Saltar ao contido

Isidor Isaac Rabi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsidor Isaac Rabi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xullo de 1898 Editar o valor en Wikidata
Rymanów (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xaneiro de 1988 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Manhattan (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRiverside Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Columbia
Universidade Cornell
John Jay Educational Campus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseAlbert Potter Wills (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica atómica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, profesor universitario, científico nuclear, físico teórico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Columbia
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
1939Proxecto Manhattan Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoNorman Foster Ramsey, Julian Schwinger, Martin Lewis Perl, Harold Brown, Gabriel Weinreich (en) Traducir, Donald Ross Hamilton (en) Traducir, Lloyd Motz (pt) Traducir, Ze’ev Lev (en) Traducir, William Nierenberg (pt) Traducir e Peter Buck Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHelen Newmark Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Obálky knih,
Physicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.226) Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: b66b8b28-b7a8-4722-b819-05706df47275 WikiTree: Rabi-3 Find a Grave: 88152299 Editar o valor en Wikidata

Isidor Isaac Rabi, nado en Rymanów en 1898 e finado en Nova York en 1988, foi un físico estadounidense de orixe austríaca. Recibiu o Premio Nobel de Física en 1944.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 29 de xullo de 1898 en Rymanów (Polonia), daquela parte do Imperio Austrohúngaro, no seo dunha familia xudía, ao ano seguinte do seu nacemento, os seus pais instaláronse en Nova York.

En 1927 doutorouse na Universidade de Columbia cun traballo sobre as propiedades magnéticas dos cristais. En 1929 comeza a traballar nesta Universidade, na que empeza a exercer como profesor de Física en 1937.

A comezos da década dos 30, comeza a traballar no campo da Física nuclear nun proxecto de investigación dos efectos dos campos magnéticos externos sobre o núcleo das partículas, desenvolvendo o método de resonancia magnética que permite o estudo das propiedades magnéticas e a estrutura interna das moléculas, os átomos e os núcleos. A partir destes estudos desenvolvéronse aplicacións como o láser, o máser, o reloxo nuclear ou a resonancia magnética utilizada nos diagnósticos médicos.

Desde 1940 a 1945 traballou como Director Asociado do Laboratorio de Radiación no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) no desenvolvemento de radar. Finalizado este período regresou o departamento de física da Universidade de Columbia.

En 1944 recibiu o Premio Nobel de Física polo descubrimento do método de resonancia grazas ao que é posible verificar o rexistro das propiedades magnéticas dos átomos.

Foi membro da Comisión da Enerxía Atómica dos Estados Unidos desde 1946 ata 1956. Tamén foi un dos fundadores do Laboratorio Brookhaven e da organización coñecida como CERN.

Escribiu o libro O meu tempo e a miña vida como físico 1960.

Morreu o 11 de xaneiro de 1988 en Nova York.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]