberno provincial, para que se recoñecese á poboación do Porto da Lagoa dos Pais. Pouco despois, o 10 de febreiro de 1874, a localidade foi recoñecida como tal grazas á sinatura dun decreto que así o establecía, lle outorgando o nome "Vila Balcarce", que non era o elixido polo seu fundador. Certas confusións e rivalidades cunha vila próxima de nome similar, sumado ó descoñecemento predominante nas esferas de goberno ata a década do sesenta, fixeron que a cidade non levase formalmente o nome "Mar del Plata" senón ata 1961.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima de Mar del Plata é temperado oceánico, con precipitacións abundantes durante todo o ano e temperaturas frescas. Se hai que facer unha comparación, este clima é similar ó do centro-sur de Chile, ou o oeste de Europa occidental. Os veráns son suaves e chuviñosos, con temperaturas moi agradables (unha media de 19º/20º) e os invernos frescos a fríos (temperatura media de 6º/7º).
Pese á súa imaxe máis coñecida e promovida de balneario estival, o turista que vén á cidade busca máis ben cambia-la calor extrema do seu lugar de orixe (especialmente o da zona metropolitana), por unha temperatura máis moderada. Esta razón, por outro lado, é a que impediu a Mar del Plata competir con rexións onde predomina o clima subtropical ou tropical, e as correntes mariñas son máis cálidas (Brasil ou o Caribe). En efecto, o verán é curto e varias veces o frío (máximas de 14º) se fixo presente no mes de Decembro. Non faltaron tampouco madrugadas frías (6º) no mes de Xaneiro, en teoría o de maior temperatura do ano. Os días con temperatura superior a 30º rara vez exceden o número de dez ou doce por tempada.
As nevadas non son estrañas á zona, sendo especialmente lembradas a que tiveron lugar en 1975 e 1991. O evento meteorolóxico repítese cada 15 ou máis anos. A caída e acumulación de neve é un pouco máis común na zona de Serra dos Pais e na zona costeira sur, onde tamén as xeadas son máis frecuentes. O fenómeno deuse chamativamente en catro ocasións nestes lugares durante os 1990s: 1991, 1994, 1995 e 1997. O 10 de xullo de 2004 se rexistrou a última precipitación deste tipo, aínda que a acumulación no centro da cidade só durou un par de horas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Información general" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30/09/2009. Consultado o 22/02/2013.