Saltar ao contido

Lista de xéneros operísticos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Foire St. Germain de París, circa 1763, logo do incendio de 1762.

O teatro de Nicolet no Foire St Laurent, circa 1786.

A principios do século XVIII, o Théâtre de la foire en París –un nome colectivo para os teatros nas feiras anuais en St Germain, St Laurent (ver ilustración superior) e despois, St Ovide –ofrecían representacións con música e diálogos falados. Inicialmente chamadas comédie en vaudeville, estas desenvolvéronse na opéra comique. O Théâtre da foire xurdiu en Londres nos anos 1720, para ser imitado na forma da ballad opera inglesa, que á súa vez estimulou a creación do Singspiel alemán.

Esta é unha lista inclusiva de glosario de xéneros operísticos, citando nomes alternativos.

"Ópera" é unha palabra italiana (unha forma reducida de opera in musica), con todo non foi frecuentemente empregada en Italia (ou en calquera outro país) para referirse ao xénero de obras particulares. A meirande parte dos compositores empregaron designacións máis precisas para presentar os seus traballos ao público. Decotío xéneros específicos de ópera foron comisionados por teatros ou mecenas (en cuxo caso a forma do traballo podía desviarse máis ou menos da norma do xénero, dependendo da inclinación do compositor). Os xéneros operísticos non son exclusivos e algunhas óperas clasifícanse en varios á vez, polo que en caso de dúbida a única autoridade acaba sendo o propio compositor.[1]

Definicións

[editar | editar a fonte]

Os xéneros operísticos teñen sido definidos de distintos xeitos, non sempre en termos de regras estilísticas. Algunhas, como a ópera seria, refírense a tradicións identificadas por historiadores posteriores,[2] mentres outras, como a Zeitoper, teñen sido definidas polos seus inventores. Outras formas teñen sido relacionadas cun teatro particular, como por exemplo a opéra comique no teatro do mesmo nome, ou opéra bouffe no Théâtre des Bouffes Parisiens.

Esta lista non inclúe termos non históricos, vagos ou méramente descritivos, como ópera cómica,[3] ópera sacra, ópera tráxica ou ópera nun acto etc. Os termos foron empregados na súa lingua orixinal para evitar posibles ambigüidades na tradución ao galego.

Xénero Lingua Descrición Primeiro exemplo coñecido Principais obras Último exemplo coñecido Compositores destacados Referencias.
Acte de ballet Francés Unha opéra ballet consiste nunha nunha simple entrée. Século XVIII. Les fêtes de Ramire (1745), Anacréon (1754), Rameau [4]
Afterpiece Inglés É unha ópera curta ou pantomina interpretada logo dunha peza completa no século XVIII e principios do XIX. The Padlock (1768) Dibdin [4]
Azione sacra Italiano Literalmente, 'acción sacra'. Ópera de temática relixiosa do século XVII e principios do XVIII. Representadas na corte de Viena. L'humanità redenta (Draghi, 1669) Draghi, Bertali, Pietro Andrea Ziani, Giovanni Battista Pederzuoli, Cesti [4]
Azione sepolcrale Italiano Nome alternativo para 'azione sacra' [4]
Azione scenica Italiano Nome alternativo para 'azione teatrale' Al gran sole carico d'amore (1975) [4]
Azione teatrale (plural azioni teatrali) Italiano Ópera ou peza musical a pequena escala dun acto. Forma temperá da ópera de cámara]]. Foi popular a finais do século XVII e o século XVIII. (Véxase tamén festa teatrale, un xénero similar mais a maior escala) Le cinesi (1754), Il sogno di Scipione (1772), L'isola disabitata (1779) Bonno, Gluck, Mozart, Haydn [4]
Ballad opera Inglés Entretemento orixinario do Londres do século XVIII como reacción fronte á ópera italiana. Exemplos temperáns empregaban baladas populares xa existentes con letras extraídas de textos satíricos. Foi tamén popular en Dublín e América. Influenciou ao Singspiel alemán, e á ópera do século XX. The Beggar's Opera (1728) Love in a Village (1762), Hugh the Drover (1924), The Threepenny Opera (1928) Pepusch, Coffey, Arne, Weill [4]
Ballet héroïque Francés Literalmente 'ballet heroico'. Tipo de opéra ballet con temática heroica e exótica da primeira metade do século XVIII. Les festes grecques et romaines (Colin de Blamont, 1723) Zaïde, reine de Grenade (1739), Les fêtes de Paphos (1758) Royer, Mondonville, Mion [4]
Bühnenfestspiel Alemán Literalmente, 'obras para o escenario do festival'. Foi a descrición de Wagner para as catro óperas da tetraloxía Der Ring des Nibelungen Wagner [4]
Bühnenweih­festspiel Alemán Literalmente, 'ritual escénico sacro'. Descrición de Wagner para Parsifal Wagner [4]
Burla Italiano nome alternativo para burletta [4]
Burletta Italiano Literalmente, 'pequena broma'. Termo informal para pezas cómicas no século XVIII. Empregado en Inglaterra para Informal term for comic pieces in the 18th century. Used in England for intermezzos e obras pequenas e satíricas. The Recruiting Serjeant (1770) Dibdin [4]
Burletta per musica Italiano Nome alternativo para burletta Il vero originale (Mayr 1808)
Burlettina Italiano Nome alternativo para burletta [4]
Characterposse Alemán Forma especializada de Posse mit Gesang concentrada nas personalidades. [4]
Comédie en vaudeville Francés Entretemento no Théâtre de la foire de finais do século XVII, mestura cancións vaudeville populares con comedia. No século XVIII, desnvolveuse na opéra comique, e influenciou directamente á ballad opera inglesa e indirectamente ao Singspiel alemán.
