Lisa Phillips
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX |
Governors of Saint Helena, Ascension and Tristan da Cunha (en) | |
25 de abril de 2016 – 4 de maio de 2019 ← Mark Andrew Capes (pt) – Philip Rushbrook (en) → | |
Actividade | |
Ocupación | diplomática |
Premios | |
|
Lisa Kathleen Phillips é unha diplomática británica que traballou como Gobernadora de Santa Elena, Ascensión e Tristán de Acuña desde 2016 até 2019.[1][2] Tras 359 anos de dominación británica, Phillips converteuse na primeira muller no posto.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desde 1988 formou parte do programa británico de Axuda Oficial ao Desenvolvemento en Barbados, India, Sri Lanka e Indonesia. Desde 1996 traballou para o Departamento de Desenvolvemento Internacional (DFID) do goberno británico. Entre 2002 e 2004 foi xerente do Programa UNICEF e Mancomunidade de Nacións do Departamento de Nacións Unidas e Mancomunidade de Nacións.[1]
Logo retornou ao DFIF onde en 2006 foi designada titular do equipo de Políticas Migratorias e Invesitagción, en 2009 xefa de gabinete da Dirección de Políticas e Investigación e en 2011 xefa do Departamento de Gobernabilidade e Estados Fráxiles.[1] En 2013 foi designada como xefa da oficina do DFID en Kenya, onde traballou até 2016.[4]
Foi nomeada Comendadora da Orde do Imperio Británico nas honras dos aniversarios da raíña Isabel II de 2016 polos seus servizos de axuda internacional.[5]
En canto á súa vida persoal, ten un fillo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Foreign & Commonwealth Office - Change of Her Majesty's Governor of St Helena". Consultado o 23 de xaneiro de 2016.
- ↑ LISA PHILLIPS SWORN IN AS GOVERNOR OF ST HELENA, ASCENSION ISLAND AND TRISTAN DA CUNHA. St Helena Government, 25 de abril de 2016.
- ↑ "St Helena gets first female governor – after 359 years. The St Helena Independent, 22 de xaneiro de 2016." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xaneiro de 2016. Consultado o 5 de febreiro de 2017.
- ↑ "NEW GOVERNOR ANNOUNCED". St Helena Government.
- ↑ The London Gazette: (Supplement) no. 61608. p. B9. 11 de xuño de 2016.