Lapiás
Aparencia
Un lapiás[1] é unha superficie de rocha xeralmente calcaria chea de canles e buracos de dimensións pequenas ou medianas, separado por tabiques ou paredes de rocha nalgúns casos agudos. As súas dimensións son decimétricas, inda que en profundidade poden superar a decena de metros. En realidade o lapiás varía entre uns poucos milímetros, microlapiás, a varios metros. Os lapiás aparecen en afloramentos de calcarias e xesos afectados por procesos cársticos e son, polo tanto, formas cársticas elementais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de lapiás no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.