Comédie lyrique Francés Literalmente, 'comedia lírica'. Descrición empregada por Rameau no século XVIII. Nome alternativo para a opéra lyrique no século XIX. Platée (1745), Les Paladins (1760) Rameau [5]
Comédie mêlée d'ariettes Francés Literalmente, 'comedia mesturada con pequenas arias'. Unha forma temperá da opéra comique francesa de mediados do século XVIII. La rencontre imprévue (1764), Tom Jones (1765), Le déserteur (1769), Zémire et Azor (1771), Le congrès des rois (Cherubini et al., 1794) Gluck, Grétry
Commedia Italiano Abreviatura de commedia in musica. Il barbiere di Siviglia (1816)
Commedia in musica Italiano Nome alternativo para opera buffa [6]
Commedia per musica Italiano Nome alternativo para opera buffa La pastorella nobile (1788) [6]
Componimento da camera Italiano Nome alternativo para azione teatrale [4]
Componimento drammatico Italiano Nome alternativo para azione teatrale [4]
Componimento pastorale Italiano Nome alternativo para azione teatrale La danza (Gluck, 1755) Gluck [4]
Conte lyrique Francés Nome alternativo para opéra lyrique Grisélidis (Massenet, 1901) [4]
Divertimento giocoso Italiano Nome alternativo para opera buffa [6]
Dramatic (ou dramatick) opera Inglés Nome alternativo para semi-opera
Drame forain Francés Nome alternativo para Comédie en vaudeville [4]
Drame lyrique Francés Literalmente, 'drama lírico'. (1) Termo empregado no século XVIII. (2) Reinventado a finais do século XIX e principios do XX para describir a ópera que desenvolveu a partir da opéra comique, influenciada por Massenet. Echo et Narcisse (1779), La marquise de Brinvilliers (1831), Werther (1892), Briséïs (1897), Messidor (1897) Gluck, Chabrier, Bruneau, Erlanger [4]
Dramma bernesco Italian Nome alternativo para opera buffa [6]
Dramma comico Italiano Nome alternativo para opera buffa a finais do século XVIII e principios do XIX. Tamén empregado para o xénero que o substituíu a mediados do século XIX, coa eliminación dos recitativos. [6]
Dramma comico per musica Italiano Nome alternativo para dramma comico
Dramma di sentimento Italiano Nome alternativo para opera semiseria [4]
Dramma eroicomico Italiano Literalmente 'drama heroico-cómico'. Opera buffa con certo contido heroico de finais do século XVIII. Orlando paladino (1782), Palmira, regina di Persia (1795) Haydn, Salieri [4]
Dramma giocoso (plural drammi giocosi) Italiano Literalmente, 'drama xocoso'. Forma de mediados do século XVIII que se desenvolveu a partir da opera buffa, caracterizado pola adición de papeis e situacións serios e mesmo tráxicos, á parte cómica. (Efectivamente un subxénero de opera buffa no século XVIII.) [7] La scuola de' gelosi (1778), La vera costanza (1779), Il viaggio a Reims (1825), Haydn, Mozart, Salieri, Sarti, Rossini, Donizetti [4]
Dramma giocoso per musica Italiano Termo completo para dramma giocoso
Dramma pastorale Italiano Literalmente, 'drama pastoral'. Empregado para algunhas das primeiras óperas ata o século XVIII. Eumelio (Agazzari, 1606), La fede riconosciuta (A Scarlatti, 1710) A Scarlatti, Sarti [4]
Dramma per musica (plural drammi per musica) Italiano Literalmente, 'drama para música', ou 'peza destinada a ser musicada' (ou sexa, un libreto). Posteriormente converteuse en de opera seria; no século XIX, empregouse ás veces para referirse á opera seria. Erismena (1656), Tito Manlio (1719), Paride ed Elena (1770), Idomeneo (1781), Rossini's Otello (1816) A Scarlatti, Cavalli, Vivaldi, Sarti, Gluck, Mozart [4]
Dramma semiserio Italiano Nome alternativo para opera semiseria Torvaldo e Dorliska (1815)
Dramma tragicomico Italiano Nome alternativo para opera semiseria. Axur, re d'Ormus (1787) [4]
Entr'acte Francés Nome en francés para intermezzo [4]
Episode lyrique Francés Nome alternativo para opéra lyrique [4]
Fait historique Francés Finais do século XVIII e século XIX. Opéra ou opéra comique baseada na historia de Francia, especialmente popular durante a Revolución francesa. L'incendie du Havre (1786) Joseph Barra (Grétry 1794), Le pont de Lody (Méhul 1797), Milton (1804) Grétry, Méhul, Spontini [4][8]
