Jacques Feyder
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xullo de 1885 Ixelles, Bélxica |
Morte | 24 de maio de 1948 (62 anos) Prangins, Suíza (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Francia |
Ocupación | director de cinema, actor de cinema, produtor de cinema, actor, guionista, montador, realizador |
Período de actividade | 1914 - 1942 |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Françoise Rosay (1917–1948) |
Fillos | Paul Feyder, Bernard Farrel |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia |
|
Jacques Léon Louis Frédérix, nado en Ixelles (Bélxica) o 21 de xullo de 1885 e finado en Prangins (Suíza) o 24 de maio de 1948 foi un actor, guionista e director belga coñecido como Jacques Feyder, que traballou especialmente no cinema francés. Nacionalizouse francés en 1928.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Feyder estudou na École régimentaire de Nivelles e estaba destinado a unha carreira militar. Porén, aos vinte e cinco anos marchou a París, onde comezou a interesarse na interpretación, primeiro no teatro e logo no cinema, adoptando o nome artístico de Jacques Feyder.
Uniuse á Gaumont Film Company e en 1914 converteuse en axudante de director de Gaston Ravel, comezando a dirixir filmes en 1916. Non obstante, a súa carreira foi interrompida por ter que servir o exército belga entre 1917 e 1919. Trala guerra volveu a dirixir e construíuse unha reputación como un dos directores máis innovadores do cinema francés.
L'Atlantide (1921) e Crainquebille (1922) foron os primeiros dos seus filmes en conseguir o interese do público e da crítica. Pronto recibiu unha oferta como director artístico nunha nova compañía, Vita Films, en Viena, xunto cun contrato para tres filmes. Realizou L'Image (Das Bildnis) (1923), mais a compañía fracasou e volveu a París.[1] Ademais de dirixir escribiu guións para autores coma Julien Duvivier e Jean Grémillon. O seu último filme mudo en Francia, Les Nouveaux Messieurs, foi prohibido nese país por "insultar a dignidade do parlamento e os seus ministros."[2]
Nese momento Feyder aceptara unha oferta da MGM para traballar en Hollywood, onde o seu primeiro proxecto foi dirixir a Greta Garbo en The Kiss, que supuxo o seu último filme mudo. Algúns dos seus filmes en Hollywood foron versións noutras linguas de filmes estadounidenses, como Anna Christie, de novo con Garbo.
Desilusionado co sistema de Hollywood volveu a Francia en 1933. Nos seguintes anos dirixiu algúns dos seus filmes de máis éxito, todos co guionista Charles Spaak e protagonizados por Françoise Rosay: Le Grand Jeu (1934) e Pension Mimosas (1935) dentro do realismo poético e La Kermesse héroïque (1935), filme de época con resonancias políticas contemporáneas co que gañou varios premios internacionais.
Feyder dirixiu filmes en Inglaterra e Alemaña antes do inicio da segunda guerra mundial, mais con pouco éxito. Trala ocupación nazi de 1940, que levou a prohibir La Kermesse héroïque, abandonou Francia pola seguridade de Suíza, onde dirixiu o seu último filme, Une femme disparaît (1942).[3]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- 1915 - Des pieds et des mains (axudante de director)
- 1916 - Monsieur Pinson policier
- 1916 - Le Bluff
- 1916 - Le Pied qui étreint
- 1916 - Biscot se trompe d'étage
- 1916 - Têtes de femmes, femmes de tête
- 1916 - Un conseil d'ami
- 1916 - L'Homme de compagnie
- 1916 - Tiens, vous êtes à Poitiers?
- 1916 - Le Frère de lait
- 1916 - La Pièce de dix sous
- 1917 - L'Instinct est maître
- 1917 - Le Billard cassé
- 1917 - Le Pardessus de demi-saison
- 1917 - Abrégeons les formalités
- 1917 - La Trouvaille de Buchu
- 1917 - Les Vieilles Femmes de l'hospice
- 1917 - Le Ravin sans fond (co-director)
- 1919 - La Faute d'orthographe
- 1921 - L'Atlantide
- 1922 - Crainquebille
- 1925 - Visages d'enfants
- 1926 - L'Image (Das Bildnis)
- 1926 - Gribiche
- 1926 - Carmen
- 1926 - Au pays du roi lépreux (incompleto)
- 1928 - Thérèse Raquin
- 1929 - Les Nouveaux Messieurs
- 1929 - The Kiss
- 1930 - Le Spectre vert
- 1930 - Si l'empereur savait ça
- 1930 - Olympia (Versión alemá de Si l'empereur savait ça)
- 1931 - Anna Christie (Versión alemá)
- 1931 - Daybreak
- 1931 - Son of India
- 1934 - Le Grand Jeu
- 1935 - Pension Mimosas
- 1935 - La Kermesse héroïque
- 1936 - Die Klugen Frauen (Versión alemá de La Kermesse héroïque)
- 1937 - Knight Without Armour
- 1938 - Les Gens du voyage
- 1938 - Fahrendes Volk (Versión alemá de Les Gens du voyage)
- 1939 - La Loi du nord
- 1942 - Une femme disparaît
- 1946 - Macadam (supervisor)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Oxford Companion to Film, ed. por Liz-Anne Bawden (Oxford: Oxford University Press, 1976) p.247.
- ↑ International Dictionary of Film and Filmmakers: vol.2: Directors, ed. por Tom Prendergast and Sarah Prendergast; 4th ed. (Chicago, Londres: St James Press, 2000) pp.325-328.
- ↑ Ephraim Katz, The International Film Encyclopedia, (Londres: Macmillan, 1980) p.414.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bachy, Victor (1968). Jacques Feyder: artisan du cinéma, 1885-1948 (en francés). Louvain: Librairie universitaire.
- Feyder, Jacques e Rosay, Françoise, Le cinéma, notre métier, (Xenebra: A. Skira, 1944). (en francés)
- Ford, Charles, Jacques Feyder, (París: Seghers, 1973). (en francés)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jacques Feyder. 1895 (en francés). 2001. Consultado o 12 de maio de 2009.
- Jacques Feyder na IMDb (en inglés).
- Jacques Feyder en Allocine (en francés)