Kypriian Zhokhovskyi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1635 Voivodato de Połock, Gran Ducado de Lituania |
Morte | 26 de outubro de 1693 (57/58 anos) Supraśl, Polonia (pt) |
Lugar de sepultura | Polatsk (pt) |
Arcebispo católico | |
21 de maio de 1674 – ← Gabriel Kolenda | |
Arcebispo católico | |
21 de maio de 1674 – ← Gabriel Kolenda – Lev Zalenskyi → | |
Metropolitano de Kíiv | |
Polish elector (en) | |
Arcebispo de Polotsk | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Metrópole de Kíiv, Galicia e toda Rusia |
Educación | Pontificio Colexio Grego de San Atanasio |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1671–), sacerdote católico (1663–) |
Consagración | Gabriel Kolenda |
Participou en | |
1674 | 1674 Polish–Lithuanian royal election (en) |
Familia | |
Familia | House of Żochowski (en) |
Descrito pola fonte | Russian Biographical Dictionary (en) |
Kypriian Zhokhovskyi (en ucraíno: Кипріян Жоховський; en polaco: Cyprian Żochowski; en belaruso: Кіпрыян Жахоўскі, Kipryjan Žachoŭski), nado en 1635 no voivodato de Połock (Gran Ducado de Lituania) e finado o 26 de outubro de 1693, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1674 até a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Kypriian Zhokhovskyi naceu en 1635 nunha familia nobre no voivodato de Połock. De mozo, entrou no mosteiro de Byceń (hoxe no distrito de Ivacevicki) da Orde de San Basilio Magno.[1] Aos 23 anos, marchou a estudar no Pontificio Colexio Grego de Roma, entre marzo de 1658 e agosto de 1664.[2] O 29 de abril de 1663 foi ordenado sacerdote na igrexa de Sant'Atanasio de Roma. Despois obter o doutoramento en Teoloxía e Metafísica, permaneceu en Roma exercendo o seu ministerio na igrexa dos Santi Sergio e Bacco, e como secretario do bispo de Chełm, Jakub Suša, quen viviu en Roma por algúns anos.[1]
O metropolita de Kíiv Havryil Kolenda escolleuno como bispo coadxutor con dereito de sucesión, e asignoulle a sé titular de Viciebsk e Mscislaŭ, e así foi confirmado polo rei Miguel I o 12 de novembro de 1670.[3] Recibiu a consagración episcopal de mans do mesmo Kolenda o 15 de marzo de 1671. Coa morte de Kolenda, o 11 de febreiro de 1674, Zhokhovskyi converteuse no novo metropolita de Kíiv.[1]
Metropolita de Kíiv
[editar | editar a fonte]Como metropolita, convocou un sínodo en Lublin en 1680 xunto ao bispo de Chełm, para tratar de conciliar a ortodoxos e greco-católicos. Porén, o sínodo non chegou a celebrarse por mor da oposición do rei e do nuncio.
Respecto da orde basiliana, Zhokhovskyi renunciou en 1675 ao seu dereito ao goberno da orde, deixando ao Capítulo Xeral da mesma a potestade de elixir o seu proto-arquimandrita. Porén, anos máis tarde, quiso recuperar o control total sobre a orde, e tentou ser elixido proto-arquimandrita en 1683 e en 1684. Nas dúas ocasións os monxes se opuxeron e apelaron a Roma, quen apoiou a postura dos monxes, limitando claramente en agosto de 1686 o poder do metropolita na vida da orde.
Zhokhovskyi opúxose a calquera cambio de rito particular dos seus fieis, así como á latinización do rito bizantino[1] exercidas coa polonización do seu país: logo dunha petición de Zhokhovskyi, o papa confirmou a prohibición de calquera cerimonia litúrxica latinizada. A comezos da década de 1690 fundou unha imprenta en Supraśl, coa que rematou co influxo de libros litúrxicos de Moscova e combateu o proceso de latinización.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Welyky, Athanasius (1958). "Cypriani Zochovskyj Biographia". Epistolae metropolitarum Kioviensium catholicorum Cypriani Zochovskyj, Leonis Slubicz Zalenskyj, Georgii Vynnyckyj. Analecta OSBM. Serie 2. Sectio 3. Roma. pp. 4–8.
- ↑ Blazejowsky, Dmytro (1979). Ukrainian and Bielorussian Students at the Pontifical Greek College of Rome (1576-1976). Analecta OSBM. Series 2. Sectio 2. Volume X. Roma. p. 157.
- ↑ Blazejowsky, Dmytro (1990). Hierarchy of the Kyivan Church (861-1990). Roma: Editiones Universitatis Catholicae Ucrainorum S. Clementi Papae. pp. 251, 282, 283.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kypriian Zhokhovskyi |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Żochowski, Stanisław (1988). Unia Brzeska w Polsce XVII wieku: Monografia ks. Cypriana Żochowskiego Metropolity całej Rusi i Arcybiskupa Połockiego, 1635-1693. Brisbane: Poets and Painters Press. ISBN 9780948668227.
- Назарко, Іриней-Іван Іванович (1962). Київські і Галицькі митрополити: біографічні нариси (1590-1960). Analecta OSBM. Serie 2. Sectio 1. Roma. OCLC 54007358.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Havryil Kolenda |
Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 1674 - 1693 |
Sucesor: Lev Zalenskyi |