Farsa (plural farse) Italiano Forma de ópera nun acto, ás veces con danza, asociada a Venecia, especialmente ao Teatro San Moisè, a finais do século XVIII e principios do XIX. La cambiale di matrimonio (1810), L'inganno felice (1812), La scala di seta (1812), Il signor Bruschino (1813), Adina (1818) Rossini [9]
Farsetta Italiano Nome alternativo para farsa [9]
Feenmärchen Alemán Nome alternativo para Märchenoper [10]
Festa teatrale Italiano Unha versión máis grandiosa da azione teatrale. Unha ópera como parte dunha celebración na corte (un matrimonio etc.) Típicamente asociada a Viena. Il pomo d'oro (Cesti, 1668) Draghi, Fux, Caldara [4]
Geistliche Oper Alemán Literalmente, 'ópera sacra'. Xénero inventado polo compositor ruso Anton Rubinstein para as súas óperas e oratorios en lingua alemá. Das verlorene Paradies (Rubinstein, 1856) Der Thurm zu Babel (1870), Sulamith (1883), Moses (1894) Christus (Rubinstein, 1895) Rubinstein [11]
Género chico Castelán Literalmente, 'xénero pequeno'. Un tipo de zarzuela que se diferenzia da zarzuela grande pola súa brevidade e carácter popular. Ruperto Chapí
Género grande Castelán Nome alternativo para zarzuela grande
Grand opéra Francés Xénero do século XIX, xeralmente con 4 ou 5 actos, para grandes elencos e orquestras, e unha escena espectacular, normalmente baseada nun tema histórico. Particularmente asociada coa Paris Opéra (1820s to c. 1850), mais escribíronse obras similares noutros países. La muette de Portici (1828) Robert le diable (1831), La Juive (1835), Les Huguenots (1836) Patrie! (Paladilhe, 1886) Meyerbeer, Halévy, Verdi
Handlung Alemán Literalmente 'acción' ou 'drama'. Descrición de Wagner para Tristan und Isolde. Wagner
Intermezzo Italiano ntervalo cómico inserido entre actos de opere serie a principios do século XVIII, polo xeral involucran slapstick, disfraces etc. Espallouse por toda Europa na década de 1730 e antecedeu á Opera buffa. Frappolone e Florinetta (Gasparini?, 1706) La serva padrona (1733) Pergolesi, Hasse [12]
Liederspiel Alemán Literalmente 'obra cantada'. Xénero de principios do século XIX no que un texto preexistente, xeralmente moi coñecido, era adaptado a nova música e se lle inserían partes faladas. Lieb' und Treue (Reichardt, 1800) Kunst und Liebe (Reichardt, 1807) Reichardt Lindpaintner [13]
Lokalposse Alemán Forma especializada de Posse mit Gesang concentrada en temas da vida cotiá, asociada co dramaturgo Karl von Marinelli. [4]
Märchenoper Alemán 'Ópera de conto de fadas', un xénero operístico do século XIX xeralmente cun tema sobrenatural. Similar ao Zauberoper. Hänsel und Gretel (1893) Humperdinck, Siegfried Wagner [10]
Märchenspiel Alemán Nome alternativo para Märchenoper [10]
Melodramma Italiano Século XIX. Termo xeral para denominar á ópera en lugar dos xéneros máis específicos. [14]
Melodramma serio Italiano Nome alternativo para opera seria
Musikdrama Alemán Termo asociado ás últimas óperas de Wagner mais repudiado por el.[15] Nevertheless widely used by post-Wagnerian composers. Tiefland (1903), Salome (1905), Der Golem (d'Albert 1926) d'Albert, Richard Strauss [4][15]
Opéra Francés Refírese a obras individuais: 1. Século XVIII. Ocasionalmente usado para óperas fóra dos xéneros estándar e específicos. 2. Séculos XIX e XX: unha opéra é un "obra lírica en francés representada no escenario e cantada en tódalas súas partes".[16] en contraste cunha opéra comique que mestura o canto con diálogos falados. A opéra (que incluía a grand opéra), foi asociada á Paris Opéra (a Opéra). Tamén empregado para algunhas obras cun ton máis serio naOpéra-Comique. Naïs (1749), Fernand Cortez (1809), Moïse et Pharaon (1827), Les vêpres siciliennes (1855), Roméo et Juliette (1867) Grétry, Spontini, Rossini, Verdi, Gounod [16]
Opéra-ballet Francés Xénero con máis danza que a tragédie en musique. Xeralmente cun prólogo e diversos actos semi-independentes (chamados entrées), seguindo un tema. L'Europe galante (1697) Les élémens (1721), Les Indes galantes (1735), Les fêtes d'Hébé (1739) Destouches, Rameau [4]
