Saltar ao contido

Lombarda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lombarda pola metade
Cores do zume de lombarda: Á esquerda, solucións acedas; á dereita, alcalinas.

A lombarda[1] ou col lombarda (Brassica oleracea var. capitata f. rubra) é unha coia semellante a un repolo roibo de follas rubias violáceo característico. Esta cor débese á presenza dun pigmento chamado antocianina. A forza desta cor pode depender en gran medida da acidez (pH) do solo, as follas medran máis arroibadas en solo de medio acedo, mentres que nos alcalinos son máis azuis.

É propio das cociñas das zonas frías de Europa, normalmente cocida con patacas. En Alemaña e Suecia adóitase cocer con compota de mazá e un chisco de vinagre con sabor suave. Pode atoparsa tamén en ensaladas así como na elaboración do mollo Coleslaw. É un prato típico do Nadal en Madrid. Era costume cociñala pola Noiteboa, un chisco antes de ir á misa do Galo e comela coma gornición de peixes (preferentemente ollomol)e adubado con allo, cebola, aceite, mazá, touciño, azucre, sal e pementa).

En Galiza non é un repolo moi tradicional. Porén Juan Cuveiro Piñol en 1876[2] e Eladio Rodríguez[3] xa falaban dela, dicindo que das súas follas se preparaba un xarope empregado contra as catarreiras crónicas ademais do Sauerkraut, especie de preparación culinaria obtida por fermentación, de propiedades antiescorbúticas.

Indicador do pH

[editar | editar a fonte]

A lombarda emprégase coma indicador do pH natural. Férvese o zume, que como xa dixemos contén antocianina, e emprégase coma indicador dos niveis de hidróxeno iónico (pH) nas solucións acuosas.[4] Este pigmento atópase tamén noutras plantas, coma nas petunias.

pH Cor
2 Vermello
4 Lila
6 Violeta azulino
8 Azul
10 Augamariña
12 Verde amarelado (chartreuse)

Composición química da lombarda

[editar | editar a fonte]
Lombarda con mazá.

Cultivo da lombarda

[editar | editar a fonte]
  • Esixencias e cultivo como as do repolo.

Pragas e enfermidades

[editar | editar a fonte]

Conservación

[editar | editar a fonte]

A conservación axeitada para manter en perfecto estado a lombarda por dúas ou tres semanas é na gabeta das verduras da neveira envoltas nunha saqueta de plástico furada.

  1. Nome vulgar galego no Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
    Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lombarda. (no DRAG posiblemente aparece o texto cortado, que se amosa ó recargar a páxina)
  2. Diccionario Gallego, Barcelona
  3. (1958-1961)Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
  4. Michaelis, Leonor; M. P. Schubert, C. V. Smythe (1 de decembro de 1936). "Potentiometric Study of the Flavins". J. Biol. Chem. 116 (2): 587–607. http://www.jbc.org/cgi/reprint/116/2/587 Arquivado 08 de agosto de 2009 en Wayback Machine.. Retrieved 2008-04-25.
  5. 5,0 5,1 Nome vulgar en galego en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988
  6. Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, 1991

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]