Maja Haderlap
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1961 (63 anos) Eisenkappel-Vellach, Austria (pt) |
Educación | Universidade de Viena |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura |
Ocupación | tradutora, novelista, dramaturgo, escritora, poetisa |
Empregador | Universidade de Klagenfurt |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Maja Haderlap, nada en Eisenkappel-Vellach, Carintia, o 8 de marzo de 1961, é unha escritora austríaca de orixe eslovena que emprega o alemán e o esloveno nas súas creacións literarias.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada no seo da comunidade de eslovenos de Carintia, logo de cursar o ensino media en Klagenfurt trasladouse a Viena para estudar dramaturxia e xermanística na universidade. Durante esta etapa escribiu os seus primeiros poemarios en esloveno: Žalik pesmi (1983), Bajalice (1987) e Pesmi (1989). Exerceu como docente no Instituto de Literatura Comparada da Universidade de Klagenfurt e entre 1992 e 2007 foi directora do teatro municipal da cidade. Tamén foi editora da revista cultural en esloveno Mladje.
Autora de varios obras de lírica, ensaio e narrativa, destaca a súa novela Engel des Vergessens (2011). Nela adéntrase no trauma colectivo derivado da persecución dos nazis aos eslovenos de Carintia e a difícil convivencia logo da segunda guerra mundial. Para iso mostra a historia da súa familia: o seu avó partisano e a súa avoa internada no campo de concentración de Ravensbrück, mentres que o seu pai foi torturado con dez anos. As consecuencias marcan a vida das xeracións posteriores polo que continúa a obra rememorando a construción da súa identidade baixo as discriminacións e humillacións que decote sufrían os eslovenos de Carintia nas décadas de 1960 e 1970.
A obra colleitou grande éxito entre o público e a crítica e foi merecente dalgúns dos máis importantes galardóns literarios de Austria en 2011 como o Ingeborg Bachmann,[1] o Bruno-Kreisky-Preis[2] e o Rauriser Literaturpreis de 2011.[3] Grazas a sona acadada, o libro foi traducido a diferentes idiomas e consolidou a Haderlap como unha das autoras de referencia tanto das letras en alemán como en esloveno.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Le prix Ingeborg-Bachmann à Maja Haderlap". Livres Hebdo (en francés). Consultado o 2021-08-05.
- ↑ Um 15:54, 05 01 2012 (2012-01-05). "Maja Haderlap erhält Bruno-Kreisky-Buch-Preis". Die Presse (en alemán). Consultado o 2021-08-05.
- ↑ "Rauriser Literaturpreis für Maja Haderlap". salzburg.orf.at (en alemán). 2012-02-07. Consultado o 2021-08-05.