Opera ballo Italiano Grand opéra italiana do século XIX. Il Guarany (1870), Aida (1871), La Gioconda (1876) Gomes, Verdi, Ponchielli [17]
Ópera buffa (plural, opere buffe) Italiano Xénero maior de ópera cómica dos séculos XVIII e XIX. Orixinaria de Nápoles (especialmente no Teatro dei Fiorentini), a súa popularidade expandiuse durante a década de 1730, especialmente en Venecia, onde o desenvolvemento foi influenciado polo dramaturgo/ligretista Goldoni. Típicamente en tres actos, ao contrario que o intermezzo. Contrasta no seu estilo, argumento e o uso de variantes dialectais en oposición ás variedades máis formais como a opera seria aristocrática. La Cilla (Michelangelo Faggioli, 1706) Li zite 'ngalera (1722), Il filosofo di campagna (Galuppi, 1754), La buona figliuola (1760), Le nozze di Figaro (1786), Il barbiere di Siviglia (1816), Don Pasquale (1843) Crispino e la comare (1850) Vinci, Galuppi, Duni, Piccinni, Sacchini, Salieri, Mozart, Rossini [6]
Opéra bouffe (plural, opéras bouffes) Francés Xénero cómico de opérette que inclúe sátira, parodia e farsa. Fortemente asociada con Offenbach e o Théâtre des Bouffes-Parisiens, onde se produciron a maioría delas. Orphée aux enfers (1858) La belle Hélène (1864), La Grande-Duchesse de Gérolstein (1867), La Périchole (1868) Les mamelles de Tirésias (1947) Offenbach, Hervé, Lecocq [18]
Opéra bouffon Francés Opera buffa como era representada no século XVIII en Francia, tanto na súa lingua orixinal como en traducións. (Ás veces confundida coa opéra comique.) Le roi Théodore à Venise (Paisiello, 1786) [19]
Opéra comique (plural, opéras comiques) Francés Literalmente, 'ópera cómica'. Xénero que inclúe arias, cunha certa cantidade de diálogo falado (e ás veces recitativos). Fortemente asociado coas obras escritas para a Opéra-Comique de París. Os temas obordados eran serios e tráxicos, así como lixeiros. A súa tradición desenvolveuse a partir das comédies en vaudevilles do século XVIII e durou ata o século XX con numerosos trocos no estilo. Télémaque (Jean-Claude Gillier, 1715) Les troqueurs (1753), La dame blanche (1825), Carmen (1875), Lakmé (1883) Philidor, Monsigny, Grétry, Boieldieu, Auber, [4]
Opéra comique en vaudeville Francés Nome alternativo para comédie en vaudeville
Opéra féerie (plural, opéras féeries) Francés Xénero dos séculos XVIII e XIX de obras baseadas en contos de fadas, frecuentemente con máxia. Zémire et Azor (1771), Cendrillon (1810), La belle au bois dormant (1825) Carafa, Isouard [20]
Opéra lyrique Francés Literalmente, 'ópera lírica'. Xénero de finais do século XVIII e XIX, menos grandiosa que a grand opéra, mais sen o diálogo falado da opéra comique. (Termo aplicado máis ao xénero que ás obras individuais) Gounod, Ambroise Thomas, Massenet [4]
Ópera semiseria Italiano Literalmente, 'ópera semiseria'. Xénero de principios e mediados do século XIX que empregaba comedia, mais tamén, ao contrario que a opera buffa, pathos, frecuentemente cunha ambientación pastoral. Típicamente inclúe un papel de baixo buffo. Camilla (Paer, 1799) La gazza ladra (1817), Linda di Chamounix (1842) Violetta (Mercadante, 1853) Paer, Rossini, Donizetti [21]
Ópera seria (plural, opere serie) Italiano Literalmente, 'ópera seria'. Estilo dominante da ópera do século XVIII, non só en Italia senón en toda Europa (excepto en Francia). As obras rigurosamente formais empregan textos, principalmente baseados na historia antiga, escritos por poetas/libretistas como Metastasio. Eran patrocinadas pola corte e a nobreza. Os seus principais cantantes eran os castrati. Griselda (1721), Cleofide (Hasse, 1731), Ariodante (1735), Alceste (1767), La clemenza di Tito (1791) Alessandro Scarlatti, Vivaldi, Hasse, Handel, Gluck, Mozart [4][22]
Opéra-tragédie Francés Nome alternativo para tragédie en musique [23]
