Johann Cristoph Adelung
Aparencia
Nome orixinal | (de) Johann Christoph Adelung |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de agosto de 1732 Spantekow |
Morte | 10 de setembro de 1806 (74 anos) Dresden |
Lugar de sepultura | Dresden |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Prusia |
Educación | Universidade de Halle-Wittenberg (pt) Kloster Berge school (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingüística |
Lugar de traballo | Leipzig |
Ocupación | lexicógrafo , lingüista , tradutor , bibliotecario , filólogo , escritor |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Pai | Johann Paul Adelung |
Johann Cristoph Adelung, nado en Spantekow bei Anklam o 8 de agosto de 1732 e finado en Dresden o 10 de setembro de 1806, foi un filólogo alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo estudos de Teoloxía, e en 1759 comeza a dar clases de teoloxía en Erfurt, pero os seus traballos centráronse no estudo da lingua alemá. As súas obras gozaron de gran difusión e foron declaradas obrigatorias nas escolas de case todos os estados alemáns. Autor do primeiro dicionario exhaustivo e académico do alemán (Grammatisch-kritischen Wörterbuch der hochdeutschen Mundart), empregado como obra de referencia por grandes autores como Goethe e Schiller, contribuíndo considerablemente á estandarización do alemán.
Obras
[editar | editar a fonte]- Grammatisch-kritischen Wörterbuch der hochdeutschen Mundart (1774-86, dicionario etimolóxico)
- Kleines Wörterbuch für die Aussprache, Orthographie, Biegung und Ableitung (1788)
- Directorium diplomaticum (1802)
- Glossarium manuale ad scriptores mediae et infimae latinitatis (1772)
- Deutsche Sprachlehre für Schulen (1781)
- Umständliches Lehrgebäude der deutschen Sprache (1782)
- Über den deutschen Stil (1785-86)
- Anweisung zur Orthographie (1788, obra que ditou as directrices ortográficas da lingua literaria do século XIX)
- Magazin für die deutsche Sprache (1782-84)
- Mithridates, oder allgemeine Sprachenkunde (1806)