Saltar ao contido

Leucodistrofia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leucodistrofia
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Leucodistrofia é un termo que abarca un grande grupo de doenzas xenéticas que teñen como resultado final a destrución da vaíña de mielina da substancia branca do sistema nervioso.[1] Clasifícanse dentro das doenzas desmielinizantes.

A vaíña de mielina é unha filme ou película que ten como función protexer os nervios, e sen ela o impulso nervioso é inviábel. Por tanto, as leucodistrofias afectan á condución nerviosa do sistema nervioso. Existen máis de 30 tipos de leucodistrofias e moitas delas son descubertas na actualidade.

As leucodistrofias adoitan manifestarse após un tempo de vida, aparentemente sen motivo. Por mor de afectaren ao sistema nervioso, os síntomas son moi variados, dende perda da visión, perda da audición, problemas coa deglutición e dificultade para camiñar.

Polo xeral, as leucodistrofias non dispoñen de tratamento curativo[2], agás nalgúns casos. O tratamento máis eficaz, até o de agora, é o transplante de medula ósea. Se houber doante compatíbel, é for posíbel, utilizar o sangue do cordón umbilical proporciona mellores resultados. En certos casos hai tratamentos de terapia xénica.[3]

Clasificación

[editar | editar a fonte]
  1. Sachdev, Perminder S.; Keshavan, Matcheri S. (2010-03-15). Secondary Schizophrenia. Cambridge University Press. pp. 241–. ISBN 978-0-521-85697-3. Consultado o 15 August 2011. 
  2. JJ Zarranz; Neuroloxía. Ed Esselvier, 4º edición. Capítulo 20: Doenzas desmielinizantes.
  3. Güell, Oriol (2022-07-26). "Sanidad negocia la adquisición del medicamento más caro del mundo: 2,47 millones por una única dosis". El País (en castelán). Consultado o 2022-07-26. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]