Operetta Inglés (do Italiano) Literalmente, 'pequena ópera'. Derivada das versións inglesas de opéra bouffe de Offenbach representadas en Londres nos anos 1860. Algunhas das primeiras operettas en inglés foron escritas por Frederic Clay e Sullivan. (W. S. Gilbert e Sullivan quixeron distinguir o seu traballo conxunto da operetta continental e posteriormente chamadas 'comic operas' ou Savoy operas). Cox and Box (1866) Princess Toto (1876), Rip Van Winkle (1882), Naughty Marietta (1910), Monsieur Beaucaire (1919), The Student Prince (1924), The Vagabond King (1925) Candide (1956) Sullivan, Herbert, Romberg, Friml, Leonard Bernstein [24]
Opérette (plural, opérettes) Francés Operetta francesa. Xénero orixinal de ópera lixeira (tanto pola música como polo tema) que xurdiu da opéra comique francesa a mediados do século XIX. Asociada co estilo do Segundo Imperio coas obras de Offenbach, aínda que os seus exemplos máis coñecidos son designados subxenéricamente como opéras bouffes. L'ours et le pacha (Hervé, 1842) Madame Papillon (Offenbach, 1855), Les mousquetaires au couvent (1880), Les p'tites Michu (1897), Ciboulette (1923) Hervé, Offenbach, Varney, Messager, Hahn [24]
Opérette bouffe Francés Subxénero de opérette francesa. La bonne d'enfant (1856), M. Choufleuri restera chez lui le . . . (1861) Offenbach [24]
Opérette vaudeville (ou vaudeville opérette) Francés Subxénero de opérette francesa. L'ours et le pacha (Hervé, 1842) Mam'zelle Nitouche (1883) Hervé, Victor Roger [24]
Operette (plural, operetten) Alemán Operetta alemá. Xénero popular vienés durante os séculos XIX e XX, creado baixo a influencia de Offenbach e espallado a Berlín, Budapest, e outras cidades do leste de Europa. Das Pensionat (Suppé, 1860) Die Fledermaus (1874), The Merry Widow (1905), Das Land des Lächelns (1929) Frühjahrsparade (Robert Stolz, 1964) Johann Strauss II, Lehár, Oscar Straus [24]
Pasticcio Italiano Literalmente 'pastel' ou torta. Unha adaptación ou localización dunha obra preexistente que non é fiel, é desautorizada ou non é auténtica. Tamén empregado para unha obra única por un número de diferentes compositores, particularmente a principios do século XVIII en Londres. Thomyris (Pepusch, Bononcini, Scarlatti, Gasparini, Albinoni, 1707) Muzio Scevola (1721), Ivanhoé (1826) Handel, Vivaldi [4]
Pièce lyrique Francés Nome alternativo para opéra lyrique [4]
Pastorale héroïque Francés Tipo de ballet héroïque (opéra-ballet). Usualmente en tres actoc cun prólogo alegórico, abordando típicamente temas cásicos asociados coa poesía pastoral. Acis et Galatée (1686) Issé (1697), Zaïs (1748), Naïs (1749) Lully, Rameau [25]
Posse Alemán Nome alternativo para Posse mit Gesang [4]
Posse mit Gesang (plural Possen mit Gesang) Alemán Literalmente, 'farsa con canto'. Entretemento popular de finais do século XVIII e principios XIX, asociada a Viena, Berlín e Hamburg. Similar ao Singspiel, mais con máis acción e menos música. Reinventedo a principios do século XX por Walter Kollo e outros. Der Alpenkönig und der Menschenfeind (Raimund, 1828), Filmzauber (1912) Kreutzer, Müller, Schubert, Walter Kollo [4]
Possenspiel Alemán Nome alternativo para Posse mit Gesang [4]
Possenspil Alemán Nome alternativo para Posse mit Gesang [4]
Radio opera Inglés Obras escritas especificamente para a radio. The Red Pen (1925) The Willow Tree (Cadman, 1932), Die schwarze Spinne (Sutermeister, 1936), Comedy on the Bridge (1937), The Old Maid and the Thief (1939), Il prigioniero (1949), I due timidi (1950) Martinů, Sutermeister, Menotti, Dallapiccola, Rota [26]
Rappresentazione sacra Italiano Nome alternativo para sacra [27]
Rescue opera Francés Xénero de transición de principios do século XIX entre a opéra comique, Romantic opera e a grand opera, co rescate como carácter principal. Les rigueurs du cloître (Henri Montan Berton, 1790) ou Lodoïska (1791); some antecedents whose inclusion in the genre is debated Fidelio, Lodoïska, Les deux journées Dalibor (1868) Cherubini, Dalayrac, Le Sueur [4]
