Mamá (Futurama)
Aparencia
Mamá, cuxo nome real é Carol, é un personaxe ficticio de Futurama, unha serie de animación para televisión creada por Matt Groening e David X. Cohen. Na versión orixinal a súa voz pona Tress MacNeille.
Historia
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección describe un tema de ficción principalmente desde unha perspectiva ficticia. Por favor, revise o contido e reescriba o mesmo para explicar a ficción con claridade, desde a perspectiva do mundo real. |
Xunto con Zapp Brannigan, é un dos principais antagonistas da serie. Posúe unha gran multinacional produtora de robots e é a persoa máis rica da Terra. É descrita como malévola, implacábel e maquiavélica. Ten tres fillos: Walt, Larry e Igner.