Lingua paraujano
Paraujano | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Añun | |
Falado en: | Venezuela | |
Rexións: | Zulia | |
Total de falantes: | 1[1] (2011)[2] | |
Familia: | Americana Arauaco Setentrional Ta-arauacas Paraujano | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | pbg
| |
Mapa | ||
Mapa das linguas arauacas. O paraujano (añu) xunto a Zulia. | ||
Status | ||
O paraujano ou añũ é un lingua arauaca falada polo pobo paraujano de Venezuela, que viven xunto ao lago de Maracaibo no estado de Zulia, no noroeste de Venezuela.[4]
Os paraujanos chámanse a si mesmos "anu͂" ou "anu͂n" (que quere dicir "ser humano").[5] O termo paraujano é máis empregado na literatura etnográfica e recibírono dos seus veciños os wayuu. É unha combinación de palaa que quere dicir ‘mar’, e anu͂ literalmente ‘xente do mar’, ou pescadores. Os paraujanos viven en palafitas e son hábiles na pesca e na navegación. Segundo o censo de 2011, máis de 21.000 persoas se identifican como paraujanos.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]O paraujano é unha lingua arauaca setentrional. Está estreitamente relacionada co wayuu, aínda que son linguas distintas. Segundo a análise lexicoestatística realizada por Oliver (1989), as dúas linguas debían diverxeron arredor do ano 900.[2]
Léxico
[editar | editar a fonte]O paraujano incorporou algunhas palabras do castelán no seu vocabulario. Das oitenta e nove palabras en paraujano na lista Swadesh, seis son préstamos do castelán.[2]
Estado da lingua
[editar | editar a fonte]O paraujano atópase en grave perigo de desaparición[6] e roza a extinción.[4] A rexión de Maracaibo comezou a transformarse nun centro industrial moi poboado a comezos dos anos 1900, xa que se extraía petróleo do lago de Maracaibo. A medida que os paraujanos se mesturaron coas persoas que chegaban á rexión, a súa lingua foi difundida e falada por algúns dos chegados. Porén, na década de 1970 só quedaban trece falantes. No ano 2014 quedaba un só falante fluído, un mozo de trinta anos chamado Yofri Márquez, que aprendeu a lingua da súa avoa. Hai algúns falantes parciais, a maioría dos cales son persoas maiores. Os esforzos de revitalización inclúen a instrución de paraujano en seis escolas primarias rexionais e o estabelecemento de varias organizacións culturais.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Sabogal, Andrés Mauricio. "The revival of Añunnükü or Paraujano language". Proceedings of the High Desert Linguists Society 10.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Oliver, José R. (1989). The Archaeological, Linguistic and Ethnohistorical Evidence for the Expansion of Arawakan into Northwestern Venezuela and Northeastern Colombia. Urbana, Illinois.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 Lewis, M. Paul; Simons, Gary F.; Fennig, Charles D. (eds.). "Paraujano". Ethnologue: Languages of the World (Dallas, Texas: SIL International). Eighteen. Arquivado dende o orixinal o 2021-12-14. Consultado o 2016-05-04.
- ↑ Patte, Marie-France (2011). "Territory, Identity, and Language among the Añun people (Venezuela)". Ethnographic Contributions to the Study of Endangered Languages, University of Arizona: 77–90 – vía HAL archives-ouvertes.fr.
- ↑ "Paraujano". The Endangered Languages Project. The Alliance for Linguistic Diversity. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2022. Consultado o 4 de maio de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Taylor, D. (1960). On Consonantal Correspondences in Three Arawakan Languages. International Journal of American Linguistics, 26(3), 244-252.
- Taylor, D. (1957). A Note on some Arawakan Words for Man, etc. International Journal of American Linguistics, 23(1), 46-48.
- VENEZUELA: Maracuchos: People of the Maracaibo Lowlands. (1999). Peoples of the Americas, (10), 570-572.
- Wilbert, J. (1996). Paraujano. In Encyclopedia of World Cultures. (Vol. 7, pp. 267–268). Macmillan Reference USA.