Romantische Oper Alemán Xénero alemán do século XIX derivado das antigas opéras comiques francesas, tratan temas 'alemáns' de natureza, sobrenatural, folclore etc. O diálogo falado, orixinalmente incluído con números musicais, foi eventualmente eliminado nas obras de Richard Wagner. Der Freischütz (1821) Hans Heiling (1833), Undine (1845), Tannhäuser (1845) Lohengrin (1850) Weber, Marschner, Lortzing, Wagner [4]
Sainete Castelán Literalmente, 'farsa'. Xénero de ópera cómica dos séculos XVII e XVIII similar ao intermezzo italiano, representado xunto con obras máis longas. Foi moi popular en Madrid a finais do século XVIII. Durante o século XIX, o sainete foi finónimo de género chico. Il mago (1632) Pablo Esteve, Soler, Antonio Rosales [4][28]
Sainetillo Castelán Diminutivo de sainete [28]
Savoy opera Inglés Forma de operetta do século XIX[29] (ás veces referida como unha forma de 'comic opera' para distinguir o xénero inglés da forma continental) comprende as obras de Gilbert and Sullivan e outras obras de 1877 a 1903 que se representaron na Opéra Comique e logo no Savoy Theatre de Londres. Estes influíron no ascenso do musical. Trial by Jury (1875) H.M.S. Pinafore (1878), The Pirates of Penzance (1880), The Mikado (1885), The Gondoliers (1889), Merrie England (1902) A Princess of Kensington (1903) Sullivan, Solomon, German [29]
Saynète Francés Palabra francesa para sainete. Descrición empregada para un tipo particular de opérette no século XIX. La caravane de l'amour (Hervé, 1854), Le rêve d'une nuit d'été (Offenbach, 1855), Le valet de coeur (Planquette, 1875) Hervé, Offenbach, Planquette [28]
Schauspiel mit Gesang Alemán Literalmente, 'obra con canto'. Termo empregado por Goethe para os seus primeiros libretos, porén chamoulles Singspiele cando os revisou. Erwin und Elmire (Goethe 1775) Liebe nur beglückt (Reichardt, 1781), Die Teufels Mühle am Wienerberg (Müller 1799) [30]
Schuloper Alemán Literalmente, 'ópera escolar'. Creada a principios do século XX para ser representada por escolares. Der Jasager (1930), Wir bauen eine Stadt (Hindemith, 1930) Weill, Hindemith [31]
Semi-opera Inglés Forma temperá de ópera con canto, partes faladas e de danza. Foi popular entre 1673 e 1710. The Tempest (Betterton, 1674) Psyche (1675), King Arthur (1691), The Fairy-Queen (1692) Purcell [4]
Sepolcro Italiano Azione sacra co tema da paixón e crucifixión de Cristo. Draghi [27]
Serenata Italiano Pequena ópera representada na corte durante celebracións, similar á azione teatrale. (Tamén foi empregado para feferírse ás composicións musicais homónimas.) Acis and Galatea (1720), Il Parnaso confuso (Gluck 1765) Handel, Gluck [4]
Singspiel (plural Singspiele) Alemán Literalmente, 'obra cantada'. Foi un xénero popular entre os séculos XVIII e XIX, (aínda que o termo apareceu a principios do século XVI). Derivou orixinalmente da ballad opera inglesa, mais con influencias da opéra comique francesa. Contén diálogos falados combinados con ensembles, baladas con melodías con características populares e arias. Eran representados orixinalmente por compañías ambulantes. As tramas eran polo xeral cómicas ou románticas, e frecuentemente incluían maxia. Orixinou a 'rescue opera' e a romantische Oper alemá. Der Teufel ist los (Johann Georg Standfuss, 1752) Die verwandelten Weiber (1766), Die Jagd (1770), Die Entführung aus dem Serail (1782), Abu Hassan (1811) Hiller, Mozart, Weber [4][30]
Situationsposse Alemán Forma especializada de Posse mit Gesang concentrada en situacións sociais. [4]
Songspiel Alemán Literalmente, 'obra cantada'. Termo inventado por Kurt Weill para actualizar o concepto de Singspiel Mahagonny-Songspiel (1927) Kurt Weill [4]
Spieloper Alemán Literalmente, 'obra tocada'. Xénero de ópera lixeira, derivada do Singspiel e en menor escala da opéra comique, contendo diálogos falados. O Spieltenor e o Spielbass son tipos de voces especializadas asociadas ao xénero. Zar und Zimmermann (1837), The Merry Wives of Windsor (1849) Lortzing, Nicolai [4]
Syngespil Danés Forma local do Singspiel. Finais do século XVIII e século XIX. Soliman den Anden (Sarti, 1770), Holger Danske (1787), Høstgildet (Schulz, 1790) Sarti, Schulz, Kunzen [4]
