Jude Milhon
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en-us) Judith Milhon 12 de marzo de 1939 Washington, D.C., Estados Unidos de América |
Morte | 19 de xullo de 2003 (64 anos) |
Causa da morte | cancro |
Residencia | Yellow Springs (pt) Anderson (pt) Área da baía de São Francisco (pt) |
Altura | 1.730 mm |
Peso | 125 lb |
Cor dos ollos | Castaño escuro |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Ocupación | informática teórica, escritora |
Empregador | Horn & Hardart (en) Mondo2000 (pt) , senior editor (en) Boing Boing (pt) , colaboradora |
Membro de | |
Movemento | Hacktivismo (pt) , cypherpunk (pt) e Movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos |
Pseudónimo literario | La Diosa de la tecnología |
Familia | |
Cónxuxe | Robert Behling |
Parella | Efrem Lipkin |
Cronoloxía | |
21 de abril de 1965 | Arresto (Montgomery) |
Jude Milhon, nada en Washington D. C. o 12 de marzo de 1939 e finada o 19 de xullo de 2003, máis coñecida polo pseudónimo St. Jude, foi unha hacker e autora residente na área de San Francisco.[1][2]
A pesar de nacer en Washington D. C., pasou a maioría da súa infancia e adolescencia en Anderson, Indiana, onde participou activamente en prol dos dereitos civís, até o punto de ser encarcerada en diversas ocasións por desobediencia civil.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a programar tras a lectura dun libro titulado "Teach Yourself Fortran", pasando máis tarde a traballar, como programadora, para unha empresa de máquinas expendedoras para os establecementos de autoservizos "Horn and Hadart" de Manhattan. Influída pola cultura hippy uniuse ao movemento que se estendía por California e estableceuse en Berkeley, onde se uniu e animou a unirse a outras mulleres á cultura cibernética que comezaba a expandirse, dando orixe por exemplo ao primeiro sistema público de Rede, o coñecido como proxecto da Comunidade de memoria 1973.[3][1][2]
Milhon acuñou o termo cypherpunk e foi membro fundadora dos cypherpunks, asociación que agrupaba aos defensores da privacidade dixital. Foi membro da asociación Computer Professionals for Social Responsibility, e autora de varios libros, entre eles The Cyberpunk Handbook (1995, O Manual do cyberpunk) e, xunto a R. U. Sirius, How to Mutate and Take Over the World (1996, Como mutar e dominar o mundo), con quen tamén fundou e editou a revista de cultura tecnolóxica Mondo 2000, na que Milhon traballou como redactora xefe até a súa morte.[1][2]
En 1994 publicou un libro dirixido a aquelas mulleres que querían iniciarse no hacking, tratando de desmitificar o funcionamento da Rede, titulado: "Hacking the Wetware: The Nerd Girls Pillow-book" (Hackeo á rede húmida: O libro de cabeceira da moza en rede).[3][2] Non pode esquecerse que, no seu inicio, a rede de computadores, que agora coñecemos como Internet, era propiedade de dous grupos de grandes dimensións, a saber, os militares de Estados Unidos, e un reducido número de universidades e institutos de investigación. Máis tarde a rede estendeuse a Europa para incluír o University College de Londres e estableceuse un radar real en Noruega.[4]
A finais da década dos 90 do século XX, traballou como deseñadora web e como consultora de Internet.[3][4]
Activismo e Visión
[editar | editar a fonte]St. Jude participou en moitas causas diferentes. Estivo activa no Movemento de Dereitos Civís dos anos sesenta axudando a organizar a marcha de Selma a Montgomery, Alabama.[5] Tamén foi encarcerada por desobediencia civil en Jackson, Mississippi.[5]
O activismo dentro da comunidade cibernética tamén foi importante para Milhon. Con frecuencia instou as mulleres a acceder a Internet e piratear mentres as alentaba a ser duras ante o hostigamento.[6] A creación de cypherpunks tamén foi parte da súa política: os obxectivos de privacidade a través do cifrado.[7]
Vida Familiar
[editar | editar a fonte]Judith Milhon naceu en Washington D.C., creceu en Indiana, nunha familia militar do Corpo de Marines.[6][5]Casou con Robert Behling e logo tivo unha parella de 40 anos, Efrem Lipkin, quen tamén traballou en Community Memory.[6] Tiña polo menos un fillo, Tresca Behling, e un neto, Emilio Zuniga.[6]
Morreu o 19 de xullo de 2003, vítima dun cancro de mama.
Obra
[editar | editar a fonte]- The Joy of Hacker Sex
- How to Mutate & Take Over the World: an Exploded Post-Novel. (1997)(con R. U. Sirius) Random House ISBN 0-517-19832-0
- Cyberpunk Handbook: The Real Cyberpunk Fakebook (1995) (con R. U. Sirius e Bart Nagel) Random House ISBN 0-679-76230-2
- Hacking the Wetware: The NerdGirl’s Pillow Book (1994) (formato libro electrónico en Internet)[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Milhon , Jude" (en español). Consultado o 6 de maio de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "St. Jude" (en español). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2015. Consultado o 6 de maio de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 María Torres. "Jude Milhon, hacker" (en español). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 6 de maio de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 "Judith Milhon: Making the internet a feminist issue" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2015.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Obituary: Judith Milhon: Making the internet a feminist issue". 8 de agosto de 2003.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 "Modem Grrrl". 1 de febreiro de 1995.
- ↑ "Judith Milhon computer writer and 'hacker'". California. 30 de xullo de 2003.
- ↑ "The Joy of HACKER SEX". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2005.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Irene Cívico e Sergio Parra (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo Penguim Random House. ISBN 978-84-9043-882-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The WELL's St. Jude Memorial and Virtual Wake
- Entrevista por Rossie Cros en Wired Magazine
- Jude Milhon y los placeres del hackeo en Mujeres con Ciencia