Saltar ao contido

Lingua hidatsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hidatsa
hiraaciré’
Falado en: Estados Unidos de América Estados Unidos
Rexións: Dacota do Norte, Montana e Dacota do Sur
Total de falantes: 200 e minguando (2007)[1]
Familia: Síux
 Síux occidental
  Síux do val do Missouri
   Hidatsa
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: hid
Mapa
Status

O hidatsa está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua hidatsa[3] é unha lingua síux do val do Missouri falada polo pobo hidatsa, que habita principalmente en Dacota do Norte e en Dacota do Sur. Está estreitamente relacionada coa lingua crow, e está seriamente ameazada pola perda de falantes. Unha descrición da cultura hidatsa-mandan, incluíndo unha gramática e un vocabulario da lingua, foi publicada en 1877 por Washington Matthews, un doutor que viviu entre os hidatsa na reserva india de Fort Berthold.[4]

No presente, a lingua é obxecto de estudo na tradición da gramática xenerativa.[5]

  1. "Hidatsa en Ethnologue". Consultado o 5 de novembro de 2017. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Definición de hidatsa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  4. Matthews, Washington (1877). Ethnography and philology of the Hidatsa Indians. Government Printing Office. 
  5. Matthews, G.H. (1965). Hidatsa Syntax. Mouton.