Television opera Inglés Obras escritas especificamente para a televisión. Amahl and the Night Visitors (1951) The Marriage (1953), Owen Wingrave (1971), Man on the Moon (2006) Menotti, Martinů, Sutermeister, Britten [32]
Tonadilla Castelán Literalmente, 'pequena melodía'. Pequeno xénero satírico e do século XVIII, para un ou máis cantantes, desenvolvido a partir do sainete. Representado entre obras maiores. La mesonera y el arriero (Luis Misón, 1757) Antonio Guerrero, Misón, José Palomino [4]
Tragédie Francés Nome alternativo para tragédie en musique [23]
Tragédie en musique Francés Xénero lírico dos séculos XVII e XVIII con temas da mitoloxía clásica e dos épicos italianos de Tasso e Ariosto, non necesariamente con feitos tráxicos. Xeralmente en 5 actos, ás veces cun prólogo. As árias pequenas (petits airs) contrastan co diálogo en recitativo, con seccións corais e de danza. Cadmus et Hermione (1673) Médée (1693), Scylla et Glaucus (1746) Lully, Marais, Montéclair, Campra, Rameau [4][23]
Tragédie lyrique Francés Nome alternativo para tragédie en musique [23]
Tragédie mise en musique Francés Nome alternativo para tragédie en musique [23]
Tragédie-opéra Francés Nome alternativo para tragédie en musique [23]
Verismo Italiano Movemento operístico de finais do século XIX e principios do XX inspirado polo realismo e naturalismo literario, e asociado co postromanticismo italiano. Cavalleria rusticana (1890) Pagliacci (1892), Tosca (1900) Mascagni, Leoncavallo, Puccini, Giordano [4]
Volksmärchen Alemán Nome alternativo para Märchenoper. Das Donauweibchen (Kauer 1798) [10]
Zarzuela Castelán Forma que se remonta ao século XVII e que permanece ata a actualidade, este xénero inclúe tanto partes cantadas como diálogos falados, así como danza. Creáronse tradicións locais tamén en Cuba e Filipinas. La selva sin amor (Lope de Vega, 1627) Doña Francisquita (1923), La dolorosa (1930), Luisa Fernanda (1932) Hidalgo, Barbieri [4]
Zauberoper Alemán Literalmente, 'ópera máxica'. Xénero dos séculos XVIII e XIX particularmente asociado a Viena. Obras máis pesadas e formais que a Zauberposse, mais tamén con diálogos falados. Oberon, König der Elfen (Wranitzky, 1789) Die Zauberflöte (1791), Das Donauweibchen, (Kauer, 1798) Kauer, Müller, Schubert [4]
Zauberposse Alemán Forma especializada de Posse mit Gesang concentrada na maxia. Der Barometermacher auf der Zauberinsel (Müller 1823) Müller [4]
Zeitoper (plural Zeitopern) Alemán Literalmente, 'ópera dos tempos'. Xénero dos anos 1920 e principios dos anos 1930, empregando personaxes e temáticas contemporáneas, e incluíndo referencias ás tecnoloxías modernas e á música popular. Jonny spielt auf (1927), Neues vom Tage (1929) Krenek, Weill, Hindemith [33]
Zwischenspiel Alemán Nome alemán para intermezzo Pimpinone (1725) [4]
  1. Por exemplo, Don Giovanni é frecuentemente clasificada como dramma giocoso e como ópera buffa, porén Mozart denominouna ópera buffa.
  2. McClymonds, Marita P and Heartz, Daniel: "Opera seria" in The New Grove Dictionary of Opera, ed. Stanley Sadie (London, 1992) ISBN 0-333-73432-7
  3. "Un nome xeral para unha ópera na que o sentimento predominante é un de comedia." The Oxford Dictionary of Opera, por John Warrack e Ewan West (1992), 782 páxs, ISBN 0-19-869164-5
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 4,15 4,16 4,17 4,18 4,19 4,20 4,21 4,22 4,23 4,24 4,25 4,26 4,27 4,28 4,29 4,30 4,31 4,32 4,33 4,34 4,35 4,36 4,37 4,38 4,39 4,40 4,41 4,42 4,43 4,44 4,45 4,46 4,47 4,48 4,49 4,50 4,51 4,52 4,53 4,54 4,55 4,56 4,57 4,58 Warrack, John and West, Ewan (1992), The Oxford Dictionary of Opera, 782 páxs, ISBN 0-19-869164-5
  5. Sadler, Graham: Rameau, Jean-Philippe in 'The New Grove Dictionary of Opera', ed. Stanley Sadie (London, 1992) ISBN 0-333-73432-7
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Weiss, Piero and Budden, Julian (1992): Opera buffa en 'The New Grove Dictionary of Opera', ed. Stanley Sadie (London) ISBN 0-333-73432-7
  7. Mozart's Don Giovanni, un típico dramma giocoso, foi chamado opera buffa.
  8. Bartlet, M Elizabeth C: Fait historique en 'The New Grove Dictionary of Opera', ed. Stanley Sadie (London, 1992) ISBN 0-333-73432-7
  9. 9,0 9,1 Bryant, David (1992): Farsa in 'The New Grove Dictionary of Opera', ed. Stanley Sadie (London) ISBN 0-333-73432-7
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 Millington, Barry: Märchenoper en 'The New Grove Dictionary of Opera', ed. Stanley Sadie (London, 1992) ISBN 0-333-73432-7
  11. Taruskin, Richard: Sacred opera in 'The New Grove Dictionary of Opera', ed. Stanley Sadie (London, 1992) ISBN 0-333-73432-7
  12. Troy, Charles E and Weiss, Piero (1992), 'Intermezzo' in The New Grove Dictionary of Opera, ed. Stanley Sadie (London) ISBN 0-333-73432-7
  13. Branscombe, Peter (1992), 'Liederspiel' en The New Grove Dictionary of Opera, ed. Stanley Sadie (London) ISBN 0-333-73432-7
  14. Budden, Julian: Melodramma en 'The New Grove Dictionary of Opera', ed. Stanley Sadie (London, 1992) ISBN 0-333-73432-7
  15. 15,0 15,1 Millington, Barry: Music drama en 'The New Grove Dictionary of Opera', ed. Stanley Sadie (London, 1992) ISBN 0-333-73432-7
  16. 16,0 16,1 Bartlet, M Elizabeth C: Opéra en 'The New Grove Dictionary of Opera', ed. Stanley Sadie (London, 1992) ISBN 0-333-73432-7
  17. Sadie, Stanley (ed) (1992), 'Opera ballo' en The New Grove Dictionary of Opera, ed. Stanley Sadie (London) ISBN 0-333-73432-7
  18. Bartlet, M Elizabeth C: Opéra bouffe en 'The New Grove Dictionary of Opera', ed. Stanley Sadie (London, 1992) ISBN 0-333-73432-7
  19. Bartlet, M Elizabeth C: Opéra bouffon en 'The New Grove Dictionary of Opera', ed. Stanley Sadie (London, 1992) ISBN 0-333-73432-7
  20. Bartlet, M Elizabeth C: Opéra féerie en 'The New Grove Dictionary of Opera', ed. Stanley Sadie (London, 1992) ISBN 0-333-73432-7
  21. Budden, Julian: Opera semiseria en 'The New Grove Dictionary of Opera', ed. Stanley Sadie (London, 1992) ISBN 0-333-73432-7
  22. McClymonds, Marita P and Heartz, Daniel: Opera seria en 'The New Grove Dictionary of Opera', ed. Stanley Sadie (London, 1992) ISBN 0-333-73432-7
  23. 23,0 23,1 23,2 23,3 23,4 23,5 Sadler, Graham (1992), 'Tragédie en musique' en The New Grove Dictionary of Opera, ed. Stanley Sadie (London) ISBN 0-333-73432-7
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 24,4 Lamb, Andrew (1992), 'Operetta' en The New Grove Dictionary of Opera, ed. Stanley Sadie (London) ISBN 0-333-73432-7
  25. Sadie, Stanley ed. (1992), 'Pastorale-héroïque' en The New Grove Dictionary of Opera, ISBN 0-333-73432-7
  26. Salter, Lionel (1992), 'Radio' en The New Grove Dictionary of Opera, ed. Stanley Sadie (London) ISBN 0-333-73432-7
  27. 27,0 27,1 Smither, Howard E (1992), 'Sepolcro' en The New Grove Dictionary of Opera, ed. Stanley Sadie (London) ISBN 0-333-73432-7
  28. 28,0 28,1 28,2 Alier, Roger (1992), 'Sainete' en The New Grove Dictionary of Opera, ed. Stanley Sadie (London) ISBN 0-333-73432-7
  29. 29,0 29,1 Kennedy, Michael (2006), The Oxford Dictionary of Music, 985 páxs, ISBN 0-19-861459-4
  30. 30,0 30,1 Bauman, Thomas (1992), 'Singspiel' en The New Grove Dictionary of Opera, ed. Stanley Sadie (London) ISBN 0-333-73432-7
  31. Kemp, Ian (1992), 'Schuloper' en The New Grove Dictionary of Opera, ed. Stanley Sadie (London) ISBN 0-333-73432-7
  32. Salter, Lionel (1992), 'Television' en The New Grove Dictionary of Opera, ed. Stanley Sadie (London) ISBN 0-333-73432-7
  33. Sadie, Stanley (ed) (1992), 'Zeitoper' en The New Grove Dictionary of Opera, ed. Stanley Sadie (London) ISBN 0-333-73432-7

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]