La aventura del tocador de señoras
La aventura del tocador de señoras | |
---|---|
Título orixinal | La aventura del tocador de señoras |
Autor/a | Eduardo Mendoza |
Cuberta | Isolde Ohlbaum |
Orixe | Cataluña |
Lingua | castelán |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Seix Barral |
Data de pub. | 2001 |
ISBN | 978-84-322-3155-X |
Precedido por | El laberinto de las aceitunas |
Seguido por | El enredo de la bolsa y la vida |
[ editar datos en Wikidata ] |
La aventura del tocador de señoras é unha novela de Eduardo Mendoza publicada en 2001. Continúa a trama iniciada en El misterio de la cripta embrujada e El laberinto de las aceitunas.
Trama
[editar | editar a fonte]Como nas novelas anteriores, a acción comeza cando o protagonista da trama, o nome do cal non se chega a coñecer, abandona a residencia para enfermos mentais na que estivo pechado varias décadas. Desta vez a saída é definitiva, pois o terreo en que está edificado o centro vaise vender para construír vivendas.
O protagonista pide axuda á súa irmá Cándida. O seu marido Viriato ofrécelle traballar nun salón de peiteado. Logo dun tempo en que a súa vida se estabiliza, unha muller obrígao a roubar uns documentos. Cando chega á empresa na que ten que roubar, descobre que o presidente da mesma foi asasinado, sendo el o sospeitoso. Intenta demostrar a súa inocencia e atopar a persoa culpable.
A acción está ambientada en Barcelona a finais da década de 1990.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Archivo de Nessus Arquivado 01 de novembro de 2009 en Wayback Machine.: recensión da novela por Xavier Riesco Riquelme.