Janez Boljka
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xuño de 1931 Subotica, Serbia |
Morte | 20 de agosto de 2013 (82 anos) Liubliana, Eslovenia |
Educación | Universidade de Liubliana |
Actividade | |
Ocupación | escultor, gravador, pintor, artista gráfico |
Premios | |
|
Janez Boljka, nado en Subotica o 21 de xuño de 1931 e finado en Liubliana o 20 de agosto de 2013, foi un pintor, escultor, medallista e deseñador gráfico esloveno, responsable do gravado da primeira serie de euros circulantes no seu país.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Janez Boljka trasladouse coa súa familia desde Subotica a Liubliana ao finalizar a segunda guerra mundial. Alí cursou estudos superiores artísticos e de deseño, na Academia de Belas Artes da Universidade de Liubliana, dos que se graduou en 1956.[1][2]
Despois realizou estudos de posgrao co escultor Karl Putrih e en 1961 co artista gráfico Riku Debenjak. Logo de numerosas viaxes por Europa, Boljka estableceuse novamente en Liubliana e desenvolveu alí o seu traballo. De feito, a maioría das súas obras en espazos públicos está nesta cidade.[1][2]
Escultura, pintura e obra gráfica
[editar | editar a fonte]Como escultor, Boljka fíxose especialmente coñecido polas súas obras realizadas con chatarra de aceiro e armas antigas. Tamén acadaron sona as súas esculturas de animais, como a do búfalo da entrada do zoo de Liubliana. As súas obras posteriores serán en bronce.[1]
Entre as esculturas que se poden atopar en espazos públicos de Liubliana cabe destacar o monumento ás vítimas da Fronte de Liberación Nacional no cemiterio de Žale (1965), o monumento aos voluntarios da primeira guerra mundial na praza Dvorné, o busto de Richard Jakopič fronte á Galería Jakopič e os relevos de Alojz Gradnik, Jožef Petkovšek, Boris Kraigher e Ivan Cankar. Tamén hai varias estatuas decorativas, como o dragón da fonte da rúa Trubarjevu ou o peixe da fonte da rúa Nazorjeva. A súa Piedade de bronce foi presentada pola Arquidiocese de Liubliana ao Papa Xoán Paulo II.[1]
Na súa vellez dedicouse máis á pintura. Unha parte importante da súa obra pictórica exponse na galería do mosteiro de Kostanjevica na Kiri e algunhas pinturas están tamén no castelo Volčji Potok, preto de Kamnik.[1]
Boljka realizou varias exposicións individuais en Eslovenia, Iugoslavia, toda Europa e os Estados Unidos. A súa derradeira exposición en vida tivo lugar en maio e xuño de 2012 na Galería Prešeren de Kranj. A súa obra gráfica expúxose xunto a outros gravados da "Escola de Liubliana" por todo o mundo.[1]
Deseño de moedas
[editar | editar a fonte]Janez Boljka ocupouse do gravado das moedas do sistema do tólar esloveno —a partir dos deseños de Miljenko Licul e Zvone Kosovelj—, cuñadas entre 1992 e 2006, logo da independencia de Eslovenia en 1991. Coa entrada do país na Eurozona e a asunción do euro como moeda de curso legal, Boljka foi tamén o encargado do gravado dos anversos nacionais da primeira serie de moedas do euro de Eslovena, a partir dos deseños de Miljenko Licul e Maja Licul.[3][4][5]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1966: Premio da Fundación Prešeren, polos seus logros no deseño gráfico.[1]
- 1988: Premio Prešeren á traxectoria artística.[1][11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Janez Boljka". Museums.si
- ↑ 2,0 2,1 "Poslovil se je kipar in slikar Janez Boljka". En Rtvslo.si. 21 nde agosto de
- ↑ Moedas do euro gravadas por Janez Boljka. Colnect.com
- ↑ "Eurocoins". Banka Slovenije.
- ↑ "Twenty Years of National Currency". Republic of Slovenia (http://www.twenty.si).
- ↑ "1 Tolar". Numista.com
- ↑ "2 Tolarja". Numista.com
- ↑ "5 Tolarjev". Numista.com
- ↑ 10 Tolarjev". Numista.com
- ↑ "20 Tolarjev". Numista.com
- ↑ "Prešernove nagrade". Mk.gov.si