Lesma
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Lesma | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Especies diferentes de lesmas | |||||||
Clasificación científica | |||||||
|
A lesma, lamagacha, limacha ou limaco é un molusco gasterópodo pulmonado, sen cuncha aparente. En realidade, as lesmas posúen un resto de cuncha, interno, formado por unha fina lámina calcárea baixo o escudo ou manto.
A súa aparencia é pegañenta e viscosa. As lesmas teñen hábitos semellantes aos dos caracois, aínda que se atopan sempre en lugares húmidos. Ao careceren de cuncha externa son máis vulnerábeis ó desecamento. Son moi comúns en bosques, campos e xardíns.
Alimentación
[editar | editar a fonte]A alimentación das lesmas é variada. Prefiren as follas e outros tecidos vexetais, pero tamén poden alimentarse de restos animais. Aliméntanse de noite e poden tomar ao día unha cantidade de alimento equivalente á metade do seu peso.
Reprodución
[editar | editar a fonte]As lesmas son seres hermafroditas (un mesmo individuo presenta órganos sexuais femininos e masculinos) e caracterízanse polo feito de que, durante o seu desenvolvemento, a masa visceral sofre unha torsión, enrolándose sobre si mesma. Así, adoptan a forma espiral tan característica da cuncha dos caracois. Pon os ovos entre uns días e unhas semanas despois do acoplamento. Depositan unha cantidade comprendida entre 100 e 500 ovos nun burato.
A incubación ten unha duración variable, que depende das condicións climáticas, especialmente a temperatura. A 5 graos a incubación pode durar tres meses, mentres que a 20 graos dura tres semanas. Ao saír dos ovos apenas miden uns milímetros e o seu corpo é transparente. O período de vida depende das zonas e varía entre os 9 e os 18 meses.
Sinonimia
[editar | editar a fonte]Sendo lesma a forma máis estendida[1] e estandarizada nos dicionarios de referencia, coñécese tamén baixo numerosas denominacións locais e variantes.
Ademais, Martín Sarmiento recolleu "lesmea" e "lexma" dentro dunha lista de Nombres de sabandijas e insectos (en Catálogo de Voces y Frases de la Lengua Gallega, 1745), que non sabemos se se refiren a este mesmo animal. Tamén se recolle a forma castelá babosa[42].
A lesma na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]Os campesiños consideran as lesmas prexudiciais para o campo, e mátannas botándolles sal. Crese que, cando alguén se acerca a unha lesma, caga por ela[43].
Un tratamento contra as espullas consiste en unta-las mans coa baba dunha lesma viva branca, nunca negra. Despois, crávase un paíño na lesma e espétase no chan. Cando seca o animal, curan as espullas[44]. Tamén se usan para cura-los furunchos da xente e contra o erizo dos bois[45][46].
Adiviñas
[editar | editar a fonte]- Unha cousa cousiña,/ non ten óso nin osiña/ e pace coma unha marraquiña[47].
- Unha señora/ vestida de negro,/ tórnalle os cochos,/ que ós cans non ten medo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de gasterópodos de Galicia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Constantino García localízaa en Curtis, Toba Santa Comba, Compostela, Melide, Sober, O Grove e Verín.
- ↑ ERG: Rúa de Petín.
- ↑ CGG: Guntín, Pedrafita, O Incio.
- ↑ AO2: Córneas.
- ↑ ERG: Láncara.
- ↑ ERQ: no Bierzo occidental, Páramo de Neira e arredores de Lugo.
- ↑ CGG: Pantón.
- ↑ ERG s. v. lesmia: Llámase también CORTA, porque por donde pasa deja la hierba y las hojas como segadas o cortadas.
- ↑ CGG: Feás, Razo, Laxe.
- ↑ ERQ:Marín.
- ↑ AO2.
- ↑ CGG: Curtis; ERG; MVN, LCA.
- ↑ CGG: Laxe, Santaia, Compostela.
- ↑ ERG, MVN. Valladares engade que lamigocha de concha designa o caracol.
- ↑ ERG, LCA.
- ↑ CGG: Sober.
- ↑ CGG: Novefontes, Sober, O Grove.
- ↑ CGG: Ramirás, Xunqueira de Ambía, Montederramo, Verín; AO2: Viñoás.
- ↑ CGG: Codeseda.
- ↑ CGG: Porto (Zamora).
- ↑ CGG: A Gudiña, Vilardevós.
- ↑ CGG: Castrocaldelas.
- ↑ CGG: Compostela, A Gudiña; ERG, GAL, VLQ, JCP, XLF.
- ↑ CGG: Dumbría, Monterroso.
- ↑ CGG: Pantón, A Gudiña, A Mezquita.
- ↑ 26,0 26,1 26,2 VR.
- ↑ CGG: Goián.
- ↑ JPC.
- ↑ VCN, XER, GAL, ERG, AO2, MLP, VR.
- ↑ ERG, GAL, XER.
- ↑ CGG: Cedofeita; VCN, XER.
- ↑ ERG: Seoane.
- ↑ CGG: Novefontes; TdM:453; VR.
- ↑ CGG: Guntín; ERGa: Lemos.
- ↑ AF: de Navia a Tapia (Asturias).
- ↑ CGG: Ferreira do Valadouro; AO2: Guerdiz.
- ↑ CGG: Guitiriz, Friol.
- ↑ CGG: Guntín.
- ↑ CGG: Oirós.
- ↑ CGG: Caaveiro, Cabalar, Guitiriz; GAL; ERG:Parrochas.
- ↑ CGG: Melide; TdM:453; VR.
- ↑ CGG: Pantón, A Gudiña.
- ↑ LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo, Cambados 1986, 66.
- ↑ Lis Quibén 1980, p. 294.
- ↑ Risco 1947, p. 381.
- ↑ Risco non dá máis información que permita identificar a enfermidade dos bois pero co nome de "mal do orizo" desígnanse as chagas que se forman entre os pezuños por necrobacilose ou por cousa do gripo.
- ↑ GÁRFER, J.L. e FERNÁNDEZ, C.: Adivinancero popular gallego. Taurus Ediciones. Madrid 1984.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lesma |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- (AF) Acevedo Huelves, Bernardo; Fernández Fernández, Marcelino (1932). Vocabulario del Bable en Occidente. Madrid: Centro de Estudios Históricos.
- (LCA) Carré Alvarellos, Leandro (1928-1931). Diccionario galego-castelán. A Coruña.
- (JPC) Cuveiro Piñol, J. (1876). Diccionario gallego. Barcelona: Establecimiento tipográfico de N. Ramírez y Cª.
- (CGG) García González, Constantino (1985). Glosario de voces galegas de hoxe. Verba, anexo 27. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
- (MLP) Leiras Pulpeiro, M. (1970). Obra completa. Vigo: Galaxia.
- (VLQ) Lis Quibén, Víctor (1980 [1949]). La medicina popular en Galicia. Madrid: Akal.
- (XLF) Lorenzo Fernández, Joaquín (1948). "Notas lingüísticas gallegas". Revista de Dialectología y Tradiciones Populares IV: 79–93.
- (GAL) Monteagudo Romero, H.; García Cancela, X. (1992). Diccionario galego castelán. Vigo: Galaxia.
- (AO2) Otero Álvarez, Aníbal (1949-1976). "Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugués". Cuadernos de Estudios Gallegos. I-XXX.
- (VR) Risco, Vicente (1947). "Creencias gallegas: Tradiciones referentes a algunos animales". Revista de Dialectología y Tradiciones Populares III: 163–188, 371–400.
- (ERQ) Rivas Quintas, E. (1988). Frampas II. Contribución al Diccionario Gallego. Lugo: Alvarellos.
- (ERQ) Frampas III, en SANTAMARINA, A. (coord.): Diccionario de diccionarios, Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 2004.
- (ERG) Rodríguez González, Eladio (1958-1961). Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Vigo: Galaxia.
- (MVN) Valladares Núñez, Marcial (1885). Diccionario Gallego-Castellano. Santiago de Compostela: Imprenta del Seminario Conciliar Central.
- (TdM) VARIOS (1933). Terra de Melide. Santiago de Compostela: Seminario de Estudos Galegos.
- (XER) VARIOS (1986). Diccionario Xerais da lingua. Vigo: Xerais.
- (VCN) SANJUÁN LÓPEZ, A. e outros (1991). Vocabulario das Ciencias Naturais. Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.