Saltar ao contido

Jonathan Barreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJonathan Barreiro
Biografía
Nacemento16 de xaneiro de 1997 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
As Encrobas, España Editar o valor en Wikidata
Peso90 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Real Madrid Baloncesto

Jonathan Barreiro Rodríguez, nado nas Encrobas o 16 de xaneiro de 1997, é un baloncestista galego, que xoga de ala para o Unicaja Málaga da Liga ACB. É internacional coa selección española e mide 2,04 metros de altura.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezos en Galicia (1997-2012)

[editar | editar a fonte]

Comezou practicando fútbol e natación ata que aos 11 anos se iniciou no baloncesto nas escolas infantís do Xiria de Carballo, onde tivo como primeiro adestrador a Miguel Ángel Ortega.[1] Cando foi convocado pola selección coruñesa infantil, o seleccionador Félix Bañobre quedou impresionado polas súas calidades e decidiu crear na Coruña o CB Sant-Yago, un club con equipo de infantís e cadetes, con Barreiro como principal figura. Bañobre viu nel un futuro profesional e traballou para mellorar os seus puntos máis frouxos como o tiro á canastra ou a defensa de exteriores, chegando a adestralo persoalmente fóra dos adestramentos do equipo.[1]

En 2010 xogou un torneo convidado polo Real Madrid e tamén a Copa Infantil co Joventut de Badalona.[2] En maio de 2011 fixo historia co Sant-Yago, proclamándose campión galego infantil, 15 anos despois do último triunfo dun equipo coruñés, e conseguindo unha praza para o Campionato de España en Lanzarote.[3] Neste fixo unha media de 18,1 puntos e 9,6 rebotes en 25,1 minutos, Posteriormente, o FC Barcelona invitouno a disputar a Minicopa ACB 2011​ e o Torneo Infantil UBSA.[4][5]

As súas actuacións atraeron a atención de varios clubs españois, que enviaban frecuentemente observadores a Galicia para velo xogar. Con todo, decidiu xogar un ano máis en Galicia. A pesar de que aínda estaba no primeiro ano de cadete quería xogar xa tamén cos júnior, categoría na que o Sant-Yago non tiña equipo, polo que entrou nun segundo equipo, o Club Baloncesto Artai de Carballo. Pasou a adestrar tres días á semana co Sant-Yago e un ou dous co Artai, e a competir con ámbolos dous equipos. Ao remate da tempada aceptou a oferta do Real Madrid, que levaba tempo detrás del.[1]

Real Madrid (2012-2015)

[editar | editar a fonte]

Categorías inferiores e filial

[editar | editar a fonte]

En setembro de 2012 entrou nas categorías inferiores do Real Madrid, en categoría cadete. A súa primeira campaña no equipo branco estivo marcada polas súas grandes actuacións co cadete pero tamén polos numerosos minutos co equipo júnior adestrado por Paco Redondo, chegando a disputar o Torneo Júnior Ciutat de L’Hospitalet NIJT. Neste prestixioso torneo os seus números, sendo un xogador de idade inferior, foron: 5.4 puntos, 3 rebotes e 1.2 asistencias por partido.[6] Pouco despois sufriu unha grave lesión no menisco do seu xeonllo dereito que lle fixo perder media tempada.[1]

Na campaña 2013/14 incorporouse ao equipo júnior do Real Madrid, onde combinou a súa participación cos partidos no Real Madrid B da Liga EBA. Comezou a temporada logrando a vitoria e o MVP no Torneo Júnior de Villaviciosa de Odón grazas, en gran medida, á súa actuación na final: 23 puntos, 8 rebotes e 28 de valoración en 24 minutos.[7]

En xaneiro de 2014 gañou co Real Madrid Júnior o Torneo Júnior Ciutat de L’Hospitalet NIJT,​ un campionato que o equipo branco non gañara dende 2006. O 13 de abril do mesmo ano conquistou o Campionato de Madrid Júnior ao derrotar na Fase Final ao Tuenti Móvil Estudiantes A e ao Espacio Torrelodones A. O 10 de maio de 2014 gañou co equipo júnior o Campionato de España Júnior, disputado en Marín,​ despois de 14 anos sen vencer nesta competición.[8] Pero catro días despois sufriu unha nova lesión de menisco, esta vez no xeonllo esquerdo, que o deixou fóra dos terreos de xogo durante outro medio ano.[9][10]

Co equipo filial na EBA disputou un total de 24 partidos, cunha media de 13,4 puntos por partido.

No seu último ano como júnior proclamouse campión da Euroliga júnior, nun equipo no que tiña como compañeiros entre outros a Luka Dončić, Santiago Yusta, Emanuel Cate ou Felipe Dos Anjos. Foi o mellor xogador da final, disputada fronte ao Estrela Vermella de Belgrado, onde acabou con 19 puntos e 21 de valoración.[11]

Debut co primeiro equipo

[editar | editar a fonte]

Debutou co primeiro equipo do Real Madrid tempada 2013/14, con 17 anos e un mes de idade. Foi o 28 de febreiro de 2014 nun partido da Euroliga contra o Partizan de Belgrado, onde anotou un punto.[12] O 9 de marzo debutou na Liga ACB, no partido fronte ao Obradoiro no Multiúsos Fontes do Sar de Santiago de Compostela.[13]

Club Ourense Baloncesto (2015-2016)

[editar | editar a fonte]

En setembro de 2015 volveu a Galicia cedido polo Real Madrid ao Club Ourense Baloncesto, da LEB Ouro.[14] A súa adaptación ao baloncesto profesional non foi fácil e acabou a tempada cunha media de 6,7 puntos e 3,2 rebotes por encontro.[15] Xogou tamén os play-offs de ascenso, onde o equipo de Gonzalo García de Vitoria caeu fronte ao San Pablo Inmobiliaria de Burgos.[16]

Basket Zaragoza (2016-2021)

[editar | editar a fonte]

En agosto de 2016 fichou polo CAI Zaragoza da ACB, asinando un contrato por catro anos.[1] Na súa primeira tempada no club aragonés apenas tivo participación no equipo, disputando só 57 minutos en toda a tempada. O seu papel tomou máis protagonismo na campaña 2017/18 coa chegada ao banco de Jota Cuspinera.[17][1] Rematou o ano cunha media de 4,7 puntos, 2,7 rebotes e 4,3 de valoración en 17 minutos, foi incluído no mellor quinteto mozo da tempada e debutou coa selección española absoluta. En ámbalas dúas campañas o equipo zaragozano acabou ao bordo do descenso e no verán de 2018 o cadro de xogadores foi renovado case ao completo, sendo Barreiro o único que permaneceu en Zaragoza.[17][18]

Na tempada 2018/19 estivo á sombra de Stan Okoye, un dos mellores xogadores do ano, e que foi elixido no quinteto ideal. O Zaragoza acabou sexto, xogando os play-offs polo título, onde quedou eliminado en semifinais contra o FC Barcelona. O seu rendemento aumentou notablemente nas dúas seguintes tempadas, e especialmente dende decembro de 2020, e en xaneiro fronte ao Bilbao Basket realizou o seu mellor partido na ACB, con 22 puntos, 8 rebotes e 26 de valoración.[19][20][21]

Selección española

[editar | editar a fonte]

Xogou nas seleccións españolas sub-18 e sub-20, proclamándose con esta última campión de Europa no Europeo disputado en 2016 en Finlandia, no que derrotaron na final a Lituania.[22]

Debutou coa selección española absoluta en febreiro de 2018 no Pavillón Príncipe Felipe de Zaragoza fronte á selección de Montenegro, nas ventás FIBA, onde España selou o seu pase á segunda fase de clasificación para o Mundial de 2019.[23]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Puertas, José Manuel (18 de setembro de 2018). "Jonathan Barreiro: la eclosión del mirlo blanco que venció a las lesiones". Libertad Digital (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  2. "Jonathan Barreiro triunfa na Minicopa co Joventut", artigo de José M. Fernández en La Voz de Galicia, 22 de febreiro de 2010.
  3. Gómez, Pablo (12 de maio de 2011). "El Sant Yago hace historia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  4. "Un 'Magic' gallego de 14 años roba protagonismo a las estrellas ACB en Copa". Marca (en castelán). 9 de febreiro de 2011. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  5. "Jonathan Barreiro, el 'Magic Gallego' de 14 años, volará de nuevo con el Barça". Marca (en castelán). 14 de abril de 2011. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  6. "Jonathan Barreiro, el 'Magic' gallego cuaja en el Real Madrid". Marca (en castelán). 4 de novembro de 2013. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  7. "La esperanza del basket español resurge: Jonathan Barreiro ante su gran oportunidad" (en castelán). 17 de setembro de 2013. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  8. "Palmarés Campionato España Júnior" (PDF). feb.es (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  9. Fernández, José M. (15 de maio de 2014). "Jonathan Barreiro dice adiós a la temporada por una lesión". La Voz de Galicia. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  10. "Vuelve Jonathan Barreiro: la perla madridista explota con la Sub-18 tras su lesión" (en castelán). 30 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  11. "73-70: El Real Madrid, campeón de la Euroliga júnior" (en castelán). 17 de maio de 2015. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  12. Jonathan Barreiro vístese de longo, La Voz de Galicia, 1 de marzo de 2014
  13. "El 'Magic Gallego' del Real Madrid ya es ACB". Marca (en castelán). 10 de marzo de 2014. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  14. "El 'Magic gallego' del Madrid, dos años al Ourense". Marca (en castelán). 18 de setembro de 2015. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  15. "Jonathan Barreiro, tercer fichaje para el CAI Zaragoza". Marca (en castelán). 11 de agosto de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  16. "Un campeón de Europa Sub-20 para el CAI: Jonathan Barreiro firma por cuatro años" (en castelán). 11 de agosto de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  17. 17,0 17,1 "La metamorfosis de Jonathan Barreiro" (en castelán). 5 de novembro de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  18. "Tecnyconta Zaragoza 18/19: Vuelta a la ilusión" (en castelán). 11 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  19. "Casademont Zaragoza: Barreiro pega el estirón". Heraldo de Aragón (en castelán). 29 de xaneiro de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  20. "Barreiro y el Zaragoza no tienen piedad del Bilbao Basket". Marca (en castelán). 23 de xaneiro de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  21. "El factor Barreiro: su racha anotadora y en valoración que marca la mejora del Casademont Zaragoza" (en castelán). 24 de xaneiro de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  22. "España conquista el oro europeo sub-20 al imponerse a Lituania" (en castelán). 25 de xullo de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  23. "Jonathan Barreiro debuta con la selección española" (en castelán). 27 de febreiro de 2018. Consultado o 26 